blogue decarmenvazquez

CONTACONTOS

ESTA SEMANA TIVEMOS A SORTE DE CONTAR COS PAIS DE AINHOA E A NAI DE JULIO,QUE NOS CONTARON UNS DIVERTIDÍSIMOS E EMOTIVOS CONTOS,DISFRUTAMOS COS BAILES DA XIRAFA,CO RAPOSO RUFO...PERO QUE BEN O PASAMOS. DESPOIS QUEDARON UN RATIÑO CON NÓS E DISFRUTARON DE BAILES,CANCIÓNS E ATA CRIS ,A NAI DE JULIO ,AXUDOUNOS A PLANTAR. MOITAS                                               

GRAZAS POLA VOSA VISITA!!!

contacontos familias de ainhoa e julio de maria

ERASMUS+,LITUANIA

O NOSO CENTRO PARTICIPOU NO PROGRAMA DE MOBILIDADE,ERASMUS+. ESTE PROGRAMA DE FORMACIÓN DO PROFESORADO CONTOU COA PARTICIPACIÓN DA NOSA COMPAÑEIRA PURI ONDE PUIDO VER OUTRAS EXPERIENCIAS DOUTROS COLES, NESTE CASO EN LITUANIA, EN RELACIÓN CO PROGRAMA STEM, POLOS CREATIVOS, ROBÓTICA...PROGRAMAS NO QUE ESTÁ INMERSO O NOSO CENTRO. TEDES MÁIS INFORMACIÓN NESTE ENLACE

https://www.instagram.com/p/C5y816GqeD4/?igsh=NGgxcTczZnY3MDQ4&img_index=1

 

Diseño de maria

REDUCIR,REUTILIZAR E RECICLAR

AQUÍ ESTÁ O NOSO VIDEOCLIP DA CANCIÓN "REDUCIR,REUTILIZAR E RECICLAR",O ROCK CORRE POLAS NOSAS VEAS.

reducir,reutilizar e reciclar de maria

INTERCENTROS

O CERTAME DE INTERCENTROS DO CONCELLO DE NARÓN ESTANOS A FACER PASAR UNHAS XORNADAS DE MOITO TRABALLO PERO TAMÉN MOI DIVERTIDAS. ELABORAMOS UN MURAL RELACIONADO CO NOSO PROXECTO DE CENTRO "AS SETE BELAS ARTES DO MUNDO" DEIXÁMOSVOS UNHAS PISTAS DE COMO SERÁ O NOSO MURAL.NA PRESENTACIÓN TEDES UN PEQUENO RESUMO DE COMO CREAMOS O NOSO VIDEOCLIP PERO QUE BEN O PASAMOS.ESPERAMOS QUE VOS GUSTE POIS O PASAMOS XENIAL!!!.

xoxo de maria

A MOCHILA VIAXEIRA CHEGA AO SEU FIN

A MOCHILA VIAXEIRA XA VISITOU TODAS AS CASAS E REMATOU A SUA VIAXE NAS CASAS DE FERNANDO E LIA.AGORA TOCA DISFRUTAR DE OUTRAS AVENTURAS  E PROPOSTAS DE NICOLEO!.

MOCHILA de maria

VISITA DE PEPABLO AOS NENOS DE INFANTIL E PRIMARIA

PEPABLO AUTOR DO LIBRO "LÚA" VISITOU O NOSO CENTRO PARA FACERNOS PASAR UNHA MAÑÁ MOI DIVERTIDA CONTANDO HISTORIAS RELACIONADAS COA SUA OBRA.DISFRUTAMOS MOITO DA SUA VISITA.AQUÍ TEDES UNHA PEQUENA PRESENTACIÓN DA ACTIVIDADE.

PEPABLO de maria

RESOLUCIÓN DEFINITIVA DE BECAS DE NECESIDADES DE APOIO EDUCATIVO(NEAE)

Resolución definitiva da convocatoria de NEAE 2023/24 para que os alumnos/as poidan presentar recurso de reposición

No arquivo adxunto remitimos modelo de impreso recurso de reposición.

 

MODO DE PRESENTACIÓN

 

Imprima os documentos, cúbraos e xunto con toda a documentación que considere necesaria ou que lle requiren presenteos a través de:

 

Xeito presencial:

  • REXISTROS DA ADMINISTRACIÓN DO ESTADO

  • REXISTROS DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

  • REXISTROS DO CONCELLO E DA DEPUTACIÓN

  • CORREO POSTAL (ORDINARIO E CERTIFICADO)

 

Xeito telemático:

 

DESTINATARIO:

 

CONSELLERIA DE CULTURA, EDUCACION, FP E UNIVERSIDADE

XEFATURA TERRITORIAL DA CORUÑA

SERVIZO DE APOIO AOS SERVIZOS EDUCATIVOS.SECCION DE BOLSAS

Rúa Vicente Ferrer, 2

15071 A CORUÑA

PARA CALQUERA DÚBIDA QUE LLE XURDA, COMUNICAMOSLLE QUE O NOSO HORARIO DE ATENCION AO PÚBLICO E DE 9 a 14 HORAS E DE LUNS A VENRES, A TRAVES DE:

 

Correo Electrónico

  • bolsas.ed.co@xunta.gal

Teléfonos

  • Os que figuran ao pé deste correo

  • 981 184 741/ 981 184 742/ 981 185 725 / 881 881 647

CONTACONTOS FAMILIAS

COMEZAMOS ESTA SEMANA COA PROPOSTA "CONTACONTOS EN FAMILIA" E EMPEZAMOS COA FAMILIA DE ADRIANA LOUREIRO;JOSE LUIS, MARIA E VALENTINA CONTÁRONNOS O CONTO "UN OSO ES UN OSO O PUEDE QUE NO".PASAMOS UN RATIÑO MOI AGRADABLE NA CLASE DE 3 ANOS EN FAMILIA. MOITAS GRAZAS POLA VISITA O PASAMOS XENIAL,ESPERO QUE O PASÁRADES TAN BEN COMA NOS.

CONTACONTOS FAMILIA de maria

ACTIVIDADES DA SEMANA

ESTA SEMANA REMATAMOS O NOSO LIBRO DE OLA CHÁMOME! E XA PODEMOS DISFRUTAR NA NOSA CASA DO VISIONADO DO LIBRO E COÑECER UN POUCO MÁIS AOS NOSOS COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS. DISFRUTAMOS DE TODAS AS COUSAS QUE NOS CONTOU FERNANDO SOBRE O SEU XOGO FAVORITO, A COMIDA QUE MÁIS LLE GUSTA ATA A QUE LLE GUSTA XOGAR...XA NOS COÑECEMOS MÁIS E TODOS E TODAS XUNTOS FACEMOS UN GRAN EQUIPO.A MOCHILA VIAXEIRA NON PARA DE VIAXAR PERO XA CASE REMATOU A SUA VIAXE, ESTAS ÚLTIMAS SEMANAS VIAXOU A CASA DE ADRIANA RODRIGUEZ E NA CASA DE ALEJANDRO E NA AXENDA NOS CONTARON O BEN QUE O PASARON CON TODAS AS PROPOSTAS DE NICOLEO.AGORA A MOCHILA XA ESTÁ NA CASA DE OUTRO COMPI PARA QUE POIDA DISFRUTAR DESTA GRAN AVENTURA.

ACTIVIDADES DA SEMANA de maria

ANIVERSARIO MARA

O VENRES FESTEXAMOS O ANIVERSARIO DE MARA QUE XA TEN 4 ANOS.A CELEBRACIÓN FOI FESTEXADA POR TODO O ALTO NON FALTOU DETALLE... UN RICO BISCOITO,BAILE,CANCIÓNS E ATA UN AGASALLO, UN LIBRO CUN DEBUXO FEITO POR CADA UN DE NÓS. PARABÉNS MARA,ESPERO QUE PASARAS UN FELIZ DÍA!!.

FELIZ ANIVERSARIO de maria

Distribuir contido