As TIC na EI

PEPITA MARTÍNEZ. MESTRA EI


Na actualidade os nenos e nenas conviven dende o seu nacemento, dentro dun contexto familiar e social, con todo tipo de “aparellos” tecnolóxicos, como son o vídeo, o equipo de música, o televisor, os mandos a distancia, os videoxogos... ata chegar ao computador.
Pais e educadores sabemos o rápido que aprenden os nosos nenos e nenas.
Pero non nos equivoquemos. É certo que aprenden moi rápido, de todas partes lle chega información e a capacidade de asimilala é enorme. Pero a información  que lle chega, especialmente aos máis pequenos, debe ser seleccionada, tratada, escollida, procesada, organizada e sistematizada.
Na educación infantil os mestres debemos dotar aos nosos alumnos dos mecanismos necesarios para facer fronte a este avance tecnolóxico ao que esta suxeito a nosa sociedade. Debemos capacitalos para acceder a estes medios e axudalos na súa xusta medida.
O computador é un medio moi importante na escola, para os alumnos que aínda non dominan a lecto-escritura pode chegar a ser unha ferramenta de grande utilidade.

A educación infantil, dentro do proceso educativo, é en reali-dade a etapa de maior relevo que asentará as bases para todo o desenrolo humano. Durante esta etapa, os nenos aprenden especialmente en torno ao xogo, a afectividade e a linguaxe. Construirán a partires de aquí o seu desenrolo cognitivo e emocional.
Podemos empregar o computador cos alumnos organizando de diferentes xeitos o traballo:

  • Traballando en grupo, para que toda a clase traballe xunta, visionando un programa ou creando en equipo.
  • Traballando baixo a dirección do mestre para reforzar coñecementos ou introducir conceptos concretos.
  • Traballando libremente con xogos ou programas cos que o alumno crea, experimenta, toma decisións... Os alumnos realizan un proceso de autoaprendizaxe cada vez máis autónomo, adquiren destrezas e habilidades relacionadas coa psicomotricidade fina, traballan con dúas ou tres dimensións, móvense entre o rato e a pantalla, entre planos contrarios sen dificultade e sen necesidade de axuda.

No CEIP Pío XII non queremos quedar á marxe deste desenrolo e pretendemos axudar ás xeracións actuais para que comprendan e interactúen co mundo no que están inmersos, dispoñendo dos materiais e dos medios necesarios para abordar este reto que nos deparan os novos tempos.

As TIC na EI