Radio Ponte

A voz de terceiro

Os alumnos e alumnas de terceiro de primaria de relixión e proxecto competencial, crearon unha serie de programas variados que queremos compartir con vós. Esperamos que vos gusten. Non deixedes de seguirnos porque seguiremos traendo cousiñas para todo o noso público.

Conmemoración 25 N: "Superlola"

O día 25 de novembro festexamos no colexio o día contra a violencia de xénero lendo un conto entre todos os membros do clube Bookfluencers, isto e algunhas cousiñas más vos agardan neste episodio.

Uns minutos con: "SPEIS, Prevención de Riscos"

Neste episodio alumnos de 5º entrevistan a Daniel Lorenzo, experto en prevención de riscos e organización do SPEIS de Narón, quen nos contará cousas do seu traballo e algunhas cousas que temos que ter en conta para a nosa seguridade.

PonteMúsica: "Xogo de Nenos"

Nesta ocasión, os alumnos de segundo de primaria analizan dous movementos da obra de Bizet, "Xogo de Nenos", ademais de varios instrumentos e unha actución en directo. Esparamos que vos guste e aprendades moito.

A Voz de Terceiro EP 2: "As Tartarugas Mariñas"

Neste episodio, un equipo de terceiro trae datos e curiosidades sobre as tartarugas mariñas. Tanto a estrutura , como o contido e a organización está desenvolto integramente por eles, así que ten moito mérito, pois é a primeira experiencia na radio.

Pontemúsica: "La sinfonía de los juguetes"

Os alumnos de terceiro contan curiosidades sobre a sinfonía dos xoguetes, ademáis de falar dalgúns dos seus xoguetes favoritos e actuar en directo, aquí nos estudios de Radio Ponte.

 

Maricarmen e os dezaseis ananiños: "Superlola"

Con motivo do día contra a violencia de xénero o 25 de novembro, algunhas alumnas de 6º de Ed. Infantil prepararon un pequeno programiña, no que contarán o conto "Superlola".

 

Contos do Nadal

A Pandilla Lacasitos, nesta ocasión, adiántase á data de Nadal, cuns contos clásicos en verso no que cada personaxe vai levar algún agasallo ao portal. Esperamos que vos guste.

"Maricarmen e os dezaseis ananiños": EP 1

Neste primeiro episodio, os alumnos de cinco anos teñen a súa primeira experiencia radiofónica da man de Blancaniev...digoo de Maricarmen, a súa querida mestra. Nel falarán con toda naturalidade sobre as últimas saídas: O teatro "Carabela", museo de historia natural, As Meninas de Canido, e o Rato Pérez. 

A Voz de Terceiro EP 1: "PAndas e Pokemons"

Os alumnos de terceiro traen unha serie de programas variados, de temas que a eles lles interesan e queren compartir con todos nós. Esperamos que vos gusten e valoredes que é a primeira vez que traballan na radio de maneira case totalmente autónoma.

Distribuir contido