Animación á lectura

ANIMACIÓN Á LECTURA: "O LOBO RAMÓN"

O pasado 11 de Febreiro os nenos e nenas de 1º, 2º e 3º de Educación Primaria tiveron a oportunidade de realizar unha divertida actividade relacionada co libro de María Canosa: “O lobo Ramón”.

REGÁLANOS UN CONTO

Chegou o momento de compartir con vós este fermoso agasallo co que ALGUNHAS FAMILIAS E NEN@S converteranse nos vindeiros días en »

REGÁLANOS UN CONTO

Carta de Nicoleo polo Día do Libro

 

Ola nenos e nenas!

 

Como levades este tempiño na casa? Xa non queda nada para poder saír e vernos de novo. Mentres tanto estou seguro de que todos confiades na eficacia dos libros para poder viaxar, vivir aventuras, coñecer personaxes singulares e historias inesquecibles... A que si?

 

Pois estou desexando saber cales son eses libros marabillosos que vos acompañan na casa. Esta semana celebramos o Día do Libro. Como non podemos vernos e intercambiar lecturas, como sempre, fagamos algo que nos permita ver cal é o libro que limos xa mil veces, pero nos segue encantando, o libro que descubrimos estes días e queremos compartir, o libro que estamos desexando ler, pero non temos aínda a idade necesaria...

 

Collede ese libro e posade para unha foto con el. Esa foto ten que ser en horizontal e llela mandades á vosa titora ou titor e logo, cun pouco de maxia, farei algo bonito no que todos nos podamos ver amosando as nosas lecturas. Data límite de envío: venres 24

 

Quedade na casa e non deixedes de ler. Estádelo facendo moi ben.

 

Un bico.

 

Nicoleo

 

OS MAIORES TAMÉN LEMOS

 

Desde o Equipo de Biblioteca queremos promover esta actividade na que poden participar tos/as pais/nais:

TITÚLASE " OS MAIORES TAMÉN LEMOS"

 Na entrada do Edificio de Infantil, haberá un recuncho onde atoparedes libros de adultos que podedes intercambiar por outros. trátase de que todo aquel/a que queira participar poe deixar alí, algún libro de lectura que xa non necesite e a cambio pode escoller outro do lote.

A actividade desenvolverase de luns avenres e levarase adiante durante todo o horario lectivo.

ANIMÁDEVOS

            UNHA APERTA

SEMANA DO MEDO

Celebramos a primeira Semana Do Medo con actuacións, elaboración de contos, lecturas...utilizando a biblioteca do centro.

A biblioteca converteuse nun lugar de encontroe de punto de partida para levar adiante dita actividade                                                                                                                                                                                                                                                                                                    

Distribuir contido