Eventos
O alumnado de Educación Primaria nas clases de educación física desfrutaremos dunhas clases teórico- prácticas de judo. Que ben!!!
O alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria teremos un obradoiro de decoración de cabazas organizado polo Concello, mentras tanto o resto dos nosos compañeiros e compañeiras decorarán as cabazas xunto as súas familias.
Este dia, ben merecemos unhas parvas terroríficas!!! ñam, ñam!!
Hoxe imos vir o máis arrepiantes que poidamos!! Pasarémolo de medo!!!
O alumnado de Educación infantil imos ao teatro! Que marabilla!!
O alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria teremos un obradoiro de esfolla. Temos moita curiosidade!
O alumnado de Educación Primaria nas clases de educación física desfrutaremos dunhas clases teórico- prácticas de judo. Que ben!!!
O alumnado de 2º de Educación Primaria imos de visita ao centro de maiores Manuela Pérez Sequeiro. Estamos ben ilusionados e ilusionadas!
O alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria imos ao Pazo da Cultura, a ver unha obra de teatro dentro da mostra de Teatro de Narón.
Agora tócanos a nós!! O alumnado de 1º ata 4º de Educación Primaria imos ao Pazo da Cultura, a ver unha obra de teatro dentro da mostra de Teatro de Narón.
O alumnado de 4º de Primaria iremos á cidade da Coruña a visitar a Torre de Hércules! Viaxaremos na historia!