Skip to Content

Convocatoria fondo libros e axudas para adquirir libros de texto e material escolar

 

Publicada a ORDE do 29 de abril de 2022 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2022/23.

Preme para ler a Orde 

A presente Orde integra as diversas modalidades de gratuidade solidaria dos libros de texto dos niveis obrigatorios de ensino

 

  • Fondo solidario de libros de texto en 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria.
  • Axudas para adquirir libros de texto en 1º e 2º de Educación Primaria.
  • Axudas para adquirir material escolar para todo o alumnado matriculado en Educación Primaria.

 REQUISITOSPreme para ler or requisitos da convocatoria.

Para solicitar estas axudas é preciso presentar o Anexo I e II  preferiblemente por vía electrónica e opcionalmente poderase presentar no centro docente mediante cita previa chamando ao teléfono 886 120 261 

Plazo de presentaciónDo 19 de maio ao 22 de xuño

Recoméndase a presentación telemática a través do aplicativo FONDOLIBROS

 

A nosa radio xa está en marcha!

A nosa radio xa está en marcha!  Despois da concesión ao centro do programa "Radio na Biblio" e tras uns meses de montaxe creamos os nosos primeiros programas de radio ( podcast) co gallo da celebración das Letras Galegas.

   

 

Visita a Naturnova

O alumnado de 1º e 2º de E.P acudiu a unha exposición sobre o espazo en Naturnova.

 

Visita a Balaidos

O alumnado de 1º/2º/3º/4 de E.P. acudiu ao estadio de Balaidos para coñecer as súas instalacións.

 

Ti si que es un bo peixe

Dentro do programa Alimenta-T Ben do Plan Proxecta asistimos ao obradoiro Ti si que es un bo peixe para coñecer a importancia dos peixes na dieta e fomentar unha alimentación saudable.

Listaxe provisional de admitidos para o curso 2022/2023

 

Publicación do listado provisional de alumnado admitido para o vindeiro curso 2022/2023

Informamos de que todo o alumnado que presentou solicitude de admisión no centro resultou admitido.

Seguindo o establecido na Lei de protección de Datos estas listaxes non serán publicadas na páxina web do centro.

Lembramos tamén os prazos do proceso.

 

Vigués Distinguido 2022

Medio século de actividade foi recoñecida o 23 de marzo,nunha gala celebrada no teatro García Barbón onde os galardonados simbolizan o potencial dunha cidade que conmemora e recorda o "orgullo de ser vigués"

O noso galardón foi recollido polo director do centro de mans do alcalde Abel Caballero.

Premendo nas seguintes fotos recollese a nova nos diferentes xornais

Tamén podedes ver a gala completa e unhas fotos do evento.

 

Fotos do evento

 

Admisión alumnado curso 2022/2023

Apertura do plazo de admisión do 01 de marzo ao 21 de marzo para o alumnado de nova incorporación ao centro e que non está matriculado nel.

A reserva de plaza será de xeito telemático a través da aplicación admisiónalumnado.(Será preciso ter a CHAVE 365 par poder acceder)  Pode realizarse tamén na secretaria do centro entregando o impreso de solicitude ou ANEXO II (ED550B) xunto co resto de documentación precisa. Este ANEXO pode descargarse nos arquivos adxuntos

Este é o noso cole 

VÍDEO PORTAS ABERTAS CEIP EDUARDO PONDAL de angeles

  

 Como é o proceso de admisión?

Infografía Cronología Collage de Recortes Beis de angeles

Distribuir contido


by Dr. Radut