blogue decarmenvazquez
BOAS NOITES,BUFO
Enviado por carmenvazquez o Dom, 11/01/2015 - 00:37O EQUIPO DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA NOS AGASALLOU ESTE NADAL CON UN CONTO MOI BONITO TITULADO "BOAS NOITES,BUFO".O PREMIO FOI POR FACER ESA POSTAL DE RENO TAN FERMOSA.
O CONTO É DA EDITORIAL KALANDRAKA E CONTA A HISTORIA DE BUFO QUE QUERE DURMIR PERO UNHA CHEA DE AMIGUIÑOS NON O DEIXAN.SE PREMEDES NA FOTO PODEREDES SABER UN POUQUIÑO MÁIS DESTE CONTO.
COMO MEDRAN ESTAS ÁRBORES
Enviado por carmenvazquez o Dom, 11/01/2015 - 00:08EN OUTONO PLANTAMOS UNHA NOZ,UNHA CASTAÑA E UNHA LANDRA E CANDO VOLTAMOS DAS VACACIÓNS DE NADAL MIRAMOS SE XA MEDRARÁN UN POUQUIÑO AS NOSAS ÁRBORES E CAL FOI A NOSA SORPRESA QUE UN TALLIÑO ASOMABA NA MACETA DA CASTAÑA E DA NOZ.ONDE NON SE VÍA NADA FOI NA DA LANDRA.HABERÁ QUE SEGUIR ESPERANDO.DESPOIS A NOSA ENCARGADA AINOHA BOUTOULLE UN POUQUIÑO DE AUGA PARA QUE MEDREN MOITO MÁIS.
OS REIS MAGOS PASARON POLA CLASE DE 3 ANOS
Enviado por carmenvazquez o Sáb, 10/01/2015 - 23:45BENVIDOS DE NOVO DESPOIS DO DESCANSO DE NADAL.TIÑAMOS QUE COLLER UN POUQUIÑO DE FORZA E AGORA COAS PILAS CARGADAS ESTAMOS DISPOSTOS A APRENDER E FACER UNHA MOREA DE COUSAS.
ESTE XOVES COMENZARON DE NOVO AS CLASES E CAL FOI A NOSA SORPRESA QUE CANDO FOI ISMA AO BAÑO ATOPOUSE CON UNS AGASALLOS.OS REIS MAGOS PASARAN TAMÉN POLA NOSA AULA E DEIXÁRONNOS UNHA CASA DE PAPEL E UNHAS COMIDIÑAS PARA XOGAR,PASTEIS,GALLETAS,UNHA PÁ PARA CORTAR A TORTA,...AGORA TOCABA MONTAR A CASIÑA E DECORALA E SOBRE TODO O MÁIS IMPORTANTE XOGAR CON TODOS ESTES XOGUETES NOVOS.
FESTIVAL DE NADAL,VIDEO DA PANXOLIÑA
Enviado por carmenvazquez o Mér, 07/01/2015 - 22:38É TEMPO DE NADAL
Enviado por carmenvazquez o Mar, 30/12/2014 - 16:48DENDE A SECRETARIA XERAL DE POLÍTICA LINGÜÍSTICA E DENDE O CONCELLO DE NARÓN NOS PROPOÑEN NOVAS IDEAS PARA FELICITAR ESTAS DATAS,MERCAR AGASALLOS,ESCRIBIRLLE A CARTA AOS REIS,....
SE PREMEDES NO ENLACE PODEDES ACCEDER A TODA ESTA INFORMACIÓN.ESPERO QUE VOS GUSTE.
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceippontedexubia/?q=node/1220
festival de nadal
Enviado por carmenvazquez o Lun, 22/12/2014 - 01:30ESTE VENRES 19 DE DECEMBRO CELEBRAMOS O FESTIVAL DE NADAL.
A XORNADA COMEZOU ÁS 9:30 COA CHEGADA DOS NENOS E NENAS AO COLE.ÁS 10 COMEZABAN AS ACTUACIÓNS.OS PRIMEIROS EN ACTUAR FORON OS PEQUERRECHOS DO COLE QUE CANTARON A CANCIÓN NA ÁRBORE DE NADAL DO GRUPO GALEGO MAMÁ CABRA..CADA CURSO REALIZOU ALGUNHA ACTUACIÓN.
OS NENOS/AS DE PRIMEIRO RECITARON UN VERSO MENTRES ADORNABAN UNHA ÁRBORE DE NADAL E TAMÉN CANTARON UNHA CANCIÓN EN INGLÉS COS NENOS DE 2º.DENDE SEGUNDO ATA 6º DE PRIMARIA TOCARON UNHAS BONITAS MELODIAS ACOMPAÑADOS COA FLAUTA DIRIXIDO POLA MESTRA DE MÚSICA.OS NENOS DE ALTERNATIVA DE 4º FIXERON UNHA OBRA DE TEATRO ONDE NOS ENSINARON COMA PASAN O NADAL NO FONDO DO MAR E OS NENOS DE RELIXIÓN CANTARON UNHA FERMOSA CANCIÓN MOI COÑECIDA POR TODOS "CAMPANA SOBRE CAMANA".OS NENOS DE 5º CANTARON UNHA PANXOLIÑA COA MÚSICA DE MICHAEL JACKSON E PARA CERRAR O FESTIVAL OS NENOS DE 6º CANTARON UN RAP QUE MOLOU MOITO.
PERO O MOMENTO MÁIS EMOCIONANTE FOI CANDO CHEGOU PAPA NOEL PARA RECOLLER AS NOSAS CARTAS E DARNOS UNS CHUCHES.
DESPOIS DE TANTO CANTO,BAILE,NERVIOS,...TIÑAMOS QUE REPOÑER ENERXIA E A AMPA NOS PREPAROU UNHA RICA MERENDA.
FOI UNHA XORNADA DE MOITO TRABALLO POLO QUE AGORA TODOS E TODAS MERECEMOS UN DESCANSIÑO.
GRAZAS A TODOS POLA VOSA COLABORACIÓN.A JUANJO POR MONTAR O ESCENARIO,AOS PAPIS E MAMIS,AOS NENOS /AS POR FACELO TAN BEN,AOS MESTRES E MESTRAS E A AMPA.A TODOS QUE PASEDES UNHAS FELICES FESTAS E FELIZ 2015.
NA ÁRBORE DE NADAL
Enviado por carmenvazquez o Lun, 22/12/2014 - 01:04NA ÁRBORE DE NADAL FOI A CANCIÓN QUE CANTAMOS O VENRES NO FESTIVAL DE NADAL.ESTÁ PANXOLIÑA É DO GRUPO GALEGO MAMÁ CABRA DO SEU DISCO "CARTAS QUE VEÑEN E VAN".
DÉIXOVOS A CANCIÓN POR SI QUEREDES AMENIZAR AS VOSAS CEAS NAVIDEÑAS.
NO SEGUNDO CICLO DE INFANTIL TEDES UNHA PRESENTACIÓN DAS ACTUACIÓNS DO FESTIVAL E PRONTIÑO COLGAREMOS NA AULA VIRTUAL NO APARTADO DE VIDEOS INFANTIL A ACTUACIÓN DOS PEQUES.
DESEXARVOS A TODOS UNHAS FELICES FESTAS QUE O ANO 2015 VEÑA CARGADO DE COUSAS BOAS COMA TRABALLO,SAÚDE,PAZ,...
FELIZ 2015!!!
O GAÑADOR É.....
Enviado por carmenvazquez o Lun, 22/12/2014 - 00:37NO FESTIVAL DE NADAL COÑECIMOS OS GAÑADORES DO CONCURSO DE POSTAIS QUE ORGANIZA O EQUIPO DE NORMALIZACIÓN.OS NENOS E NENAS DE INFANTIL LEVA UN PREMIO A CLASE POLA SÚA PARTICIPACIÓN. NA CLASE DE 3 ANOS RECOLLERON O PREMIO OS NOSOS COMPIS EMMA MORENO,EMMA FERNÁNDEZ E PABLO.A AMPA TAMÉN REALIZOU UN SORTEO E O NOSO COMPI LUCAS RECIBIU UN AGASALLO,UN XOGO DE GORMITI.
PARABENS!!!!
TOMAS FALSAS
Enviado por carmenvazquez o Lun, 22/12/2014 - 00:27O VENRES CELEBRAMOS O FESTIVAL DE NADAL E OS PEQUERRECHOS DO COLE CANTAMOS UNHA PANXOLIÑA.ENTRE CANTE E BAILE OS NENOS/AS FIXERON ALGUNHAS FOTOS COA CÁMARA DA PROFE.DE TODAS AS QUE FIXERON AS QUE SE VE ALGO SON AS DA PRESENTACIÓN,TEMOS QUE MELLORAR UN POUCO NO MANEXO DA CÁMARA DIXITAL.JAJAJAJAJA!!!!.OBXECTIVO DO SEGUINTE TRIMESTRE.
ÑAM,ÑAM,...!!!
Enviado por carmenvazquez o Lun, 22/12/2014 - 00:22ESTA SEMANA ESTIVEMOS MOI ATAREFADOS POIS TIVEMOS QUE REMATAR TODOS OS TRABALLIÑOS QUE TIÑAMOS PENDENTES,DECORAR AS CARPETAS PARA LEVAR OS NOSOS LIBRIÑOS,NON PARAMOS NIN UN MINUTO.
CON TANTO TRABALLO TIÑAMOS QUE REPOÑER ENERXÍA E NADA MELLOR QUE UNHAS GALLETAS DE LACASITOS PARA CARGAR AS PILAS.
FIXEMOS DOUS GRUPOS E COMEZOU A TAREFA;BOTAMOS A FARIÑA,AZÚCRE CON VAINILLA E O MORENO,MANTEIGA E A REMEXER TODO ATA QUE QUEDE UNHA MASA HOMOXÉNEA.DESPOIS FIXEMOS BOLIÑAS E AS APLASTAMOS DÁNDOLLE FORMA E PARA REMATAR PUXEMOS OS LACASITOS ENRIBA.
SÓ QUEDABA METER TODO NO FORNO E A ESPERAR QUE ESTIVERAN LISTAS.
PASÁMOLO MOI BEN E FOI UNHA ACTIVIDADE MOI DIVERTIDA.LEVADES A RECEITA NO LIBRO POR SI VOS ANIMADES E QUEREDES FACELA NA CASA.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 111
- 112
- 113
- 114
- 115
- 116
- 117
- 118
- 119
- …
- seguinte ›
- última »