GRANXA ESCOLA BELELLE

A SEMANA PASADA FOMOS DE EXCURSIÓN Á GRANXA ESCOLA BELELLE EN NEDA. NESTA SAÍDA ADEMAIS DE TODOS OS COMPIS DE INFANTIL ACOMPAÑÁRONNOS OS AMIGOS E AMIGAS DE 1º DE PRIMARIA, CANTOS MAIS MELLOR NON SI? NA GRAXA DIVIDÍRONNOS POR GRUPOS DE ANIMALIÑOS SEGUNDO O MAQUILLAXE QUE NOS PUXERON: GATOS DE BIGOTE VERDE, PARRULOS, COELLOS, CABALOS... DESTE XEITO CADA GRUPO FOI A UN DOS TALLERES OU ACTIVIDADES QUE TIÑAN PREPARADO PARA NOS. AS ACTIVIDADES FORON:

  • FACER PAN
  • MONTAR EN PONI
  • VISITAR E DAR DE COMER AOS ANIMAIS

A MEDIA MAÑÁ HOUBO UNHA PEQUEÑA PAUSA PARA MERENDAR E DESPOIS RETOMAMOS AS ACTIVIDADES. NA PRESENTACIÓN VEREDES TODAS AS COUSAS QUE FIXEMOS... AS MONITORAS FORON MOI AMABLES E PACIENTES, ASÍ QUE MOITAS GRAZAS A TODAS POLO SEU TRABALLO E POR AMOSARNOS COUSAS TAN DIVERTIDAS E INTERESANTES. ATA A PRÓXIMA!

 

 
SE QUEREDES SABER ALGO MAIS SOBRE A GRANXA ESCOLA PREMEDE NA IMAXE :-)
 
 
NOTA: NA AULA VIRTUAL ATOPAREDES UN VIDEO SOBRE A SAÍDA Á GRANXA NO APARTADO CHAMADO INTERDISCIPLINAR, EN VIDEOS (DENTROS DOS VIDEOS DE 1º DE PRIMARIA); OU MAIS DIRECTAMENTE PREMENDO NO ENLACE QUE APARECE NOUTRA COR E INSERINDO A CONTRASINAL DA AULA VIRTUAL.