FESTIVAL NADAL 2018
Este ano celebrouse o día 21 de decembro o Festival de Nadal 2018. Tódalas clases participaron e fixérono moi ben. Presentaron o Festival Noa e Miguel de 6ºEP, grazas compañeiros.
Abriron o evento os nenos e nenas de 3 e 4 anos coa canción XA ME TARDAN ESTES MAGOS.
Despois todo o ciclo de infantil cantou a canción SNOWFLAKE. A continuación o curso de 5 anos cantou tamén a canción do grupo Mamá Cabra A LUZ DO NADAL. Seguidamente o equipo de Dinamización da Lingua Galega entregou os agasallos en galego polas postais elaboradas este ano polo alumnado do CEIP Ponte de Xubia.
Este ano o equipo de Educación Vial do Concello propuxo vir a última semana antes das vacacións cos patinetes e bicicletas tuneados de Nadal. O inxenio das familias sorprendeunos moitos e todos os participantes recibiron un premio polo súa imaxinación.
A continuación actuaron nenos e nenas de 1º EP coa canción XA CHEGOU O NADAL, o alumnado de 2º EP fixo un flashmovie con dúas cancións: ALL I WANT FOR CHRISTMAS IS YOU e DON´T STOP ME NOW. Éxito rotundo. Seguiron os nenos e nenas de 3ºEP coa canción de Mamá Cabra TRES REIS EN BICICLETA. Moi orixinal a súa posta en escea. Despois o alumnado de 4ºEP fixo un remix de cancións supercoñecidas que fixeron cantar e reir a todo o público asistente. Pola súa banda os compañeiros e compañeiras de 5º presentaron un conto de Nadal. Finalmente pecharon o festival os maiores do cole cantando e tocando a panxoliña JINGLE BELLS.
BO NADAL A TODOS !!!! VÉMONOS NO 2019!!!!