Saída á Casa do Mel de Goente

E voltamos de excursión!! Como parte do noso proxecto de alimentación, esta vez decidimos ir ata a Casa do mel de Goente xa que este produto é importantísimo para a nosa saúde e queriamos coñecer de primeira man a importancia tan grande que estes animais supoñen para a nosa contorna.

Fixemos unha morea de actividades como facer candeas coa cera das abellas, facer fotos nun photocall moi divertido, probar o traxe do apicultor, ver unha colmea por dentro, ver vídeos da vida das abellas e probar o mel. Que rico estaba!!

O pasamos xenial e cumprimos o obxectivo de aprender moito das abellas. Premendo na imaxe da esquerda veredes un vídeo da actividade e, na dereita, as fotos da saída.