Publicada a Resolución do 5 de maio de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se dá publicidade a diversos acordos do Centro de Coordinación Operativa da situación de emerxencia sanitaria no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia (Cecop), do 5 de maio de 2020 na que se establecen dentro do ámbito educativo o acordo sobre o restablecemento do procedemento de admisión de alumnado do 2º ciclo de Educación Infantil, Educación primaria, educación secundaria obligatoria e bacharelato en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso 2020/2021.
Recoméndase a presentación telemática a través do aplicativo admisionalumnado.
O horario de atención ao público de maneira presencial no centro, con cita previa, será o seguinte:
- Luns 11 de maio de 12:00 a 14:00h
-Martes 12 de maio de 12:00 a 14:00h.
-Venres 15 de maio de 12:00 a 14:00h.
A cita previa realizarase chamando ao teléfono móbil do centro 667 699 382 que estará operativo desde o luns 11 de maio ao venres 15 de maio en horario de 09:00 a 14:00h
Importante: O centro só permanecerá aberto para
realizar esta xestión.
No caso de ter que acudir ao centro de xeito presencial deberán cumplirse as seguintes normas:
-Acudirá 1 soa persoa con máscara e luvas
-Manterá a distancia de seguridade establecida: 2 metros.
-Respetará as indicacións do membro do equipo directivo polo que será atendido.