DÍA DA PAZ 2019
O día 30 de xaneiro o CEIP Ponte de Xuvia conmemora o Día da Paz e, este ano, fixemos dúas actividades. Na hora de lectura os nenos/as maiores foron contar contos para invitar aos máis pequenos a reflexionar, pois tratan de valores que queremos fomentar en todo o alumnado do centro.
O alumnado de 6ºEP foron ler á clase de 2º EP un libro titulado “NIN UN BICO A FORZA”, os de 5º EP leron aos de 1º EP dous libros: “GATO VERMELLO GATO AZUL” e “O CAZO DE LORENZO”. A rapazada de 4º EP achegouse á aula de 5 anos para ler o libro “SEN AUGA E SEN PAN” e os de 3ºEP dividíronse en dous grupos, pois foron os encargados de ler na aula de 4 anos “ORELLAS DE BOLBORETA” e na de 3 anos “NEGROS E BRANCOS”.
Despois saímos a bailar todos xuntos a canción tradicional galega “DON MELITÓN”. Formamos 4 rodas e fixemos un baile ben orixinal coa axuda de Ángel, o mestre de educación musical. Pasámolo bomba todos xuntos. Gustounos moito!!!!