blogue devrbasoa
PRIMEIRA EXCURSIÓN
Enviado por vrbasoa o Lun, 12/10/2015 - 10:59O VENRES DESPOIS DE MERENDAR E IR A VISITAR A NICOLEO, FIXEMOS A NOSA PRIMERIRA EXCURSIÓN...
DEIXAMOS TODO LISTO NA CLASE, MOCHILAS E ABRIGOS NAS SILLAS, PUXÉMONOS AS GORRAS E FIXEMOS UNHA FILA. SAÍMOS POLO PATIO E ALGÚN XA SE DESPISTABA E QUERÍA QUEDAR A XOGAR...
NA PRAZA DO COLEXIO COLLIMOS FOLLAS PARA FACER UN TRABALLO SORPRESA ESTA SEMANA, SUBIMOS UN POUCO MÁIS E RECOLLIMOS OUTRAS POUCAS FOLLAS NO CAMPO QUE ESTÁ POR RIBA DA PISTA.
POR ÚLTIMO XOGAMOS UN POUCO DENTRO DA PISTA COA PORTA PECHADA ESO SÍ...
SOUBONOS A POUCO, ALGÚN E ALGUNHA DESPOIS DE FACER TODO ISTO AÍNDA PREGUNTABA CANDO VIÑA O AUTOBÚS... NON VOS PREOCUPEDES, EN BREVES, FAREMOS UNHA EXCURSIÓN EN AUTOBÚS :)
O OUTONO
Enviado por vrbasoa o Lun, 12/10/2015 - 10:45ESTA SEMANA SEGUIMOS TRABALLANDO O OUTONO. PEGAMOS FOLLAS NAS XANELAS, AVANZAMOS NO MURAL, PINTANDO O TRONCO DA ÁRBORE, AS NUBES E A CHOIVA, DECIDIMOS ONDE ÍAN AS RAMAS DA ÁRBORE, PEGAMOS AS FOLLAS QUE DECORAMOS A SEMANA PASADA COA PROFE MARÍA, QUE SEMPRE ESTÁ CON NÓS E NOS AXUDA MOITÍSIMO!!!
SÓ NOS QUEDAN UNS ÚLTIMOS RETOQUES PARA PODER COLGAR O MURAL...
CANTAMOS A CANCIÓN DO OUTONO E APRENDEMOS UNHA POESÍA, ENCÁNTANOS CANTAR E MEMORIZAR COUSAS NOVAS!!!!
SEMANA INTENSA
Enviado por vrbasoa o Ven, 02/10/2015 - 22:00ESTA SEMANA FIXEMOS TANTAS COUSAS QUE TEMOS QUE FACER UN RESUMO... FOMOS POR PRIMEIRA VEZ AO XIMNASIO CON RAQUEL E MARÍA E FIXEMOS CIRCUITOS, XOGAMOS CON BALÓNS, SALTAMOS, CORREMOS... PURI, A TEACHER, ENSINOUNOS UNHAS CANCIÓNS EN INGLÉS E COMEZAMOS A TRABALLAR NO LIBRO.
PINTAMOS FOLLAS, COMEZAMOS UN MURAL E CANTAMOS A CANCIÓN DO OUTONO... VISITAMOS A NICOLEO, QUE NOS PRESTOU UN CONTO A CADA UN.
AVAZAMOS NO TRABALLO POR RECANTOS E ADEMAIS AS NENAS DE PRIMEIRO DE PRIMARIA VIÑERON A NOSA CLASE A REPRESENTAR UNHA OBRA DE TEATRO: "BLANCANIEVES Y LOS SIETE ENANITOS" MOITAS GRAZAS A CARLA, ALBA, DANIELA E LUCÍA.
AGORA TOCA DESCANSAR DE NOVO E COLLER FORZAS!!!
XA ESTAMOS TODOS XUNTOS
Enviado por vrbasoa o Sáb, 26/09/2015 - 09:07DENDE O XOVES XA ESTIVEMOS DE 9 A 14 NO COLE, E TIVEMOS TEMPO A FACER MOITAS COUSAS...
ENCAUTÓUNOS CELEBRAR O CUMPLE DE XAVI, CANTÁMOSLLE, BAILAMOS, COMEMOS GUSANITOS E UNHA TARTA MOI RICA, GRACIAS A VERO E FRAN OS PAPÁS DE XAVI POR COMPARTILA CON NÓS. XAVI SOPLOU AS VELAS, DECOROU UNHA COROA, E FIXO O SEU CUADRO DE ANIVERSARIO.
A PROFE PURI CANTOUNOS EN INGLÉS, CONTOUNOS UN CONTO E PRESENTOUNOS A TOMY, TINA AND POLLY, FIXEMOS A NOSA PRIMEIRA OBRA DE ARTE CON PINCEIS, MERENDAMOS TODOS XUNTOS, COMPARTIMOS PATIO COS MAIORES... AÍNDA QUE A PRIMEIRA XORNADA SE NOS FIXO UN POUCO LONGA, XA ESTAMOS ADAPTADOS....
O VENRES CANTAMOS A CANCIÓN DO OUTONO E RECOLLIMOS FOLLAS E OURIZOS NO PATIO DOS NENOS E NENAS DE PRIMARIA!!!!
AGORA A COLLER FORZAS NA FIN DE SEMANA, QUE A PRÓXIMA SEMANA SERÁ UN POUCO MÁIS LONGA...
OS PRIMEIROS DÍAS
Enviado por vrbasoa o Dom, 20/09/2015 - 21:01XA LEVAMOS UNS DÍAS NO COLE E AQUÍ VOS DEIXAMOS O BEN QUE O PASAMOS. PRIMEIRO NOS COÑECEMOS UNS POUQUIÑOS PARA IR SUMANDO AMIGOS E AMIGAS NO COLE. TODAS AS PROFES QUE VAN TRABALLAR COS NENOS E NENAS DE 3 ANOS PASARON XA POLA AULA A COÑECELOS E AXUDAR UN POUCO A MARÍA E VERO.
VISITAMOS A BIBLIOTECA E COÑECEMOS A NICOLEO, FOMOS O XIMNASIO, CANTAMOS, BAILAMOS, XOGAMOS NO PATIO, E NO CUBERTO, PERO O MÁIS IMPORTANTE É QUE VIMOS MOI LEDOS Á ESCOLA.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 27
- 28
- 29
- 30
- 31
- 32
- 33
- 34
- 35