Proxectos
A célula por Martín
Na área de Ciencias da natureza estivemos a estudar os seres vivos e, entre os temas que aprendimos, falamos da célula.
Martín trouxo á clase unha marabillosa maqueta dunha célula que fixo na casa para estudar e nos descubriu máis elementos da célula que non coñeciamos así como un libro no que podemos aprender máis deste tema.
Moitas grazas por ser tan xeneroso con nós e amosarnos todo o que sabes deste tema!!
Sergio amósanos as manualidades que fixo co seu pai
Na clase encántanos ver as cousiñas interesantes que fan os nenos e nenas na casa para aprender ou para disfrutar e compartir en familia.
Esta semana Sergio nos trouxo unhas marabillosas manualidades que fixo co seu pai e que nos pareceron xeniais!!
É estupendo ver todo o que estes peques fan para divertirse!!
EXPERIMENTOS
Ao longo deste curso fixemos moitos proxectos pero un dos que máis nos interesou, e que xa fixeramos anos atrás, foi o de realizar EXPERIMENTOS. Neste caso a finalidade era dobre: por un lado, nos servían para aprender o tema de ciencias naturais relacionado coas mesturas e cos distintos procesos físicos e químicos que se producen na materia pero, por outro, o que máis nos importaba que era poder participar no concurso da tela "Pim, Pam, experimenta...".
Así que nos puxemos mans á obra e nos pasamos moito tempo preparando os experimentos que tanto nos gustan. Premendo en cada nome podedes ver os experimentos que fixeron.
Agardamos que vs gusten e que aprendades con eles tanto coma nós.
AINHOA LUCAS VALERIA ALICIA OLIVER NOA ALTEA XOSÉ SERGIO ALEJANDRO EMMA DAVID PABLO DANIELA PICOS MARÍA ICÍA DANIELA SANTALLA JUDITH
Actividade de fin de curso e entrega de premios do obradoiro de convivencia
Para rematar o obradoiro de convivencia, a monitora nos propuxo unha busca do tesouro na que tiñamos que por en práctica o aprendido neste curso. O pasamos xenial e demostramos que o obradoiro nos foi moi útil.
Ademais, nos convidaron a unha entrega de premios pola nosa participación no concurso de carteis sobre a prevención do acoso escolar. Nesta entrega de premios nos deron unha pulseira con materiais para combatir o acoso escolar e posibles solucións ao mesmo.
Nesta ligazón podedes ver un vídeo destas actividades
Primeiros auxilios por 6º de primaria
Ao longo deste curso estivemos a investigar sobre os primeiros auxilios xa que, algúns dos principais superheroes que hai na vida real, son eses sanitarios ou persoas anónimas que salvan as vidas doutras persoas. Por iso, quixemos coñecer algúns deses superheroes e intentar que todos nós poidamos chegara a ser un deles.
Estivemos a estudar aspectos relacionados coas alerxias, desmaios, cortes graves, golpes de calor ou como facer unha RCP.
Para isto, tivemos que facer varias cousas: o primeiro obter información sobre os primeiros auxilios, para o que aproveitamos visitas da tía de Xosé que traballa como sanitaria, do 112 ou un obradoiro de primeiros auxilios aportado polo concello. Despois veu á clase Rubén Coca que nos ensinou como facer curtas e utilizar a banda deseñada para facer os storyboards cos guións das nosas curtas.
A verdade é que aprendimos moito e o pasamos xenial facendo o noso proxecto. Nas ligazóns podedes ver os nosos traballos:
STORYBOARDS
PRESENTACIÓNS
CURTAS
AGARDAMOS QUE VOS GUSTE E QUE APRENDADES MOITO!!
Visita do SPEIS de Narón: Primeiros auxilios
Continuando co proxecto de primeiros auxilios, recibimos na calse a visita dun membro do SPEIS de Narón para seguir informándonos de como realizar ben os primeiros auxilios e nos amosou elementos como un desfibrilador así como que facer ante casos de accidente na escola.
Foi unha sesión moi divertida na que aprendimos un montón e seguimos a converternos en expertos en primeiros auxilios.
Premendo na imaxe podedes ver un pequeno vídeo desta actividade.
Proxecto primeiros auxilios: visita da tía de Xosé
Dentro do proxecto de primeiros auxilios que estamos a levar a cabo no cole, Xosé convidou á súa tía a que nos veña contar como é o seu traballo nunha ambulancia. Ela viu cun compañeiro e, entre os dous e dun xeito moi ameno e divertido, nos estiveron dando un montón de información e bos consellos para levar a cabo o noso proxecto.
Ademais, non amosaron como facer ben unha rcp e nos puxeron en distintas situacións para ver se sabiamos como reaccionar, do estilo dun atragoamento, dun desmaio...
Aprendimos moitísimo e foi unha mañá estupenda e moi amena. Moitísimas grazas e agardamos volver a ter a vosa visita. Premendo na imaxe podedes ver un vídeo desta actividade.
Consello de participación infantil - Propostas no Concello
Para rematar co proxecto do Consello de participación infantil, os nosos conselleiros Noa e Oliver foron ata o concello a amosarlles as nosas propostas á alcaldesa de Narón, ao concelleiro de cultura e ao secretario do concello, así como ao alumnado do resto de centros de Narón.
A experiencia foi moi positiva e os nosos conselleiros o fixeron de marabilla!!
Premendo na imaxe podedes ver un pequeno vídeo desta actividade.
Percorremos o camiño escolar seguro de Xuvia
Para poder facer mellores propostas para mellorar o camiño escolar seguro de Narón, o mellor que se pode facer é percorrelo e analizalo de xeito crítico.
Así que, nos puxemos en camiño e chegamos ata Megasa para poder ver como é este camiño escolar. Nos dimos de conta de que hai moitas pegadas que case xa non se ven, que ás veces tiñamos dificultades para saber por onde percorrelo e que, ademais, só hai camiño por unha beirarrúa pero non pola outra.
Premendo na imaxe podedes ver algunhas imaxes deste camiño.
Investimento dos conselleiros Noa e Oliver
Este ano o alumnado de 6º de primaria de varios coles de Narón estamos a participar no Consello de nenos proposta polo concello. Para realizar esta actividade, o primeiro que tiñamos que facer era escoller dous representantes para a nosa clase que, despois, irían ao concello a ser investidos conselleiros.
Despois de dar uns mitins estupendos, foron elexidos para representarnos Noa e Oliver, que pensamos que o van facer moi ben e nos conveceron de que eles eran os mellores para este posto.
Premendo na imaxe podedes ver un pequeno vídeo do seu investimento.