blogue decarmenvazquez
Enviado por carmenvazquez o Lun, 31/10/2022 - 01:08
NICOLEO ESTIVO MOI ATAREFADO COA REFORMA DA BIBLIOTECA PERO A VERDADE QUE A ESPERA MERECEU A PENA.ESTE MES DE OUTUBRO NICOLEO ABREU AS PORTAS DA SÚA CASA CUNHA MOREA DE NOVIDADES DECORACIÓN,XOGOS,NOVOS CONTOS...
Enviado por carmenvazquez o Lun, 31/10/2022 - 00:55
ESTA SEMANA CELEBRAMOS O SAMAÍN CON MERENDAS TERRORÍFAS,TALLER DE CABAZAS COA AXUDA DAS FAMILIAS E VIÑEMOS DISFRAZADOS TERRORÍFICOS.NON FALTABA NADA NESTE SAMAÍN DE MEDO.
Enviado por carmenvazquez o Dom, 30/10/2022 - 23:41
EN SETEMBRO E OUTUBRO FESTEXAMOS OS ANIVERSARIOS DE JULIA,ADAY,MARTÍN,HELENA,IKER,ESTELA E LAURA.OS NOSOS COMPIS XA TEÑEN 5 ANOS.NA NOSA FESTA NON FALTOU DE NADA; TORTA,CANCIÓNS,AGASALLOS...
Enviado por carmenvazquez o Dom, 30/10/2022 - 20:16
COMEZAMOS O CURSO,O NOSO DERRADEIRO ANO EN INFANTIL,QUE PRONTO PASOU O TEMPO.NESTA PRESENTACIÓN TEDES UN PEQUENO RESUMO DE ALGUNHAS DAS ACTIVIDADES QUE FIXEMOS DENDE O SETEMBRO.XOGAMOS UN MONTÓN NO PARQUE,NOS RINCÓNS...DEBUXAMOS,PINTAMOS,DECORAMOS,FIXEMOS UN TRIPTICO DE TODAS AS COUSAS QUE FIXEMOS DURANTE O VERÁN.EN LECTOESCRITURA AVANZAMOS NO NOSO NOME E NA DOS COMPAÑEIROS,ESCRIBIMOS A PALABRA PROTAGONISTA,XOGAMOS A ESCRIBIR PALABRAS,COA RULETA PALABRAS QUE COMEZAN POR ESA LETRA....oS SUPERHEROES FIXEMOS O NOSO SUPERHEROE,DECORAMOS CASILLEIR
Enviado por carmenvazquez o Dom, 27/03/2022 - 22:05
DURANTE A SEMANA ESTIVEMOS TRABALLANDO UN MONTÓN CONTINUAMOS CO NOSO PROXECTO DA PREHISTORIA,BAILANDO,BUSCANDO OBXECTOS POLA CLASE QUE TIVERAN FORMA DE CIRCULO,CUADRADA...,XOGAMOS NOS RINCÓNS,A XOGOS EN REDE,CONTAMOS CONTOS,RELACIONAMOS CANTIDADE CO NÚMERO QUE O REPRESENTA....
Enviado por carmenvazquez o Dom, 27/03/2022 - 21:45
CON ESTE TEMPO TAN PRIMAVERAL NON POIDEMOS DEIXAR DE FACER UNHA MERENDOLA NO PARQUE E DISFRUTAR DUN RATIÑO DE XOGO,QUE BEN O PASAMOS.QUE SORTE TEMOS DE TER ESTA PAISAXE TAN FERMOSA E NON QUEREMOS DEIXAR DE APROVEITAR SEMPRE QUE AS CONDICIÓNS CLIMATOLÓXICAS O PERMITEN DISFRUTAR DUNHA MERENDOLA TODOS XUNTOS NESTE ESPAZO TAN ESPECIAL.
Enviado por carmenvazquez o Dom, 20/03/2022 - 23:22
A COMPRENSIÓN LECTORA É MOI IMPORTANTE XA QUE CANDO LEMOS É PRIMORDIAL ENTENDELO.A ACTIVIDADE CONSISTÍA EN QUE A MESTRA ÍA LENDO AS INDICACIÓNS DO TEXTO E INDIVIDUALMENTE EXECUTÁBAMOS O QUE O TEXTO NOS INDICABA.O FIXEMOS XENIAL SEGUIREMOS FACENDO ESTAS ACTIVIDADES CADA VEZ MÁIS COMPLEXAS.
Enviado por carmenvazquez o Dom, 20/03/2022 - 22:58
SEGUIMOS APRENDENDO COUSAS SOBRE A PREHISTORIA.ESTA SEMANA ESTIVEMOS ESCRIBINDO O NOSO NOME EN ESCRITURA PREHISTÓRICA.NA PREHISTORIA APARECEU A ARTESARIA E CONVERTÍMONOS EN ARTESÁNS ESPECIALISTAS E FIXEMOS UNS PRATOS,BANDEXAS,FROITEIROS...MOI ORIXINAIS.O NOSO PROXECTO TAMÉN TEN BANDA SONORA UNGA BALUNGA!!!,NON PARAMOS DE BAILAR.
Enviado por carmenvazquez o Dom, 13/03/2022 - 20:10
8 DE MARZO,DÍA DA MULLER.DURANTE ESTA SEMANA NO CENTRO FESTEXAMOS ESTE DÍA QUERENDO HOMENAXEAR AS MULLERES QUE HAI NA NOSA VIDA.TIÑAMOS QUE ESCRIBIR COUSAS POLO QUE SON IMPORTANTE PARA NÓS,UNHA MULLER DA NOSA FAMILIA,MAIORITARIAMENTE SAIRON AS NOSAS NAIS E AVOAS.CADA UN DE NÓS FALAMOS DE TODAS AS COUSAS QUE FAN POR NÓS; DANNOS BICOS,QUERERNOS,FANNOS A COMIDA,XOGAN,PLANCHAN...
Enviado por carmenvazquez o Dom, 13/03/2022 - 19:24
ESTA SEMANA TIVEMOS UN CONTACONTOS MOI ESPECIAL,ANTIA E O SEU IRMÁN XABIER CONTÁRONNOS O CONTO "BARBOSA,O PIRATA". FORON DE VIAXE ESA FIN DE SEMANA E LEVABAN CON ELES A MOCHILA VIAXEIRA ASÍ QUE QUIXERON COMPARTIR CON NÓS UN CONTO PARA A ACTIVIDADE DAS FAMILIAS.
|