Inicio do prazo de presentación de solicitudes para as axudas de material e libros e da participación no fondo solidario de libros do curso 2019-20.

ORDE do 3 de maio de 2019 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar para o curso escolar 2019/20 (código de procedemento ED330B).

RESUMO:

1. Esta orde ten por obxecto para o curso 2019/20 o procedemento ED330B relativo a:

a) A participación no fondo solidario de libros de texto do alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria.

b) A convocatoria de axudas para adquirir libros de texto destinadas ao alumnado matriculado en 1º e 2º de Educación Primaria e en Educación Especial

c) A convocatoria de axudas para adquirir material escolar destinadas ao alumnado matriculado en Educación Primaria e Educación Especial.

Asignación de contías e fondo solidario de libros: Ver Artigo 2

Renda per cápita da unidade familiar: Ver Artigo 3

Membros computables da unidade familiar:Ver  Artigo 4

2. Prazo de entrega e formalización  da solicitude:

a) Presencial no centro: do 21 de maio ao 21 de xuño (inclusive). Pode recollerse a solicitude no centro ou descargarse dende aquí.

Galego

Castelán

Horario de  secretaría do centro: de 09:30 a 12:30

b) Telemática: As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica nos formularios normalizados dispoñibles na aplicación informática «fondolibros» (https://www.edu.xunta.es/fondolibros) a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

3. Documentación para a presentación (Artigo 12)

a) Ademáis do Anexo I (solicitude) e Anexo II (comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar), entregarase:

b) Copia do libro de familia onde figuren todos os membros computables.

Nos casos en que non teñan libro de familia ou este non reflicta a situación a 31 de decembro de 2017, poderán acreditar o número de membros utilizando, entre outros, algún dos seguintes medios:

1º. Sentenza xudicial de separación ou divorcio ou, de ser o caso, convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/a menor.

2º. Certificado ou volante de convivencia.

3º. Informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia.

Nos casos especiais, en que a composición da unidade familiar non se axuste ao sinalado no artigo 4.1 desta orde, achegarase un certificado ou volante de convivencia en que deberán figurar o/a alumno/a e todos os familiares que convivan con el/ela, ou un certificado dos servizos sociais do concello que acredite a situación familiar.

c) Certificado do grao de discapacidade do/a alumno/a ou calquera membro da familia recoñecido por un órgano que non pertenza á Xunta de Galicia.

d) Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero no ámbito familiar, en calquera das formas que enumera o artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.

e) Resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento ou do certificado do centro de menores, para o alumnado en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia.

f) Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia, no caso de que o pai e a nai ou titor ou titores carezan de DNI e NIE. 

4. Resolución provisional publicarase en web e taboleiro do centro o 11 de xullo. 

ACLARACIÓNS