blogue delauracabarcos

LISTAXE DE LIBROS DE TEXTO - CURSO 2024/25

No documento adxunto tedes a listaxe de libros de texto para o curso 2024/25.

RECOMENDACIÓNS LECTORAS DE VERÁN

Xa estamos a piques de rematar o curso e pronto gozaremos dunhas divertidas e merecidas vacacións. 

Polo que un ano máis queremos propor unhas recomendacións lectoras

que de seguro vos farán pasar fantásticos momentos.

Feliz verán! 

 

TERCEIRO TRIMESTRE TRABALLANDO POR AMBIENTES

Xa nos toca dar por rematado un período de novas experiencias!

 

Como xa sabedes este curso iniciamos unha nova metodoloxía en Infantil e 1º de Primaria, o Traballo por Ambientes.

Un espazo de experimentación, creatividade e crecemento no que o alumnado é o auténtico protagonista.

 

E aquí queremos deixarvos unha presentación dos momentos vividos neste último trimestre.

Agardamos que vos guste!

I XORNADA ABX PONTE DE XUVIA

O pasado 28 de maio e coincidindo co Día Internacional do Xogo

celebramos no cole a I Xornada de Aprendizaxe Baseada en Xogos,

convidando a alumnado e familias a compartir un tempo de xogos de mesa, no que o profesorado puxo en práctica o aprendido na formación deste curso, os nenos e nenas coñeceron mellor a ludoteca do centro e as familias descubriron as múltiples oportunidades que ofrecen este tipo de xogos.

I XORNADA ABX PONTE DE XUVIA

23 de Abril: DÍA DO LIBRO

O pasado 23 de abril festexamos como cada ano no noso centro o Día do Libro e nesta ocasión convidamos ao noso alumnado a traer ao cole o seu libro favorito para crear unha fantástica montaña de divertidas lecturas.
 
Ademais, aproveitamos esta data tan sinalada para realizar a tan desexada reapertura da Biblioteca do Ponte de Xuvia.
 

23 de Abril: DÍA DO LIBRO

NO PONTE DE XUVIA RECICLAMOS ACEITE!

A partir de hoxe poderedes atopar no patio do centro, xunto a entrada a Primaria, un pequeno contedor verde destinado á recollida de aceite usado. Nel poderedes depositar o aceite de cociña usado en recipientes de plástico para a súa posterior reciclaxe.
 
Esta recollida lévase a cabo en colaboración coa empresa Arioil Reciclaxe a través da actividade Bioescolas e coa idea de trocar ao remate do curso os litros de aceite recollidos no centro por material escolar para o alumnado.
 
Agardamos a vosa colaboración.

AS 12 BADALADAS NO PONTE DE XUVIA!

Queridas familias,

Antes de dar paso ao novo ano 2024 queremos DESEXARVOS unhas MOI FELICES FESTAS.

 

Agardamos que vos guste este agasallo e que se cumpran todos os nosos desexos!

 

O CEIP Plurilingüe Ponte de Xuvia da as 12 badaladas!

UN LIBRO POR AGASALLO 2023

UN ANO MÁIS QUEREMOS COMPARTIR CON VÓS A TRAVÉS DA SEGUINTE PRESENTACIÓN ALGUNHAS SUXERENCIAS DE LIBROS DOS QUE PAPÁ NOEL E OS REIS MAGOS PODERÁN VALERSE PARA AGASALLAR ESTE NADAL AOS VOSOS FILLOS E FILLAS.

CADA MES UN LIBRO!

Un ano máis cada mes realizaremos unha actividade relacionada cun conto que nos permita traballar algunha das datas sinaladas.

Esta páxina irá engadindo novidades a medida que avance o curso.

Esperemos que vos guste!

 

TRUCO OU TRATO?

MONSTROS, PANTASMAS, BRUXAS E ZOMBIS CONTINUARON ENCHENDO O PONTE DE XUVIA O PASADO MARTES 31 DE OUTUBRO, DEIXÁNDONOS ALUCINANTES SORPRESAS E MOITAS RISAS NA PRIMEIRA SESIÓN DE TRUCO OU TRATO FESTEXADA NO COLE E SACANDO A RELUCIR AS NOSAS MELLORES GALAS…

OU DEBERÍAMOS DICIR AS NOSAS VESTIMENTAS MÁIS TERRORÍFICAS?

TRUCO OU TRATO SAMAÍN 2023

Distribuir contido