O alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de E.P asistiu ao Grand Prix Financieiro programa enmarcado dentro do convenio de colaboración entre a Consellería de Educación Universidade e Formación Profesional e a entidade financeira Abanca Corporación Bancaria S.A para o desenvolvemento de actuacións conxuntas a favor do impulso do espírito emprendedor, no marco do Plan Eduemprende.
O obxecto deste programa é desenvolver actividades e xogos para que o alumnado aprenda, dun xeito activo e en primeira persoa, as primeiras pautas de como adaptarse a un orzamento e a importancia do aforro na vida.