blogue defernandeztraseira
CONVOCATORIA BECAS NEAE 24/25
Enviado por fernandeztraseira o Lun, 22/04/2024 - 08:46
PRAZO: 30 ABRIL - 13 SETEMBRO 2024
QUEN A PODE SOLICITAR?
- Alumnado con discapacidade
- Alumnado con Trastorno grave de conduta ou da comunicación e linguaxe
- Alumnado con Trastorno do espectro autista
- Alumnado con Altas Capacidades
MÁIS INFORMACIÓN:
PROBAS GRUPAIS
Enviado por fernandeztraseira o Xov, 29/02/2024 - 09:05No centro levamos a cabo diferentes probas a nivel grupo que están contempladas dentro do Plan de Atención á Diversidade, con elas pretendemos identificar aquel alumnado que ten dificultades nalgún aspecto concreto ou, incluso, algún grupo que deba traballar algo concreto.
Estas probas contan para a nota? Que valoran?
Non. O alumnado é coñecedor de que non conta para a nota e explícaselles que non se trata dunha avaliación dunha materia concreta, se non que se valoran esas "pequenas cousiñas" que utilizan no seu día a día: comprensión oral e escrita, atención, cálculo, planificación, lóxica, control espacial, etc.
Por que se fai con todo o grupo e non so cun neno/a en concreto?
As probas estandarizadas teñen baremos españois, é dicir, os investigadores que crearon a proba utilizaron nenos e nenas de todo o territorio español para elaborar o que se entende como "promedio" e todo o que queda por enriba e por abaixo. O feito de ter estos baremos fai que os resultados sexan en función de toda esa poboación, e iso está ben para saber onde nos situamos con respecto ao esperado por idade ou curso; pero se o facemos con todo o grupo, podemos tamén observar que igual toda esa clase acada unha puntuación baixa (ou alta) nunha tarefa concreta, o cal indica que non se trata de que un neno/a teña unha dificultade, se non que é algo a traballar con todo o grupo.
Os resultados vanse dar a coñecer ás familias?
Estas probas son unhas probas xenéricas, de identificación de posibles necesidades, polo que só nos poñeremos en contacto con aquelas familias nas que o neno/a obteña uns resultados que nos fagan sospeitar de que pode haber unha dificultade. No caso de que os resultados estén dentro do esperado, non haberá comunicación á familia.
Isto quere dicir que se o meu fillo/a está dentro da normalidade non podo ver o que fixo?
PARA NADA. Calquera familia que esté interesada en coñecer os resultados pode solicitar cita ca orientadora (a través da titora ou a través do email) e ver o que o seu fillo/a fixo.
Calquera dúbida que poda xurdir ao respecto, pode acudirse tanto ás titoras como á orientadora do centro.
Sociograma
Enviado por fernandeztraseira o Xov, 21/12/2023 - 09:09Sociograma... ?
Un sociograma é unha ferramenta para valorar o clima social da aula e as relacións que exiten no grupo.
É unha actividade moi importante para a mellora da convivencia escolar e, habitualmente, faise no inicio de curso e no final.
Neste trimestre, foron as aulas de primaria as que realizaron a actividade; as de infantil, xa que os obxectivos son menos, levarase a cabo no 2º trimestre.
Facer partícipes aos alumnos e alumnas fai que se sintan escoitados xa que recoñecen que a súa voz e opinión conta e pode haber cambios nas dinámicas de aula gracias a iso.
En ocasións, pode ser que os resultados aheguen información que pasara desapercibida aos ollos dos mestres/as. A partir disto, levaranse a cabo actividades de cohesión de grupo e mellora da convivencia no grupo.
Comezo de curso no Departamento de Orientación
Enviado por fernandeztraseira o Lun, 02/10/2023 - 08:02Estimadas familias,
Fálavos Carmen, a orientadora que vai estar na escola polo momento.
Imos ir retomando as publicacións por aquí ca idea de poder ofrecervos recursos e consellos que agardo sexan de utilidade.
Polo momento, infórmovos que contamos cun correo electrónico co cal podedes contactar comigo para calquer consulta, suxestión, cita ou información que querades transmitirme, a direción é:
orientacion.ceip.ponte.xubia@edu.xunta.gal
Non dubidedes en escribirme.
Un saúdo,
Carmen Fernández