O alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Educación primaria dentro do programa "O sabor da aventura está no mar" do Plan Proxecta da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional visitou Moaña onde coñeceron como é a zona de marisqueo e as mariscadoras, visitaron a lonxa e o porto e degustaron unha merenda con produtos do mar.