5º curso

Stop vespa velutina

Xa comeza a primavera e, dende oconcello, nos propuxeron unha actividade para coñecer mellor o impacto da vespa velutina na nosa contorna e como podemos axudar a que nos perxudiquen o menos posible.

Para isto recibimos a visita de dous expertos na materia que, ademais de contarnos unha morea de cousiñas, nos amosaron como facer unha trampa para estes animais e así axudar a diminuir o seu impacto noutras especies coma a abella tan importantes para os nosos ecosistemas.

Premendo na imaxe podedes ver un pequeno vídeo con imaxes desta actovodade.

Olimpiadas de educación vial - Concurso no pazo da cultura

E por fin chegaron as tan ansiadas olimpiadas!!! Con moita ilusión e ledicia nos fomos ata o pazo da cultura acompañados dos compis de 61 de primaria que foron ao pazo a representar o seu grande éxito "Rap da educación vial", canción gañadora do concurso proposto polo equipo de educación vial do concello.

Despois de moito estudar e preparar os temas do concurso, chegamos ao pazo da cultura nerviosos e emocionados, tanto os concursantes como a xente que iamos animar: alumnado, profes e familias estabamos desexando ver o concurso e preparaos carteis para animar ao noso equipo: OS CORVOS DE XUVIA!!

O resultado foi que GAÑAMOOOOOS!! Fixemos un excelente traballo e estivemos todo o tempo no 1º posto. Mais, como tamén se ten en conta a proba da bicicleta e, ademais, o seguinte equipo estaba a moi pouquiños puntos de nós, resultou que quedamos SEGUNDOS no concurso!! Posto ben merecido e que fixo que nos levasemos a casa unhas entradas para o cine, unha excursión ao CIS (Centro de Innovación e Servizos da Tecnoloxía e o Deseño) de Ferrol e, sobre todo, un día inesquecible para todos nós.

Premendo na imaxe podedes ver un vídeo desta marabillosa actividade.

Olimpiadas de educación vial - Circuíto en bicicleta

Dende o equipo de educación vial do concello, todos os anos se convida ao alumnado de 5º curso dos distintos centros de Narón a participar nas olimpiadas de educación vial. 

Esta actividade consiste en varias fases:

Na primeira fase recibimos a visita de varios expertos en educación vial, primeiros auxilios e medio ambiente para que nos dean charlas cos contidos que van entrar nas probas das olimpiadas. Con estes obradoiros aprendimos un montón ademais de divertirnos moito.

Despois ven a fase práctica. A primeira delas é un circuíto en bicicleta no que aprendemos a sortear obstáculos, tomar rotondas, coller obxectos cunha man, cambiar a marcha ou frear a tempo antes dun obstáculo.

Nesta entrada podedes ver un vídeo con este circuíto de bicicletas pertencentes ás olimpiadas.

A pesares da choiva o fixemos moi ben e disfrutamos moito con esta actividade.

Premendo na imaxe podedes ver un pequeno vídeo desta actividade.

    

Visita de Pere Tobaruela

Durante este trimestre estivemos a ler os libros do grande Pere Tobaruela, un escritor nacido en Cataluña pero que escribe en galego, o idioma da terra na que actualmente vive, dándonos un precioso exemplo da sorte que temos de ter esta lingua tan fermosa.

Estes libros foron "Cinco horas con Mauro" e "O asasinato da profesora de xeografía".

Foi unha xornada moi divertida e que, ademais, nos permite comprender mellor o mundo da literatura dentro do proxectod e belas artes.

Premendo na imaxe do libro podedes ver un pequeno vídeo desta actividade.

 

8 de marzo - Mulleres extraordinarias das belas artes

Este ano, para conmemorar o 8 de marzo, día da muller traballadora, estivemos a investigar sobre mulleres importantes no mundo das belas artes e fixemos un precioso mural con todas elas que é o que podedes ver na imaxe.

Nós estivemos investigando sobre mulleres importantes en Galiza e nos decidimos por investigar en profundidade a estas tres que foron as que nos pareceron máis relevantes:

SÉS, música galega moi influinte en Galiza.

SILVANA COUÑAGO SESTELO, bailarina e actriz galega.

DOCHA RIOBOÓ, escultora galega.

Ademais, colaboramos no programa de radio que se fixo para conmemorra esta data e que podedes escoitar premendo nesta ligazón.

Agardamos que vos guste!!

Festival do humor

Durante este curso estamos a levar a cabo un obradoiro de escritura creativa onde o alumnado dá renda solta á súa imaxinación e nos amosa verdadeiras dotes de creatividade á hora de escribir os seus propios textos.

Unha das actividades que fixemos foi un festival do humor onde nos tiñamos que converter en humoristas que contan os peores chistes malos da historia.

Foi unha mañá divertidísima e, a partires dese día, segue a ser un festival constante de humor na clase.

Premendo na imaxe podedes ver un vídeo destes humoristas tan divertidos.

 

Día de Rosalía

O día 23 de febreiro celebramos o día de Rosalía e, entre todo o cole, creamos un precioso mar de dornas para conmemorar esta data.

Por equipos creamos unhas preciosas barquiñas que colocamos nun mar elaborado polo alumnado de infantil.

Premendo na imaxe veredes unhas fotiños desta actividade. Agardamos que vos guste!!

Facemos teatro

Este ano estamos inmersos nun proxecto no que os xogos de mesa son os protagonistas das nosas aprendizaxes e, para traballar o teatro, utilizamos un xogo que se titula "Puro teatro". Nos dividimos en grupos e nos dan unhas indicacións sobre un obxecto que debe saír na obra, unha frase que debe saír na mesma e un lugar. Ademais, algúns dos actores e actrices terán unha dificultade que fará que a obra sexa máis divertida.

De xeito improvisado, cada equipo nos amosará unha divertida obra de teatro que debe seguir as indicacións que lles tocaron.

Premendo na imaxe veredes un pequeno vídeo das marabillosas obras que creamos. Agardamos vos divirtades tanto coma nós.

Entroido 2024

E por fin chegou a festa máis esperada de todo o ano. O ENTROIDO!!!

Esta ano sacamos a nosa faceta máis artística e todo o cole se disfrazou de belas artes. Na nosa clase decidimos ir do que máis nos gusta, a Música. Rapeiros e guitarristas amosaron as súas mellores galas para esta festa tan divertida.

Ademais, coma sempre, o noso esqueleto Manolo nos fixo unha serie de mandadiños moi divertidos e cos que o pasamos xenial!!

Premendo na imaxe podedes ver un vídeo desta festa.

Actuación do coro da escola

O noso profe de música, Marcos, leva todo o curso montando un coro no que algúns alumnos e alumnas do cole están a disfrutar moito coas cancións que alí aprenden. Pasan os luns no recreo moitas horas a ensaiar e nos ofreceron un precioso concerto no que o noso compi Martín amosounos as súas excelentes dotes de cantante.

Foi unha actividade moi divertida na que, ademais de disfrutar coa música, aprendimos de menús, ortografía ou poemas de Lorca entre outras cousas.

Premendo na imaxe podedes ver un vídeo desta actuación.

Distribuir contido