2º Ciclo de Infantil
DE EXCURSIÓN AO MUIÑO DE PEDROSO
Enviado por carmenvazquez o Sáb, 30/05/2015 - 23:51ESTE VENRES FOMOS DE EXCURSIÓN AO MUIÑO DE PEDROSO A FACER QUEIXO FRESCO.
CANDO CHEGAMOS OS/AS MONITORES/AS NOS ESTABAN ESPERANDO E DIVIDÍRONNOS EN DOUS GRUPOS.UN GRUPO COMEZARÍA POLO TALLER DE XOGOS E OUTRO POLO TALLER DE QUEIXO E DESPOIS DE MERENDAR FARÍAMOS O CAMBIO DE TALLERES.
NO TALLER DE XOGOS FARÍAMOS ACTIVIDADES CO PARACAÍDAS QUE GUSTOUNOS MOITO E TAMÉN XOGOS POPULARES COMA O PANO OU FACER CARREIRAS CUNHA CULLER LEVANDO UN OVO.FOI MOI DIVERTIDO E BOTAMOS UNHAS RISAS.
NO TALLER DE QUEIXO AS MONITORAS FALÁRONNOS DOS INGREDIENTES QUE NECESITÁBAMOS PARA FACER O QUEIXO E DÉRONNOS A ULIR O CALLO QUE POR CERTO NON CHEIRABA MOI BEN.A MESTURA XA ESTABA PREPARADA ASÍ QUE QUE BOTAMOS A MESTURA NUNS BOTES CON FURADIÑOS PARA QUITARLLE A AUGA.
CANDO REMATAMOS OS TALLERES MERENDAMOS E XOGAMOS UN POUCO NO PARQUE.
PARA REMATAR A XORNADA FIXEMOS UNHAS FOTOS DE GRUPO ONDE SAÍMOS MOI GUAPOS E GUAPAS.
O MUIÑO DE PEDROSO ATÓPASE NA ÁREA RECREATIVA DE PEDROSO NO CONCELLO DE NARÓN É UNHA ÁREA NATURAL MOI FERMOSA PARA PASAR UN DÍA AGRADABLE COA FAMILIA E AMIGOS.
TALENT SHOW 2015
Enviado por Mª José J. Valbuena o Sáb, 30/05/2015 - 16:33ESTE ANO DESPEDIMOS A SAMANTHA, XA QUE O VINDEIRO CURSO IRÁ A OUTRA ESCOLA...QUE MÁGOA! DESEXÁMOSLLE MOITA SORTE NESTA NOVA ETAPA E PARA DESPEDIRSE ARGALLOU O "TALENT SHOW", UN CONCURSO ONDE CADA CLASE, NENO OU NENA AMOSOU OS SEUS TALENTOS. O CICLO DE EDUCACIÓN INFANTIL BAILOU E CANTOU A CANCIÓN "AVE MARÍA" DE DAVID BISBAL.
DESPOIS PUIDEMOS DISFRUTAR DE VARIAS ACTUACIÓNS, PERO FACÍA MOITO CALOR E AO FINAL MARCHAMOS UN POUQUIÑO ANTES PARA PODER CORRETEAR NO RECREO.
QUERÉMOSTE MOITO SAM! WE LOVE YOU!
VISITA DE CONCHA BLANCO
Enviado por Mª José J. Valbuena o Sáb, 23/05/2015 - 14:29O MÉRCORES, DÍA 20, CO GALLO DA CELEBRACIÓN DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS TIVEMOS A VISITA NA ESCOLA DE CONCHA BLANCO. ESTA ACTIVIDADE FOI PROGRAMADA POLO EQUIPO DE BIBLIOTECA DA ESCOLA, AO QUE UNHA VEZ MÁIS AGRADECEMOS QUE CONTE CON NÓS PARA PARTICIPAR NESTAS ACTIVIDADES TAN INTERESANTES.
CONCHA É UNHA MESTRA E PEDAGOGA, QUE EXERCEU A SÚA PROFESIÓN NOS CONCELLOS DE MUXÍA, DUMBRÍA E CEE. DESDE HAI MOITOS ANOS ADÍCASE A ESCRIBIR LIBROS E CONTOS PARA NENOS E NENAS. NAS CLASES ESTIVEMOS A LER O LIBRO DE POEMAS "LUCES, BICOS E CORES" DO QUE CONCHA LEU UN PAR DE POEMAS.
A ACTIVIDADE DESENVOLVEUSE NA AULA DE 2º DE PRIMARIA, E ALÍ ESTIVEMOS TODOS OS COMPIS DE INFANTIL MÁIS OS NENOS E NENAS DE 1º DE PRIMARIA.
ESTÁ XENIAL PODER COÑECER AOS AUTORES DOS TEXTOS QUE LEMOS NA CLASE. MOITAS GRAZAS POR VIR E COMPARTIR UN RATIÑO CON NÓS.
TALLER DE APICULTURA EN ALDEANOVA
Enviado por carmenvazquez o Ven, 22/05/2015 - 17:41ESTE XOVES OS NENOS E NENAS DE 1º,3º,4º E INFANTIL FOMOS DE EXCURSIÓN A ALDEANOVA.
OS TALLERES AOS QUE IAMOS ERAN DIFERENTES.OS DE 1º ÍAN AO TALLER DO PAN,3º E 4º AO TALLER DA CULTURA CASTREXA E OS DE INFANTIL AO TALLER DE APICULTURA.
O NOSO TALLER CONSISTÍA EN TRES ACTIVIDADES:
- UN XOGO SOBRE AS ETAPAS DA VIDA DUNHA ABELLA,BEBÉ,SOLDADOS,RECOLECTORAS,A RAIÑA,...
- UNHA ACTIVIDADE ONDE PROBARON DIFERENTES TIPOS DE MELES DO VALLE,DA MONTAÑA E UNHA MOI APRECIADA A MEL DA ALCARRIA.
- E PARA REMATAR FIXERON UNHAS VELAS COA CERA DAS ABELLAS QUE DESPOIS OS NENOS LEVARON PARA A CASA.
CANDO REMATAMOS COMA ESTABAMOS UN POUQUIÑO CANSOS DE TANTO TRABALLO COLLEMOS FOLGOS CUNHA MERENDOLA NAS MESAS E CAMPIÑO DO LUGAR.
ALDEANOVA ESTÁ SITUADO NA PARROQUIA DE SEDES DO CONCELLO DE NARÓN AS VISTAS SON IMPRESIOANTES E O LUGAR É MOI FERMOSO RECOMENDO A SÚA VISITA.
PEPE MAESTRO
Enviado por carmenvazquez o Mér, 22/04/2015 - 22:02VISITA DE PEPE MAESTRO
Enviado por Mª José J. Valbuena o Lun, 20/04/2015 - 19:25O DÍA 14 DE ABRIL TIVEMOS NA ESCOLA UNHA VISITA MOI ESPECIAL, PEPE MAESTRO. OS DÍAS ANTERIORES ESTIVEMOS A APRENDER ALGUNHA COUSIÑA SOBRE ESTE ESCRITOR NADO EN CÁDIZ, AUTOR DUNHA COLECCIÓN DE CONTOS POPULARES VERSIONADOS POR EL, DOS QUE CONTAMOS CON ALGÚN EXEMPLAR NA BIBLIOTECA: "HANSEL E GRETEL"," JUAN Y LAS HABICHUELAS MÁGICAS "... PERO TAMÉN TEN OUTRAS HISTORIAS PUBLICADAS COMO "CHISMORREO"OU "EL CIRCO DE BALTASAR".
COMPARTIMOS MEDIA HORA CON EL, NA AULA DE 5 ANOS. PRIMEIRO FIXEMOS UN XOGO DE REPETIR PALABRAS, DESPOIS CONTOUNOS UN PAR DE CONTOS DA COLECCIÓN DE EDELVIVES E POR ÚLTIMO FIXO UN POUCO DE MAXIA CUN PLÁTANO. PLÁTANO? SI, SI, DIXEMOS BEN CUN PLÁTANO.
COMO AXUDANTE ESCOLLEU A ALBA YAÑEZ, DA CLASE DE 5 ANOS... FOI MOI DIVERTIDO!
AGRADECEMOS AO EQUIPO DE BIBLIOTECA A ORGANIZACIÓN DESTA ACTIVIDADE E QUE CONTASE CON NÓS PARA DISFRUTALA. E MOITAS GRAZAS A PEPE POR FACER QUE PASARAMOS UN RATO TAN DIVERTIDO!
CARAPORQUIÑA VERMELLA
Enviado por carmenvazquez o Lun, 30/03/2015 - 18:45ESTE VENRES A COMPAÑIA TRES GLOBOS REPRESENTOUNOS A OBRA"CARAPORQUIÑA VERMELLA",UN CONTO CLÁSICO PERO CUNS CUANTOS CAMBIOS NA HISTORIA,TIÑAMOS UN RAPOSO,UNS PORQUIÑOS E ATA O LOBO TIÑA UN POUCO DE CATARRO.ESTA ACTIVIDADE ESTIVO ORGANIZADA POLO EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA DO COLE.
GUSTOUNOS MOITO E RIMOS UN MONTÓN.SE QUEREDES TER MÁIS INFORMACIÓN SOBRE A COMPAÑIA VISITADE A SÚA PÁXINA WEB WWW.TRESGLOBOS.COM.
DÉIXOVOS A REPRESENTACIÓN DE CARAPORQUIÑA VERMELLA NA ESCOLA DE SARRIA.
BOMBEIROS FORESTAIS
Enviado por carmenvazquez o Dom, 22/02/2015 - 15:47ESTE VENRES TIVEMOS UNHA VISITA SORPRESA NO COLE.OS BOMBEIROS E OS GARDAS FORESTAIS VIÑERON DE VISITA PARA CONTARNOS UN POUQUIÑO EN CONSISTÍA O SEU TRABALLO.PRIMEIRO NOS XUNTAMOS NA AULA DE 3 ANOS E PUXÉRONNOS NA PIZARRA UNHA PRESENTACIÓN DOS BENEFICIOS E TODAS AS COUSAS QUE NOS APORTAN AS PRANTAS E AS ÁRBORES.FIXEMOS UN BAILE COAS PARTES DAS ÁRBORES,RAICES,TRONCO,RAMAS E FOLLAS.TAMÉN VIMOS UN VIDEO DO OSO SMOKEY ONDE NOS CONTABA QUE PRECAUCIÓNS TEMOS QUE TER SE FACEMOS LUME NO BOSQUE E PARA REMATAR ENSINÁNRONNOS O TRAXE QUE TEÑEN QUE LEVAR PARA PROTEXERSE DO LUME CANDO TEÑEN QUE APAGALO.
DESPOIS FÓRA POIDEMOS USAR A MANGUEIRA E MOLLAR UN POUCO O PATIO.
MOITAS GRAZAS O PASAMOS MOI BEN.
QUEIMA DO MECO
Enviado por Mª José J. Valbuena o Sáb, 21/02/2015 - 18:10PREMENDO NA FOTO DE MORTADELO VEREDES UNHA PRESENTACIÓN E UN VIDEO DA QUEIMA DO MECO.
FOI MOI DIVERTIDO!
ENTROIDO 2015
Enviado por Mª José J. Valbuena o Lun, 16/02/2015 - 23:04ESTE ANO A TEMÁTICA DO ENTROIDO FOI A LITERATURA INFANTIL E O COMIC ASÍ QUE OS DISFRACES FACÍAN REFERENCIA A CONTOS, LIBROS, COMICS DE DISTINTA ÍNDOLE. O CICLO DE EDUCACIÓN INFANTIL FOI DISFRAZADO DOS TRES PORQUIÑOS, BASEANDOSE NO CORTO DE WALT DISNEY DO ANO 1932, UN DOS FAVORITOS DOS NOSOS PEQUES. PREMENDO NA IMAXE PODEREDES DISFRUTAR DEL...UNHA VEZ MÁIS ;-)
NA PRESENTACIÓN VEREDES COMO DESFILAMOS DIANTE DOS COMPAÑEIROS/AS DE PRIMARIA XA QUE COMO CHOVEU MOITO NON FOI POSIBLE SAIRMOS AO PASEO PARA CANTAR A CANCIÓN E DAR UNHA VOLTIÑA.
DESPOIS DE DESFILAR E CANTAR A CANCIÓN TODOS XUNTOS, TIVEMOS UNHA MERENDOLA GRAZAS A COLABORACIÓN DE TODAS AS FAMILIAS QUE TROUXERON DOCES TÍPICOS DE ENTROIDO. O ANPA COLABOROU COAS BEBIDAS E DANDO A MERENDA A TODO O ALUMNADO.
GRAZAS A TODOS POR COLABORAR E FACER POSIBLE A CELEBRACIÓN DESTA FESTA.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- …
- seguinte ›
- última »