Actividades

CERTAME INTERCENTROS 2015

ESTA SEMANA QUE COMEZA, OS DÍAS 29 E 30 DE ABRIL CELEBRARASE NO PAZO DA CULTURA A XXVI EDICIÓN DO CERTAME INTERCENTROS. ESTE CERTAME LEVA VINTESEIS ANOS PROCURANDO O COÑECEMENTO E DIFUSIÓN DA NOSA CULTURA A TRAVÉS DE DIFERENTES ACTIVIDADES: DEBUXO, ESCRITA, DRAMATIZACIÓNS, POESÍA, CANCIÓNS... ESTE ANO SON OS CURSOS DE 2º, 3º E 4º DE PRIMARIA OS PARTICIPANTES NA MODALIDADE DE CANCIÓN. QUEREDES SABER QUE CANTARÁN?

2º DE PRIMARIA: "CORASÓN DE CARBALLO" DE HERDEIROS DA CRUS.

3º E 4º DE PRIMARIA: "GÚSTAME O GALEGO" VERSIÓN DUNHA CANCIÓN DE DAVID BUSTAMANTE.

O DÍA DA SÚA ACTUACIÓN SERÁ O DÍA 29 DE ABRIL, MÉRCORES, EN TORNO ÁS 10.00 DA MÁÑÁ, XA QUE ACTÚAN DE EN PRIMEIRO LUGAR. AS FAMILIAS DOS NENOS E NENAS PARTICIPANTES PODERÁN ASISTIR. PARA FACELO TERÁN QUE ACUDIR AO PAZO DA CULTURA A RECOLLER AS SÚAS ENTRADAS A PARTIRES DO LUNS, DÍA 27. PODERÁN COLLERSE DOUS ENTRADAS COMO MÁXIMO POR NENO/A ATA ESGOTAR AFORO.

ANIMÁDEVOS A ASISITIR E ANIMAR AO ALUMANDO PARTICIPANTE. MOITA SORTE!

 

TÍTERES NA ESCOLA

O 27 DE MARZO TIVEMOS UNHA SESIÓN DE TÍTERES NA ESCOLA COMEZANDO POLOS PEQUES DE INFANTIL ATA 4º DE PRIMARIA. DA ACTUACIÓN ENCARGOUSE XAN, DE TÍTERES TRES GLOBOS, CUNHA DIVERTIDA HISTORIA TITULADA "CARAPORQUIÑA VERMELLA". SE PREMEDES NA FOTO VEREDES O BEN QUE O PASARON OS COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS DE EDUCACIÓN INFANTIL. FOI UN DÍA MOI DIVERTIDO!

QUEIMA DO MECO

O XOVES Á VOLTA DAS VACACIÓNS DE ENTROIDO QUEIMAMOS O MECO... DA PENIÑA QUEIMALO PORQUE QUEDOU XENIAL, PERO AS TRADICIÓNS HAI QUE CUMPRILAS!

SOBRE A UNHA DO MEDIODÍA XUNTÁMONOS TODOS E TODAS NO PATIO, PARA VER COMO JUANJO LLE PRENDÍA LUME E DESAPARECÍA EN POUCOS MINUTOS. ATA SEMPRE MORTADELO! ATA PRONTO ENTROIDO!

 

 E PARA VER A QUEIMA EN MOVEMENTO PREME NO LUME OU CONSULTA NO APARTADO DE VIDEOS NA AULA VIRTUAL.

 

ENTROIDO 2015

ESTE ANO O ENTROIDO TIVO COMO EIXO A LITERATURA INFANTIL E O COMIC. CADA CLASE ESCOLLEU UN DISFRAZ RELACIONADO CON ESTA TEMÁTICA PARA LUCIR MOI GUAPOS E GUAPAS O DÍA DA FESTA.

FOI UNHA MAGOA QUE POR MOR DA CHOIVA NON DISFRUTÁSEMOS DO PASEO TRADICIONAL... PERO SEMPRE HAI QUE TER UN "PLAN B", ASÍ QUE REUNÍMONOS TODOS NO PAVILLÓN PARA CANTAR, DESFILAR E TROULEAR!

DESPOIS HOUBO MERENDOLA GRAZAS A COLABORACIÓN DAS FAMILIAS QUE APORTARON DOCES TÍPICOS DE ENTROIDO E AO ANPA QUE APORTOU AS BEBIDAS.

NON OLVIDEMOS O MECO, OBRA DO NOSO CONSERXE JUANJO, QUE DE MOMENTO LIBROUSE DA QUEIMA. PARABÉNS JUANJO, ERES UN ARTISTA!

 

 

CONCURSO DE LARPEIRADAS 2015

UN ANO MÁIS O EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA CONVOCOU O CONCURSO DE LARPEIRADAS E, COMA SEMPRE, FOI MOI DIFÍCIL ESCOLLER O DOCE MÁIS SABOROSO. FINALMENTE A GAÑADORA FOI LAURA CASAL, UNHA DAS ALUMNAS DE 4º DE PRIMARIA. NORABOA A LAURA E A SÚA FAMILIA, ESPERAMOS QUE LLES SAÍA UN COCIDO MOI, MOI RICO.

 

MANDADOS DO ENTROIDO

COMEZA O TEMPO DE ENTROIDO E, CON EL, DÍAS DE FESTA, MÁSCARAS E DISFRACES... O MECO XA ENVIOU OS MANDADOS E, A PARTIRES DO MARTES DÍA 10, TEREMOS QUE CUMPRILOS TODOS TODIÑOS.

QUEREDES SABER CALES SON?

O MARTES, DÍA PRIMEIRO, VIREI MOI ALGARAREIRO E LEMBRARÁS CON CERTEZA TRAER ALGO NA CABEZA.

O MÉRCORES, SEGUNDO DÍA, SEGUE A ALGARABÍA E PARA QUE NON CHE DEAN A LATA TERÁS QUE VIR CON PIXAMA OU CON BATA.

O XOVES DE MANDADOS ÚLTIMO DÍA. AI XESÚS QUE CONFUSIÓN! OS RAPACES DE RAPAZAS, AS RAPAZAS DE RAPACES, AO MIRARNOS CERTAMENTE IMOS RIR A CACHÓN.

ASÍ QUE XA SABEDES, A ARGALLAR BEN E REBUSCAR NA CASA COUSAS DIVERTIDAS PARA PASAR UNHA SEMANA DE TROULA...E O VENRES FESTA RACHADA! VAI SER UNHA SEMANA MOI DIVERTIDA!

 

 

SUXESTIÓNS POLO NADAL

A Secretaría Xeral de Política Lingüística (SXPL) ofrece unha nova edición do programa Nadal en Rede 2014. Inclúe actividades de lecer e diferentes materiais que poden ser de interese para utilizar (postais electrónicas con lemas en galego, modelo de carta aos Reis, guía de agasallos para a xente nova etc.).

Recoméndámosvos que botedes unha ollada se queredes que os vosos peques escriban a carta aos Reis Magos cun formato en galego, enviar unha postal en galego ou agasallar a alguén con algo feito na nosa terra.

Deixámosvos o enlace de Nadal en Rede:

http://www.xunta.es/linguagalega/nadal_en_rede

Por outra banda a Concellaría de Educación do Concello de Narón, a través do Servizo de Normalización Lingüística pon en marcha a campaña Felicita o Nadal en galego! co fin de promover o emprego da lingua galega entre a cidadanía.No enlace tedes a información e as postais descargables.

http://www.concellodenaron.com/web/cat/web/cat/gal/concello/nadal2014

 

Esperamos que vos gusten estas suxestións. Bo nadal!

 

 

CONCURSO DE POSTAIS 2014

O EQUIPO DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA DA ESCOLA CONVOCA UN CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL, NO QUE PARTICIPAN TODOS OS NENOS E NENAS DA ESCOLA.

EN EDUCACIÓN INFANTIL PREMIASE A PARTICIPACIÓN E POLO TANTO O AGASALLO É GRUPAL, PARA A TODA A CLASE. EN EDUCACIÓN PRIMARIA O PREMIO É INDIVIDUAL E COMO AGASALLO RECIBIRON UN CONTO OU LIBRO EN GALEGO. PARA VER O BONITAS QUE SON AS POSTAIS PARTICIPANTES E PREMIADAS PREME NA IMAXE OU MIRA NO APARTADO DE CELEBRACIÓNS ONDE PON "NADAL".

GRAZAS A TODO O ALUMNADO POR PARTICIPAR!

XOGOS POPULARES NO MAGOSTO

NESTE CURSO 2014/2015 CELEBRAMOS O MAGOSTO CUNS XOGOS POPULARES NO PABILLÓN. PARA VER O BEN QUE O PASAMOS PREME NA IMAXE OU MIRA DIRECTAMENTE NO APARTADO DE CELEBRACIÓN, NO APARTADO DE "MAGOSTO.

SAMAÍN 2014

POLO SAMAÍN FIXEMOS UN TALLER DE DECORACIÓN DE CABAZAS. PREME NA IMAXE PARA VER O RESULTADO OU IDE DIRECTAMENTE A "SAMAÍN" NO APARTADO DE "CELEBRACIÓNS".

Distribuir contido