Skip to Content

Vigo recicla con Dinoseto e Dinosetiño

O alumnado de 1º 2º,3º e 4º de E.P realizou un obradoiro de reciclaxe con Dinoseto e Dinosetiño coa finalidade de dar a acoñecer a importancia da xestión dos diferentes residuos.

Grand Prix Financieiro

O alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de E.P asistiu ao Grand Prix Financieiro programa enmarcado dentro do convenio de colaboración entre a Consellería de  Educación Universidade e Formación Profesional e a entidade financeira Abanca Corporación Bancaria S.A para o desenvolvemento de actuacións conxuntas a favor do impulso do espírito emprendedor, no marco do Plan Eduemprende.

O obxecto deste programa é desenvolver actividades e xogos para que o alumnado aprenda, dun xeito activo e en primeira persoa, as primeiras pautas de como adaptarse a un orzamento e a importancia do aforro na vida.

25 N: Día Internacional contra a violencia de xénero

Obradoiro de improvisación oral

A Concellería de N.L.a través do Servizo de Normalización Linguistica do Concello de Vigo trouxonos ao cole un achegamento a improvisación oral, o ritmo, os xogos de palabras a través da man de Luis O Caruncho e Pinto de Herbón.

 

Obradoiro :Elaboración de sales de baño

 O servizo de Normalización a través da Concellería de Normalización do Concello de Vigo trouxonos ao cole o obradoiro "Elaboración de sales de baño" no que os alumnos coñeceron o romeu, a herba cidreira, a lavanda, o cravo, a canela, o sal ou a reladura de limón adéntrannos no campo dos aromas e métodos beneficiosos para o coidado da pel e o acougo do corpo. O obradoiro de sales de baño permitiu, ademais da súa elaboración, a fixación do léxico das especias e das herbas aromáticas.

Magosto 2019

Nos videos deixámosvos o que foi o Magosto 2019.

 

Agradecer a colaboración da ANPA do centro para a realización da festa así como o grupo de pandereteiras "Faragullas" pola súa participación e a todas as familias que asistiron ao Magosto.

Magosto 2019

Coñece o teu Concello

Dentro do programa "Coñece o teu Concello" do Servizo Municipal de Educación o alumnado de 1º ,2º, 3º e 4º de E.P realizou unha saída ao Concello para coñecer as súas dependencias e achegar o ceñecemento da estructura, funcións e competencias que como Administración pública local exerce o Concello de Vigo.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut