blogue decarmenvazquez

VISITOUNOS A FAMILIA DE LAURA

SEGUIMOS A TRABALLAR  E A INVESTIGAR SOBRE OS SUPERHEROES. XA TIVEMOS A VISITA DE ALBA,A NOSA ENFERMEIRA, PARA FALARNOS DA ALIMENTACIÓN.CONTAMOS CON PABLO O PAI DE MARTIN PARA FALARNOS DA SÚA PROFESIÓN "POLICÍA" E O XOVES TIVEMOS A OUTRO SUPERHEROE,ISAAC,O PAI DE LAURA.A PROFESIÓN DE ISAAC É BOMBEIRO QUE NOS CONTOU EN QUE CONSISTE O SEU TRABALLO E POIDEMOS SABER QUE É MOI PERIGOSO E QUE AXUDA MOITO A XENTE.FIXEMOS PREGUNTAS.ENSINOUNOS O SEU TRAXE E ATA O PROBAMOS.PASAMOS UN RATO XENIAL COA FAMILIA DE LAURA.MOITAS GRAZAS POLA VOSA VISITA!.

VISITOUNOS ISAAC O PAI DE LAURA de maria

FONSO O HISTORIADOR DE "CÓSMICO O BOMBEIRO GALÁCTICO"

O MARTES 16 VISITOUNOS ALFONSO BARREIRO O HISTORIADOR E CREADOR DO CÓMIC "CÓSMICO O BOMBEIRO GALÁCTICO".FOI MOI EMOCINANTE COÑECER O QUE FIXO UNS DOS NOSOS CÓMICS FAVORITOS.CONTOUNOS UN POUCO COMO COMENZOU A ESCRIBIR HISTORIAS E O TEMPO QUE TARDOU EN FACELOS HOUBO ALGÚN TRABALLO QUE TARDOU ATA DOUS ANOS E MEDIO EN REMATALO.FALOUNOS DE "TROGLO E DITA",OUTRO DOS SEUS TRABALLOS...EXPLICOUNOS COMO SE DEBUXA CON CATRO ELEMENTOS (LIÑAS,CIRCULOS,ÓVALOS E TRIÁNGULOS) E ASÍ COMEZAMOS A DEBUXAR E CREAR AS NOSAS PERSONAXES.MOITAS GRAZAS FONSO FOI UN PRACER CONTAR CONTIGO E PODER DISFRUTAR CON AUTORES DE CÓMICS QUE TEMOS PRETO DA NOSA CASA. 

VISITA DE FONSO BARREIRO de maria

VISITA DO PAI DE VEGA

MANOEL O PAI DE VEGA VISITOUNOS PARA CONTARNOS UN CONTO"ESTO NO ES UNA FÁBRICA DE SONRISAS" PASAMOS UN RATIÑO TODOS XUNTOS E DISFRUTANDO DUN CONTO MOI BONITO.MOITAS GRAZAS POR VIR E COMPARTIR UN TEMPIÑO CON NÓS.

visita de manoel o pai de vega de maria

PASO A PRIMARIA

E SEGUIMOS PREPARANDO O NOSO PASO A PRIMARIA A SEMANA PASADA FIXEMOS UNHA ANDAINA COS COMPIS DE 2º, A PROFE  LAURA E AS FAMILIAS.O TEMPO NON ACOMPAÑOU MOITO POIS CHOVEUNOS UN POUCO A VOLTA PERO O PASAMOS XENIAL COMPARTINDO UN TEMPO XUNTOS.CANDO CHEGAMOS AO CENTRO FIXEMOS UN TEMPO DE LECER NA CLASE DE 2º.TAMÉN FIXEMOS O RECREO DE INFANTIL COS MAIORES DE 1º E 2º  E OUTRO DÍA DISFRUTAMOS UN RECREO COS MAIORES DE PRIMARIA.

paso a de maria

VISITOUNOS UN SUPERHEROE

HOXE VISITOUNOS UN SUPERHEROE MOI ESPECIAL,PABLO O PAI DE MARTIN, QUE VEU AO NOSO COLE A FALARNOS DA SÚA PROFESIÓN... POLICIA. ENSINOUNOS A SÚA PLACA,O SEU TRAXE,COMO É O SEU TRABALLO QUE NON SOAMENTE É COLLER LADRÓNS SE NON TAMÉN AXUDAR A XENTE.PARA REMATAR A VISITA TIVEMOS UNHAS EMERXENCIAS QUE NOS COMUNICÁBAMOS CUNS WALKIE-TALKIE... LADRÓNS ROUBANDO NO PAVILLÓN DO COLE,UN COCHE CAEU AO MAR...NON PODEDES IMAXINA CANTAS EMERXENCIAS TIVEMOS ESTA MAÑÁ E APRENDIMOS QUE SE TIÑAMOS ALGÚN ACCIDENTE OU SE PRECISABAMOS AXUDA  PODIAMOS CHAMAR A UN NÚMERO QUE APRENDIMOS 112 E A POLICIA ESTÁ PARA PROTEXERNOS E AXUDARNOS.MOITAS GRAZAS PABLO APRENDIMOS MOITO E PASAMOS UN RATIÑO XENIAL.

Diseño de maria

OS MAIOS

HOXE CELEBRAMOS A FESTA DOS MAIOS ONDE FESTEXAMOS A CHEGADA DA PRIMAVERA E A EXPLOSIÓN DE CORES QUE ENCHEN OS CAMPOS E A NOSA PAISAXE.FIXEMOS UN MAIO COAS FLORES,LARANXAS,LIMÓNS,VERDE... QUE TROUXEMOS DAS NOSAS CASAS.MAÑÁ SÁBADO NA PRAZA DE GALICIA PODEDES VER TODOS OS MAIOS DOS NENOS E NENAS DOS COLES DE NARÓN.

os maios de maria

SEGUIMOS A INVESTIGAR SOBRE OS SUPERHEROES

SEGUIMOS A INVESTIGAR SOBRE OS SUPERHEROES E SUPERHEROINAS QUE SUPERPODERES TEÑEN,COMO SON, O SEU ESCUDO,O SEU LOGO...OUTRO SUPERHEROE QUE TAMÉN INVESTIGAMOS E PARA COÑECER UN POUCO MÁIS A HULK FIXEMOS UN EXPERIMENTO CON MAICENA E AUGA AO FACER A MESTURA SE FACEMOS PRESIÓN A MASA PONSE DURA E CANDO DEIXAMOS DE EXERCER PRESIÓN A MASA VOLTA A SER LÍQUIDA COMA HULK QUE CANDO SE ENFADA PONSE VERDE E FORTE PERO CANDO XA ESTÁ EN CALMA VOLVE A SER UN HOME.TAMÉN FIXEMOS OUTRA ACTIVIDADE ONDE PREGUNTAMOS AOS DEMÁIS COMPAÑEIROS DO COLE SE SON SUPERHEROES /SUPERHEROINAS OU VILÁN? E PUXEMOS A NOSA PREGUNTA XUNTO AS DOS DEMÁIS COMPAÑEIROS DO COLE.

ciencia de maria

DIA DEL LIBRO

O 23 DE ABRIL É O DÍA DO LIBRO E DURANTE A SEMANA DO 24 AO 28 DE ABRIL TIVEMOS VARIAS ACTIVIDADES ONDE OS CONTOS ERAN OS PROTAGONISTAS.OS COMPIS DE 5º,NICO,SARA E ESTEFANI LÉRONNOS UN CONTO EN INGLÉS.O MÉRCORES A NAI DE SABELA VEU A BIBLIOTECA E CONTOUNOS UN CONTO MOI BONITO"INVISIBLE" E SABELA CONTOUNOS UN CONTO EN FORMATO DE CANTAS  SOBRE MULLERES IMPORTANTES DA HISTORIA.O XOVES TIVEMOS A VISITA DE IVANA,A NAI DE ANTIA, E NESTA OCASIÓN CONTOUNOS UN CONTO SOBRE UNICORNIOS E O VENRES VEU JACOBO,O PAI DE ANTÓN,VISITOU A BIBLIOTECA E CONTOUNOSUN MONTÓN DE CONTOS QUE NOS ENCANTARON.ANTES DE IRNOS NICOLEO REGALOUNOS UNS LIBROS PARA QUE DISFRUTEMOS DOS LIBROS E VIVIR UN MONTÓN DE AVENTURAS COS CONTOS.

DÍA DEL LIBRO de maria

OS SUPERHEROES E SUPERHEROINAS EN ACCIÓN

OS SUPERHEROES E SUPERHEROINAS ESTÁN EN ACCIÓN.SEGUIMOS INVESTIGANDO SOBRE OS PERSONAXES,O SEU SUPERPODER,OS SÍMBOLOS, OS SEUS ENEMIGOS...O MÉRCORES DECIDIMOS QUE O VENRES TERÍAMOS SESIÓN DE CINE NA AULA E VERIAMOS A PELÍCULA DOS "INCREIBLES" PERO NON PODEMOS TER SESIÓN DE CINE SEN CHUCHES ASI QUE FIXEMOS A LISTA DA COMPRA E FOMOS A MERCAR Á COOPERATIVA DE XUVIA.POR FIN CHEGOU O VENRES PERO PARA SORPRESA NOSA TIÑAMOS UNHA MENSAXE  DOS SUPERHEROES. ROJÍN,UN MONSTRO QUE COLLEU OS WALKIES DOS SUPERHEROES,MANDOUNOS UNHA MESSAXE E  PARA RECUPERALOS TIÑAMOS QUE  PASAR UNHAS PROBAS PARA COÑECER O NÚMERO SERETO:

1ª PROBA RESOLVER UNHA SUMA.

2ª PROBA COMPOÑER O NOME DO MONSTRO E ESCRIBILO EN   MÍNÚSCULA.

3ª PROBA:MONTAR O QUEBRACABEZAS E RESOLVER A RESTA.

4ª PROBA:SER MOI ÁXILES E SOPRANDO O POMPÓN METELO NO PRATO.

SUPERANDO AS PROBAS COÑECEREMOS A COMBINACIÓN DE NÚMEROS PARA RECUPERAR OS INTERFONOS E COMO NON PODÍA SER DE OUTRA MANEIRA PASAMOS AS PROBAS E RECUPERAMOS OS WALKIES. PRONTO TEREMOS NOVAS DOS SUPERHEROES PARA UNHA NOVA MISIÓN.

PARA REMATAR A MAÑÁ VISIÓN DA PELI "LOS INCREIBLES".

OS SUPERHEROES de maria

QUE COMERÁN OS SUPERHEROES E SUPERHEROINAS?

QUE COMERÁN OS SUPERHEROES E AS SUPERHEROINAS? POIS O TIÑAMOS MOI CLARO ALGUÉN NOS TIÑA QUE INFORMAR SOBRE A ALIMENTACIÓN E ALBA,A NAI DE ESTELA,VEU A NOSA AULA A FALARNOS DA ALIMENTACIÓN SAUDABLE E EXPLICOUNOS QUE É A PIRÁMIDE ALIMENTARIA,QUE  ALIMENTOS TEMOS QUE COMER HABITUALMENTE E CALES NON PODEMOS ABUSAR.FIXEMOS A NOSA PIRÁMIDE E DESPOIS PARA REMATAR FIXEMOS UNHAS BROCHETAS DE FROITA(SANDÍA,AMORODO,PLÁTANO E MANGO) E O ACOMPAÑAMOS CUN DELICIOSO CHOCOLATE.POIS FALAMOS QUE OS CHUCHES,CHOCOLATE,XEADOS...NON DEBEMOS COMER TODOS OS DÍAS PERO SÍ EN OCASIÓNS ESPECIAIS(ANIVERSARIOS,FESTAS,CELEBRACIÓNS...) E ESTA OCASIÓN ERA MOI ESPECIAL . DESPOIS PARA REMATAR A SESIÓN FIXEMOS UN TRABALLO ONDE ESCRIBIMOS QUE COMEN OS SUPERHEROES E O DEBUXAMOS. QUEREMOS AGRADECER A ALBA E IAGO POR VIR A NOSA AULA E PASAR UN TEMPO CON NÓS.UNHA APERTA E UN BICO DA CLASE DE 5 ANOS.

QUE COMERÁN OS SUPEREROES de maria

Distribuir contido