blogue demusicomiserable

Radio Ponte

Suscríbete á nosa canle de Radio. Estade conectados!!!

 

20 N: Día Mundial da Infancia

Os nenos do colexio queremos falar da infancia. Dos dereitos dos nenos, das súas características... E lembrarvos a todos que coidar e protexer a infancia é unha responsabilidade de todos.

O Bambam: Entrevistas Cósmicas

Os alumnos de quinto B continúan falando do universo, ou máis ben falando có universo...que cómo o fan? Escoitade o episodio e veredes!!!

 

A Pandilla Lacasitos en Samaín

A Pandilla Lacasitos quérevos contar o que é un día de Samaín no colexio. Seguro que os que non puidestes vir, vos facedes unha idea de como foi... o único que non poderedes é probar todos os doces que as familias prepararon, pero tranquilos que xa os probamos nós por vós, hahaha.

 

Volve o Bambam!!! Cun episodio sobre o Universo!!!

Atención que volven os de 5º e 6º cun episodio novo de "O Bambam". Veñen a ensinarnos todo o que aprenderon do universo nestres primeiros intres de curso. Que o disfrutedes!!!

Extra, extra!!! Volve a Pandilla Lacasitos!!!

Despois de moito tempo volve un dos vosos programas favoritos. A Pandilla Lacasitos!!! Un programa para grandes e pequeniños. NEsta ocasion a pandilla comeza a súa andaina contándonos a última excursión. Vos dixamos por aquí todos os episodios por si queredes escoitar episodios doutras tempadas!!!

A Sandía Feliz: Arrancamos!!!

As pebidas da sandía, (este ano os alumnos de 2º de primaria), volven á carga, radiofónicamente falando, cunha serie de textos, lendo e traballando un pouco as letras. Lembrar as estrutura dun programa e repasar lectura é fundamental para o traballo na radio. Xa veredes que este ano non van decepcionar aos oíntes. Esperamos que vos guste.

 

Conto: "La gran Tribu"

Comezamos recomendando libros e contos dende o clube radiofónico da biblio:  Bookfluencers!!! Esperemos que vos guste o conto. yas vos iremos traendo contos e libros para que non paredes de ler!!!

 

Visita do Clube Hoquei Narón

Dende a área de Educación Física pretendese dar a coñecer deportes e deportistas da zona, así coma concienciar sobre hábitos saudabeis e saúde, e claro, Radio Ponte sempre quere estar no centro da acción apoiando. Hoxe vos presentamos un novo clube de hoquei patíns: Hoquei Narón. A profe Vero, que é membro da directiva , veu cun grupo de prebenxamines a presentar e ensinar como se xoga e se patina. Esperamos que vos guste este programa.

Olimpiadas Nacionales Ed. Vial 2024

Queremos empezar o curso radiofónico cun episodio que quedou pendente do curso pasado. As Olimpiadas Nacionais de Educación Vial, celebradas en Narón o pasado 9 de maio. Neste episodio tratamos de concentrar o que foi ese día, ademais de entrevistar a protagonistas, e concienciar sobre a importancia da educación vial. Tardamos en publicalo un pouco máis que de constume porque tivemos alguns problemas técnicos, e se nos botou a fin de curso enriba. Pero xa o tedes aquí, para gozalo, pasar un bo tempo e aprender con nós!!!

 

Distribuir contido