blogue debertagrueiro

Día Mundial da Infancia

O 20 de novembro conmemoramos o Día Mundial da Infancia. Foi un día diferente xa que para dar visibilidade ao Dereito a ter un fogar, a comunidade educativa vestiu o seu mellor pixama para acudir ao centro. Ademais, traballamos nas aulas os dereitos que temos como nenos e nenas e compartimos coas familias esta actividade invitándoas a plasmar as súas impresións no noso taboleiro da entrada.

Moitas grazas pola vosa implicación!

 

20 de Novembro de Berta

XOGAMOS COAS BICIS

Neste curso, os pequenos e pequenas de 4 anos estivemos a investigar sobre os superheroes e superheroínas. Ademais, traballamos os nosos propios superpoderes e Nicoleo propúxonos un reto: investigar que é iso da banda deseñada. Entre todos buscamos as similitudes e diferencias cos contos que lemos habitualmente na aula e chamáronnos moito a atención este novo tipo de textos polo que decidimos que queríamos ser os protagonistas da nosa propia banda deseñada que leva por título Xogamos coas bicis. Estamos moi orgullosos e orgullosas do noso traballo!

Cómic 4 anos de Berta Grueiro

CONTACONTOS DO IES TERRA DE TRASANCOS

O 29 de maio recibimos a visita do alumnado de 4º da ESO que veu realizar un contacontos bilingüe en inglés e castelán para os pequenos e pequenas de Infantil. Prepararon os contos de Amelia, O coelliño branco e Chivos Chivóns. Moitas grazas por vir, pasámolo xenial na vosa compaña!

AMADRIÑAMENTOS E APADRIÑAMENTOS LECTORES

O pasado 26 de maio realizamos no cole unha actividade de animación á lectura, con motivo do Día das Letras Galegas, moi especial. Aproveitando o bo tempo, os nenos e nenas de 2º a 6º de Educación Primaria cóntaronlle un conto aos pequenos e pequenas de Infantil e 1º de Primaria. Ademais, despois quedamos a facer unha xornada de convivencia entre todo o alumnado do centro. Foi unha experiencia marabillosa!

 

 

Amadriñamentos e apadriñamentos lectores de Berta Grueiro

VISITA DE FON

O pasado 18 de maio os nenos e nenas de 5 anos e de 2º de Primaria tiveron a sorte de desfrutar dun obradoiro de ilustración de cómic a cargo de Fon Barreiro, autor de obras coma Gazafellos ou Troglo & dita. Pasárono xenial e aprenderon unha chea de cousas sobre a ilustración das bandas deseñadas.

 

 

ANIMACIÓN Á LECTURA

O pasado 27 e 28 de marzo, os nenos e nenas de Infantil e Primaria tiveron a oportunidade de realizar unhas divertidas actividades de animación que potenciaron unha vez máis o noso amor polos libros. Grazas novamente a Vicky descubrimos como interpretar os diferentes roles que aparecían nos libros, pasando un rato agradable e cheo de risas. 

 

 

Contacontos marzo 2023 de Berta Grueiro

TORNEO DE XADREZ

Durante este ano celebrouse na biblioteca do centro un torneo de xadrez no que participou, de xeito voluntario, alumando de todos os cursos de Educación Primaria. Ao finalizar o torneo todas as persoas participantes recibiron unha chapa de recordo, mentres que os gañadores de cada un dos ciclos tiveron como obsequio un libro sobre o xadrez.

CONTACONTOS FAMILIARES

A semana do 24 ao 28 de abril, con motivo da conmemoración do Día do Libro, desfrutamos de contacontos por parte das familias tanto na biblioteca do cole coma nas aula. Foi unha experiencia marabillosa na que desfrutamos unha chea dese tempiño coas familias. Moitas grazas!

 

Día do libro 2023 de Berta Grueiro

CLUBE DO HUMOR

O pasado venres 5 de maio celebramos na biblioteca do colo un "Clube do humor" con motivo da celebración do Día Internacional da Risa. 

Contacontos en inglés

O pasado luns 27 de febreiro os nenos e nenas de Infantil e 1º, 2º, 3º e 4º de Primaria desfrutamos na biblioteca dun contacontos en inglés cheo de experimentos, música e electricidade. Foi una experiencia fantástica!

 

Contacontos de Berta Grueiro

Distribuir contido