Blogues

CASA DAS CIENCIAS

O MARTES FOMOS DE EXCURSIÓN Á CASA DAS CIENCIAS NA CORUÑA. A XORNADA COMENZOU CUNHA PROXECCIÓN ONDE A TRAVÉS DUN CONTO EXPLICÁRONNOS COMO SON AS CARACTERÍSTICAS DOS PLANETAS E ENTRE TODOS ELES CAL É O MELLOR PARA VIVIR. AO REMATE DA PROXECCIÓN POIDEMOS DISFRUTAR DAS DIFERENTES PROPOSTAS CIENTÍFICAS SITUADAS NO PLANETARIO PERO TAMÉN HOUBO TEMPO PARA REPOÑER FORZAS E PARA XOGAR.FOI UNHA MAÑÁ CON MOITA ACTIVIDADE E O PASAMOS XENIAL DISFRUTANDO COA CIENCIA.

A CASA DAS CIENCIAS de maria

CORRELINGUA 2024

ESTA SEMANA FOI MOI INTENSA ENTRE SAÍDAS,ACTIVIDADES,CONMEMORACIÓNS...FOI UN SIN PARAR.COMEZAMOS DISEÑANDO O NOSO DORSAL,CUNHA MENSAXE "MELLOR EN GALEGO",XA TIÑAMOS TODO PREPARADOPARA COMEZAR A NOSA CARREIRA SIMBÓLICA PARA PROMOVER E EXALZAR A NOSA LINGUA.A CARREIRA REALIZOUSE NO PAZO DA CULTURA E DESPOIS DA VOLTA CONTINUAMOS CUN CONCERTO A CARGO DA GRAMOLA GOMINOLA,NON PARAMOS DE BAILAR E BAILAR,FOI XENIAL.AQUÍ TEDES UN PEQUENO RESUMO DO NOSO DÍA.

CORRELINGUA de maria

ANIVERSARIO DE JULIO

PARABENS JULIO!!!. O NOSO COMPI XA TEN 4 ANOS E ESTA SEMANA FESTEXAMOS O SEU ANIVERSARIO CUNHA DELICIOSA TORTA E ATA TIVO UN BONITO AGASALLO DOS SEUS COMPIS ,UN FERMOSO LIBRO COAS NOSAS MELLORES OBRAS DE ARTE. MOITOS BICOS DE CHOCOLATE,ESPERO QUE PASARAS UN FELIZ DÍA. 

cumple julio de maria

CONTACONTOS DE MARIO

ESTE VENRES TIVEMOS A VISITA DE CAROLINA,A NAI DE MARIO, QUE VEU A CONTARNOS O CONTO QUE LEVA POR TÍTULO " A MIN NON ME COMAS", O CONTO FAVORITO DE MARIO E O SEU IRMAN PEDRO. AINDA QUE É UN CONTO DE MONSTROS, NON TIVEMOS NIN GOTA DE MEDO. O PASAMOS XENIAL,ESPERO QUE TE DIVERTIRAS MOITO TANTO COMA NÓS. MOITAS GRAZAS POLA TÚA VISITA.

contacontos Mario de maria

CONTACONTOS LIA

ESTA SEMANA TIVEMOS O CONTACONTOS CON KELLY,A NAI DE LIA, CONTOUNOS UNHA HISTORIA MOI FERMOSA DO SOL,DA LUNA E DA AGUA, UN CONTO POPULAR NIXERIANO QUE NOS GUSTOU MOITO. KELLY TIVO A SORTE DE CONTAR CUNHA AXUDANTE MOI ESPECIAL,LIA, QUE O FIXO XENIAL.O PASAMOS MOI BEN; CANTAMOS,ESCOITAMOS INSTRUMENTOS MUSICAIS E ATA TIVEMOS UN AGASALLO. DEIXOVOS UN VIDEO DO CONTO!!!.                      

                       MOITAS GRAZAS POR TODO DISFRUTAMOS MOITO!!!.

contacontos Lia de maria

CHEGOU A PRIMAVERA

COMO VEDES ESTA SEMANA NON PARAMOS TIVEMOS; CONTACONTOS COAS FAMILIAS, ACTUACIÓN EN INTERCENTROS, EXPERIMENTAMOS E APRENDIMOS COUSAS  SOBRE AS PLANTAS. NESTA PRESENTACIÓN TEDES UN PEQUENO RESUMO DAS ACTIVIDADES QUE FIXEMOS RELACIONADAS COAS PLANTAS; PLANTAMOS SEMILLAS E FIXEMOS UNS EXPERIMENTOS QUE OBSERVAREMOS CADA DÍA SE AS SEMILLAS QUE PLANTAMOS PODEN BROTAR SEN LUZ,OUTRO SEN AUGA PERO CON LUZ E TERRA,TAMÉN CON LUZ,AUGA PERO SEN TERRA E POR ÚLTIMO CON LUZ,AUGA E TERRA PERO COMO XERMINARÁN AS NOSAS SEMENTES.O ENCARGADO SERÁ O RESPONSABLE DE REGAR AS NOSAS PLANTACIÓNS E ENTRE TODOS ANALIZAREMOS OS CAMBIOS QUE SE PRODUCEN NOS NOSOS EXPERIMENTOS.

CHEGOU A PRIMAVERA de maria

INTERCENTROS

POR FÍN CHEGOU O DÍA DA NOSA ACTUACIÓN NO PAZO DA CULTURA COA NOSA FAMOSA  CANCIÓN "REDUCIR, REUTILIZAR E RECICLAR".AQUI NESTA PRESENTACIÓN TEDES UN RESUMO DO NOSO DÍA,NA PRIMEIRA FOTO TEDES O NOSO MURAL QUE FIXEMOS PARA O CERTAME. O PASAMOS XENIAL ESPERO QUE VOS GUSTE.

BENVIDOS de maria

CONTACONTOS

ESTA SEMANA TIVEMOS A SORTE DE CONTAR COS PAIS DE AINHOA E A NAI DE JULIO,QUE NOS CONTARON UNS DIVERTIDÍSIMOS E EMOTIVOS CONTOS,DISFRUTAMOS COS BAILES DA XIRAFA,CO RAPOSO RUFO...PERO QUE BEN O PASAMOS. DESPOIS QUEDARON UN RATIÑO CON NÓS E DISFRUTARON DE BAILES,CANCIÓNS E ATA CRIS ,A NAI DE JULIO ,AXUDOUNOS A PLANTAR. MOITAS                                               

GRAZAS POLA VOSA VISITA!!!

contacontos familias de ainhoa e julio de maria

23 de Abril: DÍA DO LIBRO

O pasado 23 de abril festexamos como cada ano no noso centro o Día do Libro e nesta ocasión convidamos ao noso alumnado a traer ao cole o seu libro favorito para crear unha fantástica montaña de divertidas lecturas.
 
Ademais, aproveitamos esta data tan sinalada para realizar a tan desexada reapertura da Biblioteca do Ponte de Xuvia.
 

23 de Abril: DÍA DO LIBRO

ERASMUS+,LITUANIA

O NOSO CENTRO PARTICIPOU NO PROGRAMA DE MOBILIDADE,ERASMUS+. ESTE PROGRAMA DE FORMACIÓN DO PROFESORADO CONTOU COA PARTICIPACIÓN DA NOSA COMPAÑEIRA PURI ONDE PUIDO VER OUTRAS EXPERIENCIAS DOUTROS COLES, NESTE CASO EN LITUANIA, EN RELACIÓN CO PROGRAMA STEM, POLOS CREATIVOS, ROBÓTICA...PROGRAMAS NO QUE ESTÁ INMERSO O NOSO CENTRO. TEDES MÁIS INFORMACIÓN NESTE ENLACE

https://www.instagram.com/p/C5y816GqeD4/?igsh=NGgxcTczZnY3MDQ4&img_index=1

 

Diseño de maria

Distribuir contido