6º curso EI

A PLANTAR!

NA CLASE DE 5 ANOS NON PARAMOS DE TRABALLAR HAI UNS DÍAS PLANTAMOS UNHAS SEMILLAS QUE NOS AGASALLOU A  FAMILIA DE IZAN.PRIMEIRO BOTAMOS AUGA AO SUBSTRATO PARA DESPOIS METER AS SEMENTES E A ESPERAR QUE BROTEN E MEDRE UNHA FERMOSA PLANTA.

PLANTAMOS de maria

ANIVERSARIOS NOVEMBRO

NO MES DE NOVEMBRO TEMOS DE ANIVERSARIO A MANUEL E A HUGO NESTE VIDEO TEDES A PRESENTACIÓN DO DÍA E O BEN QUE O PASAMOS.

PARABENS RAPACES!!!

Manuel e Hugo de maria

Maricarmen e os dezaseis ananiños: "Superlola"

Con motivo do día contra a violencia de xénero o 25 de novembro, algunhas alumnas de 6º de Ed. Infantil prepararon un pequeno programiña, no que contarán o conto "Superlola".

 

25N

O VENRES 25 DE NOVEMBRO CELEBRAMOS O DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.COMEZAMOS O DÍA FALANDO DE QUE É O 25N,CONTAMOS O CONTO DE SUPERLOLA E DECORAMOS UNHA CAPA E ESCRIBIMOS UNHA PALABRA RELACIONADA CO TEMA.SAIRON MOITAS PALABRAS RELACIONADAS CO CONTO DE SUPERLOLA; SUPERVEGA,SUPERHUGO...SUPERPODERES,AMOR...AO FINAL CON TODAS AS CAPAS FIXEMOS UN MURAL E OS COMPIS MAIORES ESCRIBIRON UNHA FRASE NUN POSÍ DE COR MORADA.AQUÍ TEDES ALGUNHA FOTO DO DÍA E O CONTO DE SUPERLOLA.

Diseño de maria

"Maricarmen e os dezaseis ananiños": EP 1

Neste primeiro episodio, os alumnos de cinco anos teñen a súa primeira experiencia radiofónica da man de Blancaniev...digoo de Maricarmen, a súa querida mestra. Nel falarán con toda naturalidade sobre as últimas saídas: O teatro "Carabela", museo de historia natural, As Meninas de Canido, e o Rato Pérez. 

A RADIO PONTE

XA SOMOS LOCUTORES DE RADIO,HOXE COA AXUDA DO PROFE MARCOS GRABAMOS O NOSO PRIMEIRO PROGRAMA DE RADIO.FALAMOS DE VARIOS TEMAS DAS SAÍDAS AO MUSEO DE HISTORIA NATURAL,AS MENINAS E AO TEATRO.OUTRO TEMA A TRATAR FOI A VISITA A NOSA CLASE DO RATO PÉREZ POIS XA TEMOS COMPAÑEIROS QUE XA LLES ESTÁN A CAER OS DENTES DE LEITE.EN BREVE ESCOITAREDES A" MARICARMEN E OS DEZASEIS ANANIÑOS" NO SEU PRIMER PROGRAMA DE RADIO.AQUI TEDES ALGUNHAS FOTOS DO MOMENTO.

TEATRO CARABELA

CARABELA FOI A OBRA DE TEATRO QUE FOMOS A VER ESTE XOVES NA MOSTRA DE TEATRO DO CONCELLO DE NARÓN.CARABELA É UNHA COCIÑEIRA DUN BARCO QUE VIAXA CO SEU AMIGO DE PLÁSTICO PERO A SÚA EMBARCACIÓN NAUFRAGA NUNHA ILLA DE PLÁSTICO ONDE PASAN DUNHA MOREA DE AVENTURAS CUNS ANIMAIS MUTANTES.

TRABALLAMOS UN MONTÓN

NESTA PRESENTACIÓN TEDES UN PEQUENO RESUME DE TODOS OS TRABALLOS QUE FIXEMOS NESTES QUINCE DÍAS.REMATAMOS AS NOSAS ACTIVIDADES SOBRE O SAMAÍN COA CREACIÓN DE MONSTROSE PUXÉMOSLLES NOME,A LECTURA DO CONTO"O BANQUETE DOS MONSTROS" E ELABORAMOS RECEITAS TERRORÍFICAS,DEBUXÁMONOS CUNHA CHEA DE DETALLES CADA VEZ SON MÁIS COMPLETAS AS NOSAS PRODUCIÓNS,RECORTAMOS E PEGAMOS OS AMIGOS DO 10,20 E 30.COMO VEDES NON PARAMOS DE TRABALLAR.

Distribuir contido