6º curso EI

CORRESPONSABILIDADE

ESTA SEMANA REMATAMOS O TALLER DE CORRESPONSABILIDADE,NESTA PRESENTACIÓN TEDES UN PEQUENO RESUMO DE TODO O QUE FIXEMOS LIMOS CONTOS,ANALIZAMOS AS CORES,OS XOGUETES...E CHEGAMOS Á CONCLUSIÓN DE QUE NON HAI COUSAS DE NENOS E NENAS SON DE TODOS E TODAS.LIMOS O CONTO "MARUXA" E FIXEMOS PAN,REPARTIMOS TAREFAS E COMPROBAMOS QUE SE COMPARTIMOS O TRABALLO AS COUSAS FANSE MÁIS AXIÑA E FIXEMOS UN MURAL RESUMO DE TODO O QUE APRENDIMOS.

DAMOS UN ABRAZO Á PAZ

O DÍA 21 DE XANEIRO FOI O DÍA DO ABRAZO E O FESTEXAMOS CUN CONTO FOI FERMOSO "EL ABRAZO" QUE LIMOS NA BIBLIOTECA DE NICOLEO. ESTE CONTO FOI O PUNTO DE PARTIDA PARA CELEBRAR O DÍA DA PAZ,ONDE COLOREAMOS UNHA TARXETA ONDE LLE ENVIAMOS AOS NOSOS COMPAÑEIROS/AS UNHA APERTA DE.... OSO,CHOCOLATE,DE AMOR,BESOS...QUE METIMOS NA CAIXA DOS ABRAZOS,QUE DECORAMOS TODOS OS NENOS E NENAS DO COLE.CON TODAS AS TARXETAS DAS APERTAS FIXEMOS UN FERMOSO MURAL QUE XA DECORA O NOSO CENTRO.

VISITA DA FAMILIA DE HELENA

COMEZAMOS A ACTIVIDADE DAS FAMILIAS COA VISITA DA FAMILIA DE HELENA.ANABEL TROUXONOS UNHAS PEDRAS PARA DECORALAS COMO MÁIS NOS GUSTARA CON ROTUS DE CORES ATA LLE PEGAMOS UN POMPÓN E NOS QUEDARON CHULÍSIMAS.PASAMOS UN RATIÑO MOI AGRADABLE COA A NAI DE HELENA.MOITAS GRAZAS POR VIR O PASAMOS XENIAL.UNHA APERTA DOS NENOS E NENAS DA CLASE DE 5 ANOS.

Diseño de maria

SEMANA CHEA DE ACTIVIDADES

ESTA SEMANA TRABALLAMOS UN MONTÓN ALGUNHAS ACTIVIDADES AÍNDA NON AS REMATAMOS EN BREVE TEREDES NOVAS DELAS.DURANTE A SEMANA FIXEMOS SUMAS,BUSCAMOS AS  PALABRAS QUE ESTABAN AGOCHADAS,COMEZAMOS CO PROGRAMA DE FROITA E LEITE FRESCA  E TIVEMOS A SEGUNDA SESIÓN DO TALLER DE CORESPONSABILIDADE, CON RAQUEL, COA LECTURA DO CONTO "MARUXA" E A ELABORACIÓN DE PAN.

Diseño de maria

ANIVERSARIIO DE NADAL

O MES DE DECEMBRO CELEBRAMOS O ANIVERSARIO DE ANTIA,XA TEMOS TODOS 5 ANOS AGORA XA SÍ SOMOS A CLASE DE 5.POIS COMO VOS PODEDES IMAXINAR NON FALTOU DE NADA COROA,CANCIÓN,BISCOITO,AGASALLOS...QUE MÁIS SE PODE DICIR.MOITOS PARABENS ANTIA,UNHA APERTA MOI GRANDE,BICOS DE CHOCOLATE!!!

TALLER DE CORRESPONSABILIDADE

ESTE MÉRCORES COMEZAMOS O TALLER DE CORRESPONSABILIDADE UNHA ACTIVIDADE OFERTADA POLO CONCELLO DE NARÓN. O QUE QUEREMOS E QUE OS NENOS DE INFANTIL APRENDAN QUE OS CORES,XOGUETES,AS TAREFAS DA CASA,OS OFICIOS...NON TEÑEN SEXO NON SON DE NENOS E NENAS SON DE TODOS E TODAS QUE CALQUERA PODE XOGAR CUNHA BONECA OU CUN COCHE E QUE NOS RESPECTEMOS TODOS E TODAS.PARECENOS MOI IMPORTANTE TRATAR ESTES TEMAS DENDE IDADES TEMPERÁS.CONTINUAREMOS TRABALLANDO CON RAQUEL, A NOSA MONITORA,DURANTE TRES SESIÓNS MÁIS.

VOLTAMOS!!!

VOLTAMOS CON MÁIS FORZA QUE NUNCA,CON MOITOS AGASALLOS QUE NOS DEIXOU PAPA NOEL E OS REIS MAGOS.TAMÉN TEMOS RINCÓNS NOVOS UN DE EXPERIMENTACIÓN ONDE MEDIMOS,TRASVASAMOS LÍQUIDOS COMPARAMOS ONDE HAI MÁIS AUGA,ONDE MENOS, A MESA DE LUZ CON NOVOS MATERIAIS;CREAMOS,CONSTRUIMOS...TRABALLAMOS EN COOPERATIVO FACENDO SUDOKUS...E TEMOS UNHAS CUANTAS TOMAS FALSAS MOI DIVERTIDAS. COMEZAMOS UN NOVO TRIMESTRE CON MOITA ILUSIÓN!!

POLO NADAL

POLO NADAL FIXEMOS UN MONTÓN DE ACTIVIDADES LIMOS A CARTA QUE NOS NOS ESCRIBIRON AS FAMILIAS,CREAMOS A NOSA PROPIA POSTAL DE NADAL QUE ENVIAMOS AS NOSAS CASAS,CORRIMOS NA CARREIRA SOLIDARIA ONDE PARTICIPARON TAMÉN AS NOSAS  FAMILIAS ,DECORAMOS A AULA,ELABORAMOS O NOSO ADORNO NAVIDEÑO,DESPEDIMOS O ANO MOI ELEGANTES E POR TODO O ALTO CON CAMPANADAS,CANCIÓNS,CHOCOLATE CON CHURROS,DISFRUTAMOS TODO O COLE DUNHA MAÑÁ DE CINE,DECORAMOS AS NOSAS CARPETAS,FIXEMOS ACRÓSTICOS...COMO PODEDES VER NON PARAMOS DURANTE TODO O MES,FOI TODA UNHA AVENTURA.O NOSO DESEXO PARA ESTE 2023 É QUE ESTE ANO VEÑA CARGADO DE SAÚDE E FELICIDADE PARA TODOS!!

CHEGOU O NADAL

CHEGOU O NADAL A PONTE DE XUVIA E LEVAMOS UNS DÍAS CUNHA ACTIVIDADE MOI INTESA.O DÍA  1 CHEGOU AO COLE UNS ELFOS MOI TRAPALLEIROS QUE NON PARAN DE FACER TRASTADAS PERO O ESTAMOS A PASAR XENIAL COS SEUS ENCARGOS.TAMÉN TEMOS O NOSO PERSOAL CALENDARIO DE ADVENTO UNHAS FERMOSAS CARTAS QUE NOS ESCRIBIRON OS NOSOS PAPIS E XA COMEZAMOS A LER E PARA REMATAR A SEMANA XA COMENZAMOS A NOSA POSTAL DE NADAL....E MOITAS ACTIVIDADES MÁIS QUE VEREDES NOS  VINDEIROS DÍAS.

CARTAS DE ADVENTO de maria

MUIÑO DE PEDROSO

O VENRES FOMOS DE EXCURSIÓN AO MUIÑO DE PEDROSO E QUE BEN O PASAMOS.FIXEMOS DOUS OBRADOIROS UN DE PAN E OUTRO DE QUEIXO FRESCO.NA AULA FALAMOS DE CALES PODÍAN SER OS INGREDIENTES PARA FACER O PAN E O QUEIXO.NAS DÚAS RECEITAS PUXEMOS UNS CUANTOS INGREDIENTES DE MÁIS PERO XA SABEMOS QUE A PARTIR DO ERRO SEMPRE APRENDEMOS.TAMÉN TIVEMOS UN TEMPO PARA MERENDAR E DISFRUTAR DO RECREO COS COMPIS DE 4 ANOS. FIXO UN TEMPO MARABILLOSO E DISFRUTAMOS DUNHA XORNADA XENIAL.

IMOS DE EXCURSIÓN AO MUIÑO DE PEDROSO de maria

Distribuir contido