LETRAS GALEGAS 2017

ESTE ANO O DÍA DAS LETRAS ESTÁ DEDICADO AO ESCRITOR E XORNALISTA CARLOS CASARES. AUTOR DE NUMEROSOS CONTOS E LIBROS TANTO PARA NENOS E NENAS COMO PARA ADULTOS, REPRESENTA UNHA FIGURA MOI IMPORTANTE NO HISTORIA RECENTE DAS NOSAS LETRAS.

NA WEB DA SÚA FUNDACIÓN TEDES MOITA INFORMACIÓN SOBRE A SÚA VIDA E OBRA:

SEGURO QUE MOITOS DE VÓS RECORDADES A SÚA FACETA DE XORNALISTA COLABORANDO CUN COÑECIDO XORNAL. CONTABA ANÉCDOTAS E HISTORIAS DO DÍA A DÍA QUE SE CONSERVAN NUN BLOGUE, MOI INTERESANTE BOTARLLE UNHA OLLADA.

 

COMO TODOS OS ANOS O SEMINARIO GALÁN ELABOROU VARIOS RECURSOS PARA APRENDERMOS COUSAS SOBRE ESTE AUTOR. NÓS NAS ESCOLA ESTIVEMOS A LER ALGÚN DOS SEUS LIBROS E CONTOS MÁIS COÑECIDOS, COMO " A GALIÑA AZUL", "LOLO ANDA EN BICICLETA", "A LARANXA MÁIS LARANXA DE TÓDALAS LARANXAS"... TAMÉN "O PRINCIPIÑO" OBRA QUE CARLOS TRADUCÍU NOS ANOS SETENTA AO GALEGO.