blogue decarmenvazquez
ENTROIDO 2015
Enviado por carmenvazquez o Xov, 19/02/2015 - 17:56ESTE VENRES FESTEXAMOS O ENTROIDO E A TEMÁTICA ERA PERSONAXES DE CONTOS E TEBEOS.OS NENOS E NENAS DE INFANTIL FOMOS DE PORQUIÑOS E AS MESTRAS DE LOBOS.
PASÁMOLO MOI BEN AÍNDA QUE O DÍA NON ACOMPAÑOU MOITO PERO SEMANAS ANTES ESTIVEMOS TRABALLANDO MOITO DISEÑANDO O NOSO DISFRAZ,PINTANDO ORELLAS,PEGANDO GOMETS,FACENDO FLAUTAS...
ESE DÍA O CELEBRAMOS TODOS E TODAS XUNTOS NO GIMNASIO DESFILANDO,CANTANDO A NOSA CANCIÓN DO ENTROIDO COA MÚSICA DA CANCIÓN DE LOLITA FLORES "SARANDONGA",COMA OS PAPIS E MAMIS NON A PODÍADES ESCOITAR FIXEMOS UNHA PEQUENA ACTUACIÓN NO PORCHE DE INFANTIL,MERENDAMOS E BAILAMOS UN MONTÓN.
COMA NON POIDEMOS QUEIMAR O MECO QUE FIXO O NOSO ARTISTA,O CONSERXE JUANJO, O QUEIMAREMOS O XOVES A VOLTA DAS VACACIÓNS.
NO APARTADO DE 2º CICLO E NORMALIZACIÓN TEDES UNHA PRESENTACIÓN DE TODO O QUE ACONTECEU ESE DÍA.
ESPEREMOS QUE O PRÓXIMO ANO NON CHOIVA E O FESTEXEMOS TODOS XUNTOS NO PASEO.
CONTACONTOS
Enviado por carmenvazquez o Xov, 19/02/2015 - 17:45ESTE XOVES OS NENOS DE 6º ENCARGADOS DA BIBLIOTECA CONTÁRONNOS UN CONTO "OS CONTOS DO TRASNO COMODÍN;XIL MONIZ" DA EDITORIAL KALANDRAKA.
MOITAS GRAZAS LIDIA E ICIA.
OS MANDADOS
Enviado por carmenvazquez o Xov, 19/02/2015 - 17:41ESTE ANO O MECO,PERSONAXE DO ENTROIDO,MANDOUNOS VIR CADA DÍA CUNHA COUSA NO CORPIÑO.ESTE ANO A TEMÁTICA DO ENTROIDO FOI PERSONAXES DE CONTOS E TEBEOS POR ISO O NOSO MECO ÍA DISFRAZADO DUN PERSONAXE TAN COÑECIDO POR TODOS/AS,MORTADELO.
O PRIMEIRO DÍA TRAER ALGO NA CABEZA.
O SEGUNDO CUN PIXAMA OU BATA.
E O TERCEIRO OS RAPACES DE RAPAZAS E AS RAPAZAS DE RAPACES.
FOI MOI DIVERTIDO E NOS GUSTOU MOITO.OS PAIS E NAIS ESMERÁCHESVOS MOITO EN MATINAR COMA VIR DISFRAZADOS E SORPRENDERNOS A TODOS E TODAS.
MOITAS GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN.
OLA CHÁMOME!
Enviado por carmenvazquez o Sáb, 07/02/2015 - 01:03HOXE XA REMATAMOS DE CONTAR A NOSA PEQUENA HISTORIA E AGORA TOCA QUE LEVEDES O NOSO LIBRO PARA A CASA.
ESTE LIBRO CONTO UN ANAQUIÑO DA VIDA DOS/AS PEQUES E QUEREMOS COMPARTIRLA CON TODAS AS FAMILIAS.
TODOS OS VENRES UN NENO OU NENA LEVARÁ O LIBRO PARA A CASA E O LUNS VOLTARÁ PARA A AULA E ASÍ ATA QUE TODOS OS NENOS/AS DISFRUTEDES DEL.AO REMATE FORMARÁ PARTE DA NOSA BIBLIOTECA DE AULA.
NAS ÚLTIMAS PÁXINAS VAN UNHAS FOLLAS E BLANCO PARA QUE COMENTEDES QUE VOS PARECEU,SE QUEREDES FACER UN DEBUXO OU CALQUERA OUTRA APORTACIÓN.
ESPERO QUE VOS GUSTE TANTO COMA NOS GUSTOU A NOS FACELO.
PARABÉNS DANIELA
Enviado por carmenvazquez o Sáb, 07/02/2015 - 00:55DANIELA PICOS XA TEN 4 ANOS,QUE MAIOR.
ESTE XOVES FESTEXAMOS O SEU CUMPLE CUNHA TORTA BEN RICA E POR SUPOSTO CANTÁMOSLLE UNHA CANCIÓN,BUENO MÁIS TRES OU CATRO,ATA EN INGLÉS,E QUE SOMOS UNS FENÓMENOS.FIXEMOS UN VIDEO QUE TEMOS NA AULA VIRTUAL E QUE PODEDES VER.
MOITAS GRAZAS PAPIS POR ESA TORTA TAN DELICIOSA E MOITOS BICOS PARA A MOZA.
MONCHO E A MANCHA
Enviado por carmenvazquez o Sáb, 07/02/2015 - 00:49ESTE XOVES NICOLEO E OS SEUS AXUDANTES,LOLA,NURIA E ANGEL VIÑÉRONNOS A CONTAR UN CONTO.O CONTO ELEXIDO FOI "MONCHO E A MANCHA" DA EDITORIAL KALANDRAKA.GUSTOUNOS MOITO E ESTIVEMOS MOI ATENTOS E COMA NOS PORTAMOS TAN BEN NICOLEO REGALOUNOS UN MARCAPÁXINAS.
MOITAS GRAZAS POR VIR,VOLTADE CANDO QUEIRADES.
DÉIXOVOS UNHA CANCIÓN SOBRE O CONTO,ONDE NOS CONTA A HISTORIA DE MONCHO E CANTO LLE GUSTABA PINTAR.
COMO MEDRAN!!!
Enviado por carmenvazquez o Mér, 04/02/2015 - 17:15A NOSA NOGUEIRA E O NOSO CASTILLEIRO ESTÁN A MEDRAR UN MONTÓN,SERÁ TAMÉN QUE TEMOS UNS XARDINEIROS MOI PREPARADOS.
RYAN HRELJAC
Enviado por carmenvazquez o Dom, 01/02/2015 - 23:26NESTE VIDEO PODEREDES COÑECER UN POUCO DA VIDA DE RYAN.O NENO QUE QUITOU A SEDE A MEDIO MILLÓN DE AFRICANOS.
A SEMANA DA PAZ
Enviado por carmenvazquez o Dom, 01/02/2015 - 23:22ESTA SEMANA O TEMA A TRABALLAR FOI O DÍA DA PAZ POIS O VENRES TODO O COLE FESTEXABA ESTA DATA.
FIXEMOS A NOSA PEZA DO QUEBRACABEZAS ONDE PUXEMOS UNHA PALABRA BONITA COMA PAZ,BESOS E AMIGOS.TAMÉN FIXEMOS A NOSA BANDEIRA DA PAZ E TODA A CLASE DEBUXAMOS A NOSA NENA PARA COLOCAR NO MURAL.CADA NENOS E NENA APORTOU UNHA PARTE DO CORPO.
COÑECIMOS A HISTORIA DE RYAN,UN NENOS CANADIENSE QUE CONSTRUÍU 430 POZOS PARA QUE OS NENOS E NENAS AFRICANOS TIVERAN AUGA NA SÚA ALDEA.
NESTA PRESENTACIÓN TEDES OS TRABALLIÑOS QUE FIXEMOS ESTA SEMANA NA AULA PERO NO APARTADO DE SEGUNDO CICLO TEDES UNHA PRESENTACIÓN DE COMA FESTEXAMOS E PASAMOS O DÍA DA PAZ.
DÉIXOVOS A CONTINUACIÓN UN ENLACE SOBRE A VIDA DESTE NENO CANADIENSE QUE NOS INSPIROU TANTO.
A MIÑA HISTORIA
Enviado por carmenvazquez o Dom, 01/02/2015 - 23:14ESTA SEMANA COÑECIMOS UN POUQUIÑO DA VIDA DOS NOSOS COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS.PABLO,DAVID,EMMA FERNÁNDEZ,EMMA MORENO,NOA E JAIME PRESENTÁRONNOS OS SEU TRABALLIÑO
OLA CHÁMOME!!!
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 109
- 110
- 111
- 112
- 113
- 114
- 115
- 116
- 117
- …
- seguinte ›
- última »