CONCURSO DE POSTAIS 2018
Como xa é tradición no noso colexio ao chegar o Nadal, os nenos e nenas preparan postais para participar no concurso proposto desde Dinamización Linguística. O alumnado de Infantil elabora unha postal conxunta en 3 e 4 anos, en 5 anos debuxaron a postal individualmente mentras que o alumnado de Primaria saca o artista que ten dentro e poñen moi difícil ao xurado elexir a mellor postal de cada curso. O día do festival os nenos e nenas de Infantil reciben un agasallo por clase. Este ano as titoras de Infantil elexiron os seguintes libros en galego:
- Para 3 anos "Os wombis e os cueiros".
- Para 4 anos "As tres curuxiñas".
- Para 5 anos "As princesas tamén botan peidos".
En Primaria os nenos e nenas premiados foron:
En 1º EP: Aldara Pérez Serantes que recibiu o conto "Corre, corre cabaciña".
En 2º EP: Emma Fernández Piñón que recibiu o conto "Chocolata".
En 3º EP: Naomi Díaz Seoane que recibiu o libro "Pioneiras, galegas que abriron camiño".
En 4º EP: Sofía Dobarro Méndez que recibiu o libro "Pioneiras, galegas que abriron camiño".
En 5ºEP: Antón Corujo Bouza que recibiu o comic "Astérix e Cleopatra".
En 6ºEP: Eric Figueroa Campos que recibiu o cómic "Astérix O Combate Dos Xefes".
Aquí deixámosvos mostra das postais conxuntas de Infantil e das premiadas en Educación Primaria. Esperamos que disfrutedes cos agasallos en galego. Noraboa.