Entroido 2024


Entroido_desfile_28229.JPG

 

 

O ENTROIDO


CAMBIO NA PLANIFICACIÓN DO ENTROIDO POR MOR DA CHUVIAPor mor das condicións climatolóxicas vémonos na obriga de facer cambios na organización do desfile de entroido. Debido ao aforo que se nos indica dende o Concello, responsable da instalación, non podemos acceder todo o alumnado e familias na mesma quenda polo que necesitamos facer tres turnos xa que a nosa intención e seguir mantendo este desfile aberto ás familias.
  • O vindeiro 9 de febreiro celebraremos o Entroido no noso centro.  O desfile desenvolverase en 3 quendas:

10:30 Desfile do alumnado de Educación Infantil.11:15 Desfile do alumnado de 1º, 2º e 3º de Educación Primaria.12:00 Desfile do alumnado de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria.

  • O desfile farase dentro do polideportivo. As familias que o desexen poden acceder ao mesmo para velo pero, con independencia de que logo se volva a entrar, será necesario baleirar o polideportivo logo de cada desfile.
  • Será necesario que o alumnado acuda ese día ao centro con calzado con piso de goma para que poida acceder a pista do pavillón.
  • Solicitamos que ese día o alumnado veña disfrazado atendendo ás indicacións das respectivas titoras e titores sobre o tema elexido en cada nivel.
  • Recomendamos tamén que os disfraces sexan elaborados polo alumnado coa axuda das familias e non produtos comerciais.

  Máis información sobre o Entroido.

 

 

 

Temática   Contido
  Autoría   Gravación
Entroido   O Entroido   Alumnado de radio