3º curso

Saída en bicicleta: Volta polo paseo marítimo

Por primeira vez para nós, algúns nenos e nenas da clase foron en bicicleta por Narón acompañados por Protección Civil e a mestra de educación física, Raquel. Foi moi divertido e pasamos unhas cuantas aventuras. Unha ponte colgante, un longo paseo, algunhas caídas... pero o pasamos xenial e seguro que volveremos outro día en bicicleta. Premendo nas imaxes poderedes ver unha presentación da actividade e un pequeno vídeo.

Teatro: Jim e a Illa do Tesouro

Xa chegado o mes de novembro, o concello de Narón invitounos a todos os do cole á obra de teatro "Jim e a illa do tesouro", unha obra de monicreques moi divertida no Pazo da Cultura. Fomos xunto aos nenos e nenas de 1º, 2º e 4º de Primaria. Pareceunos moi divertida e pasámolo xenial!!

Premendo na imaxe poderedes ver unha pequena presentación sobre esta obra.

      

MAGOSTO

E tamén chega outra festa típica do outono e que nos gusta moito porque nos poñemos fartiños de castañas e de xogar. Aquí ven o magosto!!

Como sempre, premendo na imaxe podedes ver un vídeo desta actividade.

SAMAÍN

Como todos os anos, chegando o Samaín tocou facer cabazas, pero este ano viñeron unhas rapazas do Concello a botarnos unha man á hora de realizalas. Foi unha actividade moi divertida e gustounos moito poder facer esta actividade dun xeito diferenete ao de todos os anos.

Ademais, como sempre, tocou disfrazarnos e pasar un estupendo día de medo.

Premendo nas imaxes podedes ver unha presentación coas cousiñas que pasaron neste Samaín.

Obradoiro Musical

Comeza un novo curso no CEIP Ponte de Xuvia e, que mellor xeito de comezar que cun estupendo obradoiro musical!!

Este obradoiro foi levado a cabo no centro polo Padroado de Cultura de Narón e se fixo en dúas sesións. Nunha primeira se lles falou aos nenos e nenas das actividades relacionadas coa música que se levan a cabo no Concello e dos distintos instrumentos que se poden aprender. Na segunda nos falaron de instrumentos típicos de Galicia e nos ensinaron un pouco de baile galego co que disfrutamos moitísimo.

Como sempre, premendo nas imaxes veredes: unha pequena presentación da actividade e dous vídeos, un de cada sesión. Agardamos que disfrutedes tanto coma nós con ela.

Fin Traballo Cómic - 4

Non só analizamos cada parte do cómic. Traballámolas, debuxado e ao final conseguimos crear as nosas tiras de cómic feitas a man e no ordenador.
Todo isto realizámolo dividindo a clase en catro grupos, o que dió lugar a catro grandes traballos sobre o cómic que cada grupo presentou e explicou polas aulas a todos os compañeiros do colexio.
Este traballo quedará depositado na biblioteca do centro para a súa consulta.

Mª José J.

Proyecto Cómic

Estámos estudiando y analizando cada parte del cómic.

Distribuir contido