blogue decarmenvazquez

UN POUCO DE ARTE

PARA REMATAR A SEMANA UN POUCO DE ARTE.FIXEMOS UNHA ACTIVIDADE BASEADA NO LIBRO "DIVIÉRTETE,TALLERES DE ARTE CON HERVÉ TULLET".NUN  PAPEL CONTINUO E SEGUINDO AS INSTRUCCIÓNS ENTRE TODOS CREAMOS UN FERMOSO CAMPO DE FLORES;COLLENDO O PINCEL,CAMBIANDO DE SITIO,FACENDO PUNTOS,CÍRCULOS...CERCA,LONXE ,TIRANDO O PINCEL.MIRADE A PRESENTACIÓN E PODEDES VER QUE BEN O PASAMOS E O MURAL QUE CREAMOS ENTRE TODOS.

HERVÉ TULLER de maria

8M,DÍA DA MULLER

O MÉRCORES FOI O DÍA DA MULLER E DURANTE ESA SEMANA TRABALLAMOS QUE SE FESTEXA ESE DÍA?,LIMOS ALGUNHAS MULLERES EXTRAORDINARIAS DA HISTORIA,FALAMOS DE QUE MULLER É IMPORTANTE PARA NÓS E POR QUE.AQUI TEDES UNHA PEQUENA PRESENTACIÓN DO QUE FIXEMOS.

Día da de maria

SUPERHEROES E SUPERHEROINAS

E SEGUIMOS A TRABALLAR E COÑECER MÁIS A ESTES HEROES... QUE SUPERPODERES TEÑEN,CREAMOS AOS NOSOS PERSONAXES;SE TEÑEN CAPA,COMO É O SEU ESCUDO,MONTAMOS EN EQUIPO COOPERATIVOS A PALABRA PROTAGONISTA"SUPERHEROE" TAMÉN CREAMOS SUPERHEROES E SUPERHEROINAS E PUXÉMOSLLES NOME.UN DÍA A PROFE APARECEU CUNHA LUVA E TIÑA PODERES E PEGÁBANSELLES OBXECTOS...PERO DESCUBRIMOS QUE TIÑA UN IMÁN E COMEZAMOS A INVESTIGAR QUE COUSAS SE LLES PEGA CALES NON,PROBAMOS CON MATERIAIS DA AULA E DESPOIS FOMOS A VER NO PATIO E INVESTIGAR CON TODO O QUE HABÍA AO NOSO ARREDOR.SEGUIREMOS INVESTIGANDO.

 

Diseño de maria

CONTACONTOS EN INGLÉS

O 27 DE FEBREIRO DISFRUTAMOS DUN CONTACONTOS EN INGLÉS EN COLABORACIÓN CO CONCELLO DE NARÓN PERO FOI MÁIS QUE LER UN CONTO,EXPERIMENTOS CON AUGA COA ELECTRICIDADE E PARTICIPAMOS  NUN CONTACONTOS MOI ESPECIAL QUE COMPARTIMOS COS COMPIS DE SEGUNDO DE PRIMARIA.

CONTACONTOS de maria

DÍA DE ROSALIA

O 23 DE FEBREIRO É O DÍA DE ROSALIA DE CASTRO E DENDE O CENTRO EN COLABORACIÓN COAS FAMILIAS DECORAMOS A NOSA ÁRBORE CON VERBAS EN GALEGO,ESAS PALABRAS EN GALEGO QUE NOS GUSTAN POLO SEU SON,POLO SIGNIFICADO...BOLBORETA,BICOS,AMORODO...CADA NENO E NENA COLGOU A SÚA TARXETA NA ÁRBORE.QUEDOU MOI BONITA E AGORA DECORA O NOSO CENTRO.

ROSALIA DE CASTRO de maria

ENTROIDO 2023

QUE BEN O PASAMOS ESTE ENTROIDO 2023 DISFRAZADOS DE SUPERHEROES E SUPERHEROINAS.COMEZAMOS A MAÑÁ PREARÁNDONOS E SACANDO UNHA MOREA DE FOTOS TODOS XUNTOS.DESPOIS FOMOS DE PASEO POLAS RÚAS DE XUVIA.PARA MERENDAR UNHAS BOAS ORELLAS,FREIXÓS E ROSQUILLAS PARA RECARGAR FOLGOS PARA SEGUIR DISFRUTANDO TODOS XUNTOS DESTA FESTA POPULAR, O NOSO DERRADEIRO ENTROIDO EN INFANTIL.

Video Carnaval Animado Divertido Saturado Colorido Llamativo Pop Rosa Amarillo Azul de maria

COMEZA O ENTROIDO

COMEZA O ENTROIDO NO PONTE DE XUVIA.XA EMPEZAMOS A REALIZAR COUSAS SOBRE O NOSO PROXECTO"OS SUPERHEROES E SUPERHEROINAS",FALAMOS SOBRE QUE COUSAS SABEMOS,QUE COUSAS QUEREMOS APRENDER SOBRE O TEMA,EMPEZAMOS A DESEÑAR O NOSO DISFRAZ,COA PROFE ANA FIXEMOS UN CIRCUITO POIS OS SUPERHEROES E SUPERHEROINAS TEÑEN QUE ESTAR FORTES E SANS PERO AÍNDA QUEDAN MOITAS COUSAS QUE FACER E APRENDER ESO SÍ DESPOIS DE MOITO TRABALLAR TAMÉN TEMOS UN RATIÑO DE DESCANSO TODOS XUNTOS NO PARQUE DO PASEO.

VISITAMOS O CONCELLO

O MARTES 31 DE XANEIRO FOMOS DE EXCURSIÓN AO CONCELLO DE NARÓN ONDE NOS RECIBIU A ABELLA NARA E O SEU AMIGO O EXPLORADOR.CON ESTA VISITA PERMITIUNOS COÑECER UN POUCO MÁIS O NOSO CONCELLO;QUE SERVIZOS TEMOS,QUEN É A NOSA ALCALDESA,QUE FAI NO SEU TRABALLO,COÑECIMOS O PLENO ONDE SE XUNTAN OS NOSOS POLÍTICOS PARA TOMAR DECISIÓNS,COMO PODEMOS SER ALCALDES OU ALCALDESAS...TAMÉN RECIBIUNOS O POLICÍA PEDRO QUE NOS CONTOU COUSAS MOI INTERESANTES DO SEU TRABALLO.FOI UNHA MAÑÁ MOI ENTRETIDA QUE APRENDIMOS UN MONTÓN DE COUSAS.

PARABENS ALICIA!

PARABENS ALICIA,XA TES 6 ANOS.A NOSA COMPI ALICIA ESTIVO DE ANIVERSARIO E TIVO A SÚA FESTA CON BISCOITO,COROA,AGASALLOS E MÚSICA,NON FALTOU DE NADA.

PARABENS E MOITOS BICOS DE CHOCOLATE DE TODOS OS TEUS COMPAÑEIROS/AS.

CORRESPONSABILIDADE

ESTA SEMANA REMATAMOS O TALLER DE CORRESPONSABILIDADE,NESTA PRESENTACIÓN TEDES UN PEQUENO RESUMO DE TODO O QUE FIXEMOS LIMOS CONTOS,ANALIZAMOS AS CORES,OS XOGUETES...E CHEGAMOS Á CONCLUSIÓN DE QUE NON HAI COUSAS DE NENOS E NENAS SON DE TODOS E TODAS.LIMOS O CONTO "MARUXA" E FIXEMOS PAN,REPARTIMOS TAREFAS E COMPROBAMOS QUE SE COMPARTIMOS O TRABALLO AS COUSAS FANSE MÁIS AXIÑA E FIXEMOS UN MURAL RESUMO DE TODO O QUE APRENDIMOS.

Distribuir contido