RESOLUCIÓN DEFINITIVA AXUDAS LIBROS E MATERIAL CURSO 2024/2025

 

Publicase con data de 5 de xullo a resolución definitiva das axudas para material e libros de texto para Educación Primaria, do curso 2024-25.

As listaxes definitivas deben consultarse presencialmente no centro nos taboleiros situados na entrada da  CONSERXERÍA.  Horario de 9.30 a 12.30.

Non é posible publicar os resultados na web do centro por estar así indicado na Orde que regula a convocatoria das axudas.

Así mesmo, as persoas que tramitaron a solicitude de forma telemática, poderán acceder por vía electrónica ao seu expediente, a través da aplicación Fondolibros, empregando a Chave 365 ou o certificado dixital. 

Entrega de vales: Do 8 ao 12 de Xullo (ambos inclusive) e a partir do 2 de setembro. Sempre en horario de secretaría (9:30 a 12:30)

Os libros de 3º a 6º de EP serán entregados unha vez comece o curso a través das/dos titoras/es.