CONCURSO DE POSTAIS 2015
O 18 DE DECEMBRO NO FESTIVAL DE NADAL COÑECEMOS OS PREMIADOS E PREMIADAS DO CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL. O XURADO QUE ESCOLLE AS POSTAIS SON AS MESTRAS ESPECIALISTAS DA ESCOLA E AQUELAS QUE NON TEÑEN TITORÍA, É DICIR, RAQUEL (EDUCACIÓN FÍSICA), CRIS (MÚSICA), ZAIDA (AUDICIÓN E LINGUAXE), LOLI (RELIXIÓN CATÓLICA), PURI (LINGUA INGLESA) E MARÍA ( APOIO A INFANTIL).
PARA O XURADO NON É DOADO TOMAR ESA DECISIÓN, ASÍ QUE DESDE O CURSO PASADO EXISTEN UNS CRITERIOS ELABORADOS POLO EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DE LINGUA GALEGA PARA ESCOLLER AS POSTAIS PREMIADAS. ENTRE ELES ESTÁN:
- SER CREATIVOS/AS E NON COPIAR.
- PRESENTAR TRABALLOS REMATADOS.
- OS ADULTOS NON PODEN INTERVIR NA REALIZACIÓN DA POSTAL.
- VALORARASE QUE NO CASO DE TER TEXTO, ESTEA EN GALEGO.
AGRADECEMOS A TODOS OS MESTRES E MESTRAS A SÚA COLABORACIÓN, AO ALUMNADO POR PARTICIPAR TODOS OS ANOS COA MESMA ILUSIÓN E AO XURADO POLO TEMPO DEDICADO A VALORAR E DECIDIR A QUEN SE ENTREGARÍA OS AGASALLOS.
COMO REGALO ENTREGAMOS EN TODOS OS CASOS UN ALBUM ILUSTRADO OU LIBRO DE BANDA DESEÑADA EN LINGUA GALEGA. UN ANO MÁIS APOSTAMOS POLA LECTURA E DESTE XEITO NA PRESENTACIÓN VEREDES TAMÉN UNHA PEQUENA MOSTRA DE PUBLICACIÓNS INTERESANTES PARA ESTAS DATAS NAS QUE SEMPRE CAE ALGÚN QUE OUTRO REGALIÑO NAS CASAS ;-)