Animación á lectura

O Mago Dani

O pasado mes de outubro, con motivo da apertura da biblioteca escolar, recibimos a visita do Mago Dani que nos fixo desfrutar coa súa maxia.

 

you de Berta Grueiro

Día da Paz

O pasado 30 de xaneiro conmemoramos o Día da Paz cunha chea de apertas e a nosa propia versión da canción "Por qué no ser amigos" de Hombres G.

 

Día da Paz 2023 de Berta Grueiro

BookFluencers

Benvidos ao clube máis xenial de todos os clubes: Bookfluencers!!! Neste espazo compartimos a nosa paixón polos libros e a lectura, ademais das novas da biblio,celebracións e moitas cousas máis.

Conmemoración 25 N: "Superlola"

O día 25 de novembro festexamos no colexio o día contra a violencia de xénero lendo un conto entre todos os membros do clube Bookfluencers, isto e algunhas cousiñas más vos agardan neste episodio.

Bookfluencers: EP 4 " A NOVA BIBLIO"

Seguimos adiante có clube de lectura "Bookfluencers", neste caso as alumnas de 6º presentan a nova Biblio, máis as novidades deste ano, e farán unha pequena entrevista a Nicoleo. No vos perdades detalle e lembrade vir a biblio!

Recomendacións lectoras

Achégase a época estival para relaxar e desfrutar do tempo de ocio. Por iso, queremos compartir con vós unhas recomendacións lectoras que de seguro vos farán pasar moi bos momentos.

 

ANIMACIÓN Á LECTURA

O pasado 23 e 24 de Febreiro os nenos e nenas de Infantil e Primaria tiveron a oportunidade de realizar unhas divertidas actividades de animación a través de tres títulos que potenciaron unha vez máis o noso amor polos libros.

Nestas xornadas e da man novamente de Vicky, descubrimos como interpretar os roles de inxeniosos personaxes beneficiándonos de tódolos tesouros que a lectura nos ofrece.

ANIMACIÓN Á LECTURA: "O LOBO RAMÓN"

O pasado 11 de Febreiro os nenos e nenas de 1º, 2º e 3º de Educación Primaria tiveron a oportunidade de realizar unha divertida actividade relacionada co libro de María Canosa: “O lobo Ramón”.

REGÁLANOS UN CONTO

Chegou o momento de compartir con vós este fermoso agasallo co que ALGUNHAS FAMILIAS E NEN@S converteranse nos vindeiros días en »

Distribuir contido