Radio Ponte

Turkish Friends Interview

O pasado día 12 de decembro recibimos unha visita dun grupo de mestres de Turquía interesados en aprender sobre como traballamos a educación viaria no cole. Despois de facer un percorrido polo cole e unha volta en bici polo paseo e visitar os muíños, fixeron parada obrigada na nosa radio; en nós, facendo honor ao noso nombre fixemos unha entrevista en tres linguas, galego, inglés e turco. Nela aprenderedes cousas sobre Turquïa, como funcionan os coles alí, e como traballan eles a educación viaria. Esperamos que vos guste. Grazas amigos e amigas de Turquía. Volvede axiña!!!

In English Please: " Nithin"

Os alumnos de sexto pasan uns minutos co noso auxiliar de conversa de este ano que ven dende a India, o seu nome é Nithin.

A Sandía Feliz

Os alumnos de primeiro de primaria comezan a súa andadura radiofónica neste fresco e doce programa, onde falarán de moitísimas cousas pero por riba de todo , falarán en galego. Estes pequenos locutores e locutoras garanten unha cousa: o entretemento está asegurado!!!

 

Últimos episodios de PonteMúsica e despedida

Aquí traémosvos os últimos episodios de PonteMúsica: Uns programas sobre agrupacións instrumentais realizados polos alumnos de 5º, uns programas sobre cousas relacionadas có sentido do oido feitos polos alumnos de 6º e, tamén, estes últimos, adapataron e musicaron varios contos clásicos. Por último tedes un especial programa onde poderedes escoitar ao alumnado tocando e cantando diversas cancións. Tedes Radio Ponte para escoitar todo o verán!!!

Episodio 2: Feira de Educación Vial

Os alumnos de cuarto queren que lembremos aspectos e normas de seguridade moi importantes sobre circulación a pé, en patinete ou bici. Todo este curso estiveron aprendendo sobre isto na asignatura de educación vial, e veñen contárnolo cun estilo moi creativo, esperamos que vos guste e que sexa de utilidade.

Feira de Proxectos 2023

Nesta ocasión Radio Ponte lanzouse facer un semidirecto da nosa feira de proxectos 2022 2023, recabando impresións dos protagonistas. Grazas aos que viñestes, e aos que non puidestes vir, seguro que con este episodio podedes facervos unha pequena idea do que pasou con cole esta mañá. Esperamos que vos guste.

Hoxe Chove (Homenaxe a Euloxio)

Este é o episodio máis triste que fixemos en Radio Ponte. O noso mestre o noso compañeiro , o noso querido Euloxio marchou para sempre. O seu recordo seguirá vivo nos nosos corazóns, e quixemos agradecerllo facendo este pequeno homenaxe. Vai por ti Euloxio!!!

pandilla Lacasitos: Últimos Episodios e Despedida

Nesta ocasión a Pandilla Lacasitos elabora diferentes episodios de forma libre e non dirixida. Eles mesmos decidirán de que van falar, que queren contar, e buscarán a información en libros e internet. Ademáis terán que escribir o guión nun folio en branco e dar estrutura e forma ao contido. Así, poñerán en práctica o aprendido neste curso radiofónico. Esperamos que vos guste escoitalo tanto coma a nós facelo.

Por outra banda tamén traemos o  último programa da Pandilla Lacasitos desta tempada. Nel todos "os lacasitos" van pasando polos micros para contar que foi o que máis lles gustou do curso, e para despedirse persoalmente dos nosos oíntes. Grazas a todos por coseguir que a "Pandilla Lacasitos" chegara áta aquí. O ano que ven tentaremos volver con máis cousas. Unha aperta!!!

A Voz de Terceiro: Últimos Episodios.

Os alulmnos da Voz de Terceiro estivemos vendo e comentando a peli de "Wonder". Unha estupenda peli na cal se tratan temas de moito interese. Cada equipo quixo dar voz a algún dos temas que a película tratou. Esperamos que vos guste e aprendades algo novo. Por outra banda tamén os alumnos de relixión quixeron contarnos un conto relacionado coa tradición dos óvos de Pascua. Esperamos que tamén vos guste.

Distribuir contido