Skip to Content
A educación pode transformar a sociedade

IDEAS PARA FACER NA CASA C@S PEQUES

Ola familias!

Desde infantil achegámosvos varias ideas de actividades que podedes facer c@s vos@s peques durante estes días.

 

Queda na casa

Estimadas familias, Ante a situación histórica e extraordinaria que nos toca vivir debemos chamar á responsabilidade de todas e todos. Quedar na casa é o que nos pide o goberno polo que dende o CEIP Eduardo Pondal queremos rogarvos que permanezades nos vosos fogares para, canto antes, volver a vernos no centro e continuar coas aprendizaxes. Por isto, nestes días, as titoras e os titores do alumnado se  poñerán en contacto convosco para acordar tarefas recomendadas para este tempo.

Agradecemos moito a colaboración de todas e todos.

Actividades para 4ºB

Nos enlaces adxuntos tedes material para descargar enviado por Andrea para a clase de 4ºB.

Traballo de inglés

Para que o meu alumnado poda repasar os contidos traballados na aula o meu blogue volve estar operativo. Irei colgando diferentes actividades para o meu alumnado de 4, 5 e 6.

Entendo que non todo o alumando ten acceso a internet así que estas actividades son voluntarias e non avaliables. Se premedes na imaxe ides directos a o blogue.

Se necesitades calquera cousa o meu email está a vosa disposición: salgueirorilo@gmail.com

Vemonos pronto e quedade na casa!

Admisión de Alumnado

O proceso de admisión de alumnado está cancelado ata que se reanuden as clases.

Recomendacións para estes días

CANCELACIÓN CLASES

Estimadas familias:

Tendo en conta o anuncio da Xunta de Galicia procédese a suspensión das clases de maneira obrigatoria a partir do luns 16 e, en principio, durante 14 días. Mañá o centro permanecerá aberto pero a asistencia é voluntaria.

De momento esta é toda a información coa que contamos. Actualizarase a web do centro segundo vaiamos recibindo instrucións.

 

Un saúdo.

 

O equipo directivo.

Semana da Muller no Couto

Semana da Muller no Couto

Patios dinámicos

Este curso, o equipo de convivencia está a traballar para melllorar os patios do centro e proporcionar ao alumnado diferentes opcións de xogo para a tempo de lecer. Así está quedando o patio dos pequenos.

Menú Marzo

LUNS 2

Sopa

Tortilla con salsa de tomate caseira

Froita

 

Distribuir contido


by Dr. Radut