blogue devrbasoa
Revista escolar 2023
Enviado por vrbasoa o Lun, 19/06/2023 - 22:24Non queríamos rematar o curso sen mostrarvos todas as actividades e proxectos que levamos a cabo no cole durante este curso. Para que poidades velas e descubrir os nosos traballos, aquí vos traemos a revista deste curso 2022-2023.
Agardamos que vos guste!
2 ABRIL
Enviado por vrbasoa o Mar, 23/05/2023 - 20:312 de Vero Ramos
DÍA MUNDIAL DO AUTISMO
O día 2 de abril conmemorouse o Día Mundial do Autismo. Desde o colexio quixemos formar parte desta data para visibilizar ás persoas con este trastorno. Persoas como calquera outras, pero cunha forma de percibir o seu entorno, as relacións sociais e a comunicación dun xeito distinto ao que estamos habituados e que debemos coñecer para entendelas e incluilas no noso día a día.
Para isto, e durante a última semana do trimestre, traballouse nas titorías cómo perciben o mundo as persoas con autismo e cómo podemos axudar a facilitarlles o entendemento do que lles rodea e que moitas veces para eles é tan caótico.
Para darlle un broche final fixemos, entre todo o alumnado e profesorado, un mural co símbolo do infinito que identifica a este colectivo. O infinito con todas as cores do arco da vella, cores que representan a diversidade dentro do propio autismo, xa que non hai dúas persoas iguais, hai un amplo abano ao que técnicamente dáse en chamar espectro autista.
Facer este tipo de actividade aproveitando esta data e facéndoa extensible a todo o ano axudará a que o noso mundo sexa moito máis enriquecedor e confortable para todos. Baseándonos no respecto e vendo as diferenzas como diversidade faránnos crecer como persoas empáticas, comprensivas, tolerantes e coñecedoras de que non hai dúas persoas iguais. Todos e todas temos singularidades e o feito de entendernos promove a liberdade de todos e cada un de nós. De aí as nosas pegadas de cores ao redor do infinito. Todos somos partícipes e todos podemos facer que os demais se sintan recoñecidos e estimados.
AS FAMILIAS NA ESCOLA
Enviado por vrbasoa o Dom, 26/02/2023 - 14:29CADA SEMANA DENDE ESTE MES, VISITANOS Á CLASE UNHA FAMILIA. ASÍ QUE CADA MES IREI SUBINDO E COMPLETANDO ESTA PRESENTACIÓN PARA QUE PODADES TER UNHA IDEA DOS MOMENTO MÁIS DIVERTIDOS NA AULA.
AQUÍ VOIS DEIXO A VISITA DA FAMILIA DE ANTÍA, MOITAS GRAZAS A AARÓN E BEA POLA SÚA VISITA, E Á FAMILIA DE MIKE: KAROL E SARA!!!
Familia Antía de Vero Ramos PRONTO TEREMOS MÁIS FAMILIAS NA ESCOLA, E NON SABEMOS CANTO NOS GUSTA!!! GRAZAS A TODOS POLA VOSA COLABORACIÓN!!!
DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO
Enviado por vrbasoa o Dom, 26/02/2023 - 13:57O XOVES 23 DE FEBREIRO CELEBRAMOS O DÍA DE ROSALÍA.
NESTA OCASIÓN, AS FAMILIAS, OS NENOS E AS NENAS DECIDIRON CAL ERA A SÚA VERBA FAVORITA E DECORARON UNS MARCADORES QUE FACÍAN DE FOLLAS DA NOSA ÁRBORE.
O XOVES NA ÚLTIMA SESIÓN DA MAÑÁ, TODOS OS NENOS E NENAS, MESTRAS E MESTRES, XUNTÁMONOS NO PATIO E COMPARTIMOS AS VERBAS, QUE AGORA NOS ACOMPAÑAN NA ÁRBORE NO PATIO CUBERTO.
Diseño de Vero Ramos GRAZAS A TODAS E TODOS POR COLABORAR NESTA CELEBRACIÓN!!!
ENTROIDO
Enviado por vrbasoa o Dom, 26/02/2023 - 13:51A SEMANA DO 13 AO 17 DE FEBREIRO CELEBRAMOS O ENTROIDO NO COLE.
O MECO "MANOLIÑO" ENCARGOUSE DE IR MARCANDO COMO TIÑAMOS QUE VIR VESTIDOS CADA DÍA: O LUNS EN PIXAMA, O MARTES EN PIXAMA DO REVÉS, O MÉRCORES CON ZAPATOS CAMBIADOS E O XOVES CON DISFRAZ LIBRE. PÁSAMOLO MOI BEN, FORON MOITAS RISAS E DIVERSIÓNS TODOS E TODAS XUNTAS.
MAIS A COUSA NON QUEDOU AQUÍ: O VENRES PARA REMATAR O ENTROIDO NO COLE VIÑEMOS TODOS E TODAS DISFRAZADOS DE SUPER HEROES!!!!.
QUEREMOS DAR AS GRAZAS A TODAS AS FAMILIAS POLA SÚA COLABORACIÓN NA ELABORACIÓN DOS DIFRACES, E TAMÉN POR TANTO TRABALLIÑO ELABORANDO E COCIÑANDO LARPEIRADAS DE ENTROIDO PARA QUE OS NENOS E NENAS DO COLE TIVESEN UNHA FESTA TAN DOCE.
GRAZAS TAMÉN Á ANPA POLA SÚA COLABORACIÓN NESTA FESTA!!!
AQUÍ VOS DEIXAMOS UNHA PEQUENA MOSTRA...
entroido no de Vero Ramos
POR ÚLTIMO DENDE O EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA QUEREMOS DARLLE A NORABOA Á FAMILIA DE ANTÓN VILLASUSO DE 2º DE PRIMARIA, POR SER OS GAÑADORES NO CONCURSO DE LARPEIRADAS!!! ESTABA TODO BOÍSIMO E FOI MOI DIFÍCIL DECIDIR, PERO O SABOR, A PRESENTACIÓN E O AGARIMO QUE PUXO A FAMILIA DE ANTÓN, LEVOUNOS A GAÑAR UNHA FANTÁSTICA CESTA ELABORADA POLA COOPERATIVA DO VAL, CON PRODUTOS TÍPICOS DE ENTROIDO.
Sin título (29.7 × 21 cm) (Collage de fotos) de Vero Ramos
GRACIÑAS A TODOS E TODAS!!!
SESIÓN DE CINE
Enviado por vrbasoa o Dom, 22/01/2023 - 18:47Antes de irnos de vacacións, todo o cole saímos de excursión. Por fin, a saída ao cine que tanto agardamos, e todas e todos desfrutamos moitísimo da película: MUNDO EXTRAÑO.
Unha experiencia moi bonita, onde pequenos e maiores disfrutamos da película, e sobre todo de compartir unha nova aventura xuntos!!!
MUNDO EXTRAÑO de Vero Ramos
POSTAIS DE NADAL
Enviado por vrbasoa o Mér, 21/12/2022 - 23:46O NADAL XA ESTÁ AQUÍ, E COMA TODOS OS ANOS OS NENOS E NEAS DO COLE PONTE DE XUVIA, QUIXERON FELICITAR ÁS FAMILIAS COAS SÚAS POSTAIS NAVIDEÑAS. ESTE ANO ADEMAIS ALGUNHAS POSTAIS FORON ENVIADAS AO CHUF PARA INTENTAR SACAR UN SORRISO A AQUELAS PERSOAS QUE ESTÁN NUNMOMENTO DAS SÚAS VIDAS MÁIS DELICADO...
COMO CADA ANO O EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA QUERE AGASALLAR O ESFORZO E TRABALLO TAN BEN FEITO, DE XEITO QUE OS CURSOS DE INFANTIL, 1º, 2º E 4ºA DE PRIMARIA RECIBIRÁN UN LIBRO PARA A SÚA AULA, E OS NENOS E NENAS DE 3º, 4ºB, 5º E 6º DE PRIMARIA PARTICIPARON NO CONCURSO DE POSTAIS. OS NENOS E NENAS PREMIADAS FORON: SABELA, NADIA, MINH E ENMA. NORABOA!!! E A DISFRUTAR DA LECTURA!!!
PINCHANDO NA IMAXE PODEREDES VER O PROCESO E RESULTADO DE TANTO TRABALLO. AGARDAMOS QUE VOS GUSTE :)
BO NADAL!!!
SAMAÍN E TALLER DE CABAZAS
Enviado por vrbasoa o Mar, 08/11/2022 - 22:24DENDE O EQUIPO DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA, QUEREMOS AGRADECER Á TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA: PAIS, NAIS, AVÓS, AVOAS, NENOS E NENAS, MESTRES E MESTRAS, A MARCO E CONCHI, A ANPA, ASÍ COMO A O CONCELLO DE NARÓN, A SÚA COLABORACIÓN NESTAS DATAS TAN TERRORÍFICAS.
MOITAS GRAZAS A TODOS E TODAS, AGARDAMOS QUE VOS GUSTE ESTE BREVE RESUMO DO BEN QUE O PASAMOS DECORANDO AS CABAZAS!!! E MIRADE QUE TERRORÍFICAMNETE GUAPOS E GUAPAS ESTABAMOS PARA CELEBRAR O SAMÍN NO COLE.
PERIODO DE ADAPTACIÓN
Enviado por vrbasoa o Mér, 31/08/2022 - 16:13SETEMBRO XA ESTÁ AQUÍ, DANDO COMEZO A UN NOVO CURSO. DENDE O COLE QUEREMOS DARLLE A BENVIDA AOS NOVOS NENOS E NENAS E AS SÚAS FAMILIAS.
NO ARQUIVO ADXUNTO ESTÁN OS GRUPOS E ORGANIZACIÓN HORARIA DOS PRIMEIROS DÍAS.
APERTURA PRAZO DE MATRICULA
Enviado por vrbasoa o Xov, 23/06/2022 - 09:09Apertura do prazo de matrícula do 20 ao 30 de Xuño.
Documentación necesaria: DNI do neno ou nena ou libro de familia, tarxeta sanitaria e anexo III-1.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »