Guimariñoleo, Biblioteca escolar, Dinamización, Traballo por proxectos
Día das Letras Galegas.
O 16 de maio celebramos o día das Letras Galegas (este ano adicado á escritora coruñesa Luisa Villalta), para o que contamos coa presenza dalgúns usuarios do centro de día, quenes nos contaron moitas cousas sobre como era a vida cando eles eran nenos. Gravámolo nun podcast que compartimos con todos vós nesta páxina.
Recomendamos que escoitedes porque realmente é un documento marabilloso, como foi o ratiño que pasamos con eles.
Pola nosa parte, fixemos un programiña de radio en directo no que contamos algunhas cousas sobre a vida de Luisa Villalta.