blogue decarmenvazquez
A PRAIA
Enviado por carmenvazquez o Ven, 12/07/2024 - 19:41NO MES DE XUÑO TIVEMOS UN MONTÓN DE ACTIVIDADES ENTRE CINE,FEIRA DE PROXECTOS,PASEOS...E ATA FOMOS A PRAIA MIRADE QUE BEN O PASAMOS AÍNDA QUE O TEMPO NON FOI O DESEXADO PERO NON FOI UN IMPEDIMENTO PARA DISFRUTAR DA AUGA,XOGOS,COMPAÑEIROS E COMPARTIR TODO O COLE DUNHA XORNADA DE MOITA MAXIA.
verano de maria
CINE NA AULA
Enviado por carmenvazquez o Ven, 12/07/2024 - 19:36UNHA DAS ACTIVIDADES DO NOSO PROXECTO FOI A PROXECCIÓN DUNHA PELI ,QUE ELEXIMOS ENTRE VARIAS OPCIÓNS QUE ESCOLLIMOS ENTRE TODOS/AS,E A NOSA PELI FOI.....A PATRULLA CANINA PERO NON FALTOU NADA NA NOSA SESIÓN DE CINE ATA TIVEMOS PALOMITAS,MIRADE QUE BEN O PASAMOS.
cine de maria
REMATAMOS O REPARTO DE FROITA E LEITE
Enviado por carmenvazquez o Mar, 04/06/2024 - 23:18ESTA SEMANA REMATAMOS O REPARTO DE FROITA E LEITE DO PROGRAMA FOGGA DA XUNTA DE GALICIA SUBVENCIONADO CON FONDOS DA UNIÓN EUROPEA.NESTA PRESENTACIÓN TEDES UN PEQUENO RESUMO DESTE SEGUNDO REPARTO,UNHA RICA FROITA DE TEMPADA ACOMPAÑADA DUN DELICIOSO VASO DE LEITE.
Á RICA FROITA de maria
ACTIVIDADES DAS FAMILIAS
Enviado por carmenvazquez o Dom, 02/06/2024 - 18:56XA SABEDES QUE AS FAMILIAS SODES UN PILAR MOI IMPORTANTE NO NOSO CENTRO E QUEREMOS FACERVOS PARTÍCIPES DA VIDA EDUCATIVA DOS VOSOS FILLOS.ESTA SEMANA TIVEMOS A VISITA DAS FAMILIAS PARA QUE COÑEZAN A NOSA METODOLOXÍA ABX E AMBIENTES.NO SEGUINTE ENLACE TEDES A PRESENTACIÓN APRENDIZAXE BASEADA EN XOGOS QUE FIXEMOS ESTA SEMANA.
https://www.edu.xunta.gal/centros/ceippontedexubia/?q=node/4593
VISITA DAS FAMILIAS de maria
PARABENS!!!
Enviado por carmenvazquez o Dom, 02/06/2024 - 18:42PARABÉNS PARA O NOSO COMPI LUIS,QUE ESTE MÉRCORES FESTEXAMOS O SEU ANIVERSARIO ,XA TEN 4 ANOS PERO QUE MAIOR.
UN BICO MOI GRANDE DE TODOS OS TEUS COMPIS!!!
CUMPLEAÑOS LUIS de maria
VISITOUNOS VANESA, A NAI DE DANI BOUZA.
Enviado por carmenvazquez o Dom, 02/06/2024 - 18:39"SE CHE PICA UN MOSQUITO", ESE FOI O CONTO QUE NOS CONTOU VANESA ESTE XOVES,DISFRUTAMOS DA SÚA VISITA E O PASAMOS XENIAL.MOITAS GRAZAS POLA TÚA VISITA, FOI UN PRACER PASAR UN TEMPO CONTIGO.GRAZAS POR VIR!.
VISITA DA FAMILIA DE DANIEL de maria
MARCAPÁXINAS
Enviado por carmenvazquez o Dom, 02/06/2024 - 18:29APROVEITANDO ESTE TEMPO TAN PRIMAVERAL FIXEMOS UN FERMOSO MARCAPÁXINAS CON FLORES, FOLLAS, HERBAS...QUE RECOLLEMOS NOS ARREDORES DO COLEXIO. POLA MAÑÁ SAIMOS A PASEAR POLA NOSA CONTORNA E DISFRUTAMOS DUN RATIÑO COMPARTINDO TODOS XUNTOS ONDE CORRIMOS,RECOLLIMOS FOLLAS,FLORES,XOGAMOS,CANTAMOS...O PASAMOS XENIAL.CON TODO OS ELEMENTOS FIXEMOS UN BONITO MARCAPÁXINAS E PUXÉMOLLES UNHA ETIQUETA CO NOSO NOME.
MARCAPÁXINAS DA NATUREZA de maria
A VISITA DE PATRICIA
Enviado por carmenvazquez o Sáb, 25/05/2024 - 17:57O VENRES TIVEMOS A VISITA DA NAI DE OLIVIA. PATRICIA CONTOUNOS UN CONTO,LEOTOLDA,UNHA HISTORIA MOI DIVERTIDA,ONDE A AMIZADE E MOI IMPORTANTE. PASAMOS UN TEMPO MOI AGRADABLE TODOS XUNTOS.
LEOTOLDA de maria
ACTIVIDADES SEMANAIS
Enviado por carmenvazquez o Sáb, 25/05/2024 - 17:46ESTA SEMANA TRABALLAMOS UN MONTÓN... SEGUIMOS APRENDENDO COUSAS SOBRE O CINE,DENTRO DA PDI DO CENTRO"AS SETE BELAS ARTES",COÑECEMOS O CINE MUDO,OS PREMIOS QUE RECIBEN...E APRENDEMOS XOGANDO A NOSA FORMA NATURAL DE APRENDER CON XOGOS DE MESA COMO CATCH IT!,PANTOLINO,ANIMAL SOBRE ANIMAL...DESENVOLVEMOS A MEMORIA,A ATENCIÓN,AXILIDADE,COORDINACIÓN OCULO-MANUAL,TOMA DE DECISIÓNS,CONTEO... E O MÁIS IMPORTANTE APRENDEMOS DUNHA MANEIRA DIVERTIDA.PERO TAMÉN TEMOS TEMPO PARA PASAR UN BO RATO NO PARQUE E DISFRUTAR DUN FERMOSO DÍA DE SOL.
ACTIVIDADES de maria
POLOS CREATIVOS
Enviado por carmenvazquez o Sáb, 25/05/2024 - 17:30Esta semana os compañeiros de 5º de Primaria viñeron a nosa aula a ensinarnos e a traballar con nós unha das súas propostas de polos creativos pero que son os polos creativos?.Os Polos creativos están deseñados como lugares de innovación educativa no que se traballan as competencias STEM, a solución de problemas reais e o pensamento de deseño e habilidades. Teñen un deseño modular e innovador e contan con equipamento especializado e organizados didacticamente para fomentar a creatividade, a aprendizaxe por competencias e o traballo manipulativo.As actividades que se desenvolven neles abordan aspectos como a intelixencia artificial, as tecnoloxías intensivas, o proceso audiovisual e artístico, a realidade virtual ou a robótica, entre outros. A proposta para infantil é a realización dun pequeno traballo onde dous poliños cun pequeno movemento dunha solapa dos animais fan que comen millo.Os nenos e nenas de 4º,5º e 6º de primaria este ano tamén elaborarán xogos para o alumnado máis peqaueno do centro cos materiais dos polos creativos.Nesta presentación tedes un pequeno resumo da xornada de polos creativos en 3 anos.
POLOS CREATIVOS de maria
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »