Carteámonos co colexio de Piñeiros
Este ano, case chegando ao Nadal, chegounos unha sorpresa á clase da man de Silvia, a mestra de Audición e linguaxe do cole que tamén traballa no cole de Piñeiros. Traíanos unha carta dos nenos e nenas de 3º de Piñeiros na que nos contaban quenes eran, o que lles gustaba facer e invitándonos a coñecernos máis e, incluso a facer algunha actividade conxunta.
Como non podía ser doutro xeito, puxémonos mans á obra e lles escribimos dúas cartas (alí hai dúas clases de 3º) na que lles contamos nós tamén quen somos, quen son os nosos mestres, o que nos gusta facer e moitas outras cousas para coñecermos un pouco máis. Ademais lles enviamos un exemplar dun dos nosos contos favoritos: "Ai, Filomena Filomena!". pensamos que lles pode gustar moito.
Agardamos que algún poidamos facer unha xuntanza para coñecernos en persoa. Premendo na imaxe podedes ver un vídeo da actividade.