Intercambio de cartas co alumnado do CEIP Piñeiros
Este mes de decembro comezamos, desde o Equipo de Dinamización da Lingua Galega, unha proposta que esperamos desenvolver durante todo o ano académico.
Cada clase está a intercambiar unha carta cos nenos e nenas do seu mesmo curso do CEIP Piñeiros. A primeiros de mes recibimos unha carta deles en cada clase, dita carta adxuntaba unha foto dos nenos e nenas e información sobre os seus libros favoritos en galego.
Algún deles ata nos mandaron un libro da súa biblioteca. Despois, con moita ilusión cada clase contestoulles dando a mesma información e agradecéndolles o poder manter o contacto.
Temos dúas mestras que traballan nos dous centros e son as nosas carteiras, ainda que algúns cursos optaron por o método tradicional e outros como os nenos de 5º de EP preferiron o correo electrónico neste primeiro contacto.
Esperamos poder coñecernos mellor con cada carta e facer algo máis en conxunto. Aquí podedes ver algún dos cursos coas cartas recibidas do CEIP Piñeiros.