blogue decarmenvazquez

OS REIS MAGOS E PAPA NOEL PASARON POLA CLASE DE 3 ANOS

OS REIS MAGOS E PAPA NOEL PASARON POLA CLASE DE 3 ANOS E DEIXARON UN XOGO DE CONSTRUCCIÓN,UN TALLER DE FERRAMENTAS E UN XOGO MAGNÉTICO,QUE BEN NOS PORTAMOS POR ISO NOS DEIXARON TANTOS AGASALLOS!!!.

 

 

JORGE PROTAGONISTA DA SEMANA

A SEMANA PASADA TIVEMOS DE PROTAGONISTA A O NOSO COMPI JORGE E XA COÑECEMOS UN MONTÓN DE COUSAS SOBRE ÉL.ENCÁNTALLE AS GALLETAS DE DINOSAURIOS PERO COA CHEGADA DO NADAL NON PAROU DE COMER TURRÓN DE CHOCOLATE É MOI LARPEIRO.GÚSTALLE TODAS AS CORES E AO QUE MÁIS LLE GUSTA XOGAR SON OS COCHES MOLONES E UNHA MOREA DE COUSAS MÁIS QUE NOS CONTOU....MOITAS GRAZAS FAMILIA POLA VOLA COLABORACIÓN.UNHA APERTA DOS NENOS E NENAS DE 3 ANOS. 

ERASMUS DECEMBRO 2020

Erasmus Decembro 2020

O día 16 e 17 de decembro participamos nas Olimpiadas de Educación Vial do Concello de Narón. En total foron 8 centros de Primaria os que competiamos. A clase que participou nas Olimpiadas foi a clase de 6º de EP.

 O día 16 fixemos a proba práctica, Sonia veu a examinar a un neno e unha nena nun circuito de habilidades na bici. Os nosos representantes foron Alba e Nuno elexidos na clase de Educación Física. O importante non era a rapidez senon a pericia na bicicleta, tiñan que facer zigzag, rotonda, camiño estreito, coller unha botella nunha mesa e poñela en outra sen tirala, e frear para tirar unha barra e deixar outra sen tirar.  Temos que dicir que Sonia nos comunicou que gañamos a proba do circuito na bicicleta.   Hip , hip  , hurrrraaaaa!!!!!!

O día 17 fixemos a proba de coñecementos, as preguntas versaban sobre 4 temas, Educación Vial, Patrimonio de Narón, o Parque de Tormentas e Inglés.  Pedro e Sonia fixeron o test online e todos os colexios participábamos á vez. Tiñamos como representantes da aula de 6º a 3 nenas e 3 nenos : Alba, Carla, Inés, Germán, Martín e Samuel.

Ao final da mañá comunicaron quen fora o gañador das Olimpiadas Viales. O ganador foi o CEIP da Gándara e o noso Centro o CEIP Ponte de Xuvia quedamos en 2ª posición. Hip, Hip…..Hurra!!!

O noso agasallo foi un vale para o Centro para desfrutar durante un ano dunha bici de aluguer do Concello. A partir do ano que vén, calquera membro da comunidade educativa poderá desfrutar da bicicleta, só terá que deixar os seus datos ao director do centro e dicir cantas horas quere dispoñer da bici. 

O outro agasallo foi un “Dron”.

Por último queremos resaltar o feito de que outro ano máis durante as dúas últimas semanas de decembro os nenos e nenas viñero ao centro cos patinetes ou bicis tuneadas de nadal. Todos os nenos e nenas que participaron recibiron como agasallo, unha gorra de policía local e participaron nun sorteo de vales de compras nos comercios locais.

Aquí vos deixamos fotos das Olimpiadas de Educación Vial e dos patinetes tuneados.

Bo Nadal e Feliz Ano 2021!!!!

 

  

NADAL 2020

Nadal no Ponte de Xuvia

Chegou decembro, e coma sempre desde Dinamización Lingüística, fixemos concurso de Postais de Nadal, este ano, quixemos cambiar as regras e todos os nenos e nenas recibiron un agasallo por aula.

»

BO NADAL

ESTE TRIMESTRE XA REMATOU QUE PRONTO PASOU O TEMPO!!!

DELICIOSO CHOCOLATE CON CHURROS

E PARA REMATAR O TRIMESTRE UN DELICIOSO CHOCOLATE CON CHURROS PARA ENDULZAR O PADAL NON SABEDES COMO NOS GUSTOU ESTABA DELICIUSSS ESO SÍ DESPOIS DE MERENDAR NON PARAMOS DE BAILAR NOS ENLACES TEDES A NOSA ESPECIAL ORQUESTRA.

https://www.edu.xunta.gal/centros/ceippontedexubia/aulavirtual/mod/folder/view.php?id=4219

https://www.edu.xunta.gal/centros/ceippontedexubia/aulavirtual/mod/folder/view.php?id=4220

CARTAS DAS FAMILIAS

FAMILIAS NON SABEDES CANTO DISFRUTAMOS DA ACTIVIDADE DAS CARTAS QUE ESCRIBICHEDES AOS VOSOS FILLOS E FILLAS ENCANTÁRONNOS ESAS PALABRAS DE AMOR,CARIÑO E OS NENOS E NENAS DA CLASE DE 3 ANOS QUEREMOS DARVOS AS GRAZAS POR PARTICIPAR CON ESTAS CARTAS TAN FERMOSAS SODES UN PILAR MOI IMPORTANTE PARA NÓS.

MIL BICOS PAPIS E MAMIS.

»

FESTA DE NADAL

O NADAL É UNHA ÉPOCA MOI ESPECIAL PARA TODOS OS NENOS E NENAS E NON QUERIAMOS QUE ESTA PANDEMIA ROMPERA A MAXIA DO MOMENTO.DENDE HAI MOITOS ANOS CADA DECEMBRO FESTEXABAMOS ESTE DÍA CUN FERMOSO FESTIVAL ONDE PARTICIPABA TODO O ALUMNADO CANTANDO,BAILANDO,RECITANDO...PERO ESTE ANOS CADA CURSO DENDE A SÚA AULA PUXO O SEU GRAN DE AREA E CANTOU UNHA BONITA CANCIÓN"TODOS SOMOS CAPITANS" DE MAGIN BLANCO PARA DESEXARVOS A TODAS AS FAMILIAS "BO NADAL",NO SEGUINTE ENLACE PODEDES V

PARABENS ANTIA

AGORA SÍ QUE SOMOS A CLASE DE 3 ANOS POIS TODOS OS NENOS E NENAS XA TEÑEN 3 ANIÑOS.PARA CERRAR O ANO DE ANIVERSARIOS TOCOULLE ESTE VENRES A NOSA COMPI ANTIA E PARA FESTEXALO TIVEMOS MÚSICA,TORTA DE CHOCOLATE,COROA,OS SEUS COMPIS CANTÁRONLLE "CUMPLEAÑOS FELIZ" E ENTRE TODOS PASAMOS XUNTOS UNHA MAÑÁ MOI FESTEIRA.

PARABENS ANTÍA,MOITOS BICOS DE CHOCOLATE.

»

O APALPADOR

HOXE TIVEMOS UNHA OBRA DE MONICREQUES NO COLE,XA QUE NON PODEMOS IR AO TEATRO O SERVIZO DE NORMALIZACIÓN LINGUÍSTICA DO CONCELLO DE NARÓN QUÍXONOLO ACERCAR ATA COLE E A TRAVÉS DUN ENLACE POIDEMOS DISFRUTAR DUNHA SESIÓN DE TEATRO SEN MOVERNOS DA AULA.O TÍTULO DA OBRA FOI "O APALPADOR E A NENA SEN MEDO"DA COMPAÑÍA A XANELA DO MAXIN.ESTE VENRES FOI MOI ATAREFADO ENTRE A ACTIVIDADE DE NADAL,O TEATRO E O ANIVERSARIO DE ANTÍA COMO VEDES NON PARAMOOOOSSSS.