1º Ciclo
MÓVETE NA CASA DURANTE A CORENTENA: RECOMENDACIÓNS PARA 1º, 2º E 3º DE EDUCACIÓN PRIMARIA
Enviado por lauracabarcos o Lun, 23/03/2020 - 14:34Dende a área de Educación Física se vos fan unha serie de recomendacións para movernos este días de corentena. Neste apartado vos indicamos as recomendacións para 1º, 2º e 3º de primaria
NOVAS TAREFAS DE INGLÉS PARA O 1º CICLO DE EDUCACIÓN PRIMARIA
Enviado por lauracabarcos o Lun, 23/03/2020 - 14:21TAREFAS DE INGLÉS PARA O 1º CICLO DE PRIMARIA
Enviado por lauracabarcos o Xov, 19/03/2020 - 22:19Querid@s nais e pais dos nen@s do CEIP Ponte de Xuvia:
"Queremos Galego" de Pablo Díaz
Enviado por avotero2 o Mér, 05/04/2017 - 12:54Canción que 1º e 2º de Primaria van interpretar en Intercentros
2:32 minutes (5.81 MB)
Casa do mel
Enviado por Mª José J. Valbuena o Xov, 12/05/2016 - 16:44O pasado 31 de marzo os cursos de 1º e 2º de primaria fomos á "Casa do mel " en Goente. Alí aprendimos a facer candeas e a colorealas. Tamén nos ensinaron as colmeas coa abella raíña. Explicarónnos como é o proceso de filtrado do mel. Ao final tamén poidemos catar os diferentes tipos de mel.
Abaixo tedes todas as fotos.
Saída "Fundación Abanca"
Enviado por Mª José J. Valbuena o Mér, 16/12/2015 - 11:34O pasado 17 de novembro o 1º Ciclo de E.P. visitamos a exposición de debuxo de Isodoro Brocos na Fundación Abanca en Ferrol. Foi moi divertido.
Sesión de malabares e globoflexia
Para comezar a derradeira semana de curso viñeron dous amigos, Xampito e David, a facernos unha sesión de malabares a case todo o cole e un obradoiro de globoflexia para 1º e 2º.
Foi divertidísimo e levamos para casa uns globos ben chulos e unha experiencia inolvidable.
Moitas grazas, rapaces!! Volvede cando queirades...
Revista do 1º ciclo
Como resumo do 1º ciclo e para lembrar todo o que fixemos e o que máis nos gustou, convertímonos en xornalistas e fixemos esta estupenda revista.
Esperamos disfrutedes cos nosos proxectos o mesmo que nós mentres os faciamos.
Ademais aquí podedes ver tamén as portadas que fixemos para a revista. Non puideron estar todas pero mirade que ben nos quedaron!!
Excursión a Marcelle
De saída de fin de curso, os nenos e nenas do 1º ciclo fomos a Marcelle, un pequeno zoolóxico situado en Outeiro de Rei e no que aprendimos moitas cousas sobre os animais e, sobre todo, o pasamos moi ben!!!
Aquí podedes ver o que fixemos e algúns dos marabillosos animais que descubrimos. Se pinchades no logotipo de Marcelle da 1ª páxina podedes atopar información sobre Marcelle.
I AVENTURA DO SABER
Os días 5 e 6 de Xuño celebramos no cole a I AVENTURA DO SABER. As probas consistiron en respostar preguntas de Matemáticas, Coñecemento do Medio e Lingua. Tamén había que realizar probas físicas e finalmente falar un pouco en inglés. Foi agotador! Menos mal que ao final houbo copas de ouro para os gañadores e gañadoras e froita para repoñer forzas!