CRITERIO COMPLEMENTARIO. CEIP Pío XII.
O Consello Escolar do CEIP Pío XII, na súa sesión do 19 de marzo acordou:
Outorgar o punto por criterio complementario consistente noutras circunstancias relevantes aprezadas xustificadamente polo órgano competente do centro, de acordo con criterios obxectivos estabelecido no artigo 9.3.i) do Decreto 254/2012, do xeito seguinte:
“Por proximidade do centro ao domicilio familiar ou ao lugar de traballo dalgún dos pais ou titores legais:
1º Se o domicilio familiar está na área de influencia do centro.
2º Se o lugar de traballo dos pais ou titores legais está na área de influencia do centro."
Asemade, en cumprimento do previsto no propio artigo 9.3.i) do Decreto 254/2012, que ordea non só estabelecer o criterio senón tamén a forma de acreditación dos criterios, consonte o seu artigo 9.4, aplicarase o preceptuado no artigo 22 (“Acreditación e valoración do criterio de proximidade do centro educativo ao domicilio familiar ou lugar de traballo dos proxenitores ou titores”) da Orde que o desenvolve no que corresponda, agás na escala, onde á puntuación que se indica se lle engadirá o punto decidido polo colexio.”