LETRAS GALEGAS 2016

XA ESTAMOS EN MAIO, E XA PRONTIÑO CHEGARÁ O DÍA 17, FESTA DAS LETRAS DEDICADA ESTE ANO AO POETA CHAIREGO MANUEL MARÍA. NA ESCOLA XA ESTAMOS APRENDENDO UN MONTÓN DE COUSAS SOBRE ÉL. NA BIBLIOTECA TEMOS EXEMPLARES DE:

  • "OS BIGOTES DE MIMÍ"
  • "OS SOÑOS NA GAIOLA"
  • "CANTA O CUCO"

PERO TAMÉN NA REDE HAI RECURSOS, ELABORADOS POLO C.E.I.P GALÁN, PARA COÑECER UN POUCO MÁIS A MANUEL MARÍA. PREMEDE NA IMAXE PARA PODER EMPREGALOS.

 

E PARA REMATAR DEIXÁMOSVOS CUNS VIDEO, COAS CANCIÓNS "A CIDADE" E "A VACA", POEMAS DE MANUEL MARÍA, NA VOZ DE UXÍA E MAGÍN BLANCO INCLUÍDOS NO LIBRO "CANTA O CUCO". AS ILUSTRACIÓNS DO VÍDEO FORON REALIZADAS POLO ALUMNADO DO I.E.S. AS BARXAS DE MOAÑA, EN CONCRETO POR 1º E 3º DA E.S.O. ESTES TRABALLOS PERTENCE AO OBRADOIRO DE PLÁSTICA DA PROFESORA LUZ BELOSO. FERMOSO TRABALLO E FERMOSAS CANCIÓNS. ESPERAMOS QUE VOS GUSTEN.